Rumbo ao interior da ría atravesamos os polígonos de bateas baixo a atenta mirada de corvos mariños cristados (Phalacrocorax aristotelis), corvos mariños grandes (Phalacrocorax carbo) e varias decenas de patiamarelas (Larus michaellis). A cousa estaba tranquila.
Andabamos fronte Vilagarcía cando alguén cantou dende proa algo interesante nas Malveiras. Algo máis dunha decena de cullereiros (Platalea leucorodia) fozaban na lama mentres eran retratadas dende cuberta.
Punto e aparte e parágrafo propio merece a nosa aproximación a uns mergos cristados (Mergus serrator) que andaban nos Lombos do Ulla e que nos mantiveron en vilo e acubillados baixo a toldiña case en silencio para non asustalas.
Tras un primeiro encontro, e posterior aproximación a unha colonia de limícolas, cruzámonos fronte ao porto de Rianxo cuns mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis) que, como non podía ser doutro modo, foron afotados preceptivamente polo equipo.
Baixo a toldiña xa se respiraban aromas que abrían o apetito e como non era cuestión de facerlle un feo ao cociñeiro demos boa conta da cuchipanda a base de bos pratos mariñeiros para repoñer forzas.
Xa de volta a porto andamos xogando ao gato e o rato cuns tímidos arroaces (Tursiops truncatus) que non se deixaban ver de boa gana.
Co Chasula amarrado e a tripulación baldeirando a cuberta, equipo e patrón despedímonos ata a próxima. Agardamos que sexa co barco cheo e mellor tempo.
Fomos poucos pero demos guerra... e o que nos rimos. Ata a próxima.
LISTA DE ESPECIES OBSERVADAS. INTRAMAR CHASULA SAÍDA 28/02/2015
Nombre científico Nome galego Total aprox.
Anas platyrhynchos Lavanco 1
Melanitta nigra Pentumeiro 3
Mergus serrator Mergo cristado 4
Phalacrocorax carbo Corvo mariño grande 132
Phalacrocorax aristotelis Corvo mariño cristado 47
Egretta garzetta Garzota 3
Ardea cinerea Garza real 4
Pluvialis squatarola Píldora cincenta 107
Calidris alba Pilro tridáctilo 14
Numenius arquata Mazarico real 79
Arenaria interpres Virapedras 32
Stercorarius skua Palleira grande 1
Larus melanocephalus Gaivota cabecinegra 8
Larus ridibundus Gaivota chorona 27
Larus michahellis Gaviota patiamarela 226
Larus marinus Gaivotón 1
Sterna sandvicencis Carrán cristado 6
Corvus corone Corvo pequeno 4
Platalea leucorodia Cullereiros 15
Podiceps nigricollis Mergullón de pescozo negro 9
Tursiops truncatus Arroaz 9
Autor: Colón de Cangas |
Autor: Colón de Cangas |
Autor: Colón de Cangas |
Autor: Colón de Cangas |
Autor: Colón de Cangas |
Autor: Juan Gómez |
Autor: Juan Gómez |
Autor: Xoán Diéguez |
Autor: Xoán Diéguez |
Autor: Xoán Diéguez |
Autor: Xoán Diéguez |
Autor: Xoán Diéguez |
Sem comentários:
Enviar um comentário