"Aves e mamíferos mariños no SW de Galiza, todo o ano. Unha experiencia didáctica e emocionante ao mellor prezo!"

Prezos e condicións

TARIFAS PARA 2013, 2014 e 2015 (mantemos os prezos!)
(prezo por pasaxeiro e embarque)

PELÁXICAS

"En quórum"
(12 ou 11 pasaxeiros)
Billete xeral
65 €
55 €
"Baixo quórum"
(10 ou 9 pasaxeiros)
Billete xeral
75 €
65 €

INTERIOR DA RÍA /
A LANZADA

"En quórum"
(12 ou 11 pasaxeiros)
Billete xeral
55 €
45 €
"Baixo quórum"
(10 ou 9 pasaxeiros)
Billete xeral
65 €
55 €

NOTA 1: Inclúe almorzo e xantar lixeiro a bordo. 
NOTA 2: Non hai cargo algún polo "chum" para as aves.
NOTA 3: Comunicarase con antelación o "baixo quórum" aos pasaxeiros.
NOTA 4: Con 8 ou menos pasaxeiros, non se efectuará a saída, agás que se satisfaga o importe mínimo dunha pasaxe completa:
- 675 € para as saídas peláxicas.
- 576 € para as saídas polo interior da ría de Arousa e A Lanzada.

Para viaxes peláxicas en días de diario, por favor mándanos un correo electrónico para valorar unha posible redución de prezo: seabirdsgalicia (arroba) gmail.com


Existe tamén a posibilidade de realizar unha excursión terrestre complementaria!

Estas rutas mariñas pódense combinar con itinerarios terrestres por espazos naturais de gran valor ornitolóxico como o Complexo Ons-O Grove e o Parque natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán. Estas saídas estarán guiadas por persoal do grupo local de SEO-Pontevedra e/ou de Seabirds Galicia e terán estes importes (inclúese telescopios de gama alta, prismáticos, guias de campo, e o servizo dos propios guías):



COMPLEXO ONS-O GROVE
Duración
12 ou 11 participantes
10, 9 ou 8 participantes
7 ou menos
3 h
+10,0 €
+12,0 €
100 € en total
5 h
+12,0 €
+15,0 €
150 € en total


PARQUE NATURAL DE CORRUBEDO
Duración
12 ou 11 participantes
10, 9 ou 8 participantes
7 ou menos
3 h
+12,0 €
+15,0 €
140 € en total
5 h
+15,0 €
+18,0 €
190 € en total




PROGRAMA DE SAÍDAS PARA 2013, 2014 e 2015
Ver barra da dereita do blog


CONDICIÓN DE RESERVA E CANCELACIÓN PARA 2013, 2014 e 2015
  • Os interesados poden reservar praza para unha ou máis persoas nunha ou máis datas das que se dispoñen, sen que se aplique tarifa algunha pola reserva (de todos xeitos, consultar coa organización).
  • Os interesados en participar nunha saída solicitarana antes das 23:59 h do luns anterior á saída, para así o martes facer a listaxe provisional de participantes.
  • Se ao comprobar as reservas o martes anterior á saída non se chegase ao quórum (establecido nun mínimo de 9 persoas), a saída queda automaticamente cancelada para esa data, comunicándose esta incidencia aos apuntados e suxeríndose a realización da saída unha semana despois, na chamada data “comodín”. A única excepción é que as persoas (en número menor de 9) satisfagan o importe mínimo dunha pasaxe completa (ver arriba TARIFAS PARA 2013).
  • Esta data “comodín” tamén se utilizará se se cancela a saída por avaría mecánica, ausencia do patrón e/ou mal tempo reinante no mar. Neste último caso, establécense uns baremos obxectivos para a cancelación das peláxicas, baseados nas predicións meteorolóxicas a 48 h vista (prognósticos do xoves pola mañá):
    • Mar con ondas de 1,5 m ou máis e período menor ou igual de 10.
    • Vento de forza maior a 16 nós (Forza 4).
    • Choiva forte de máis de 5 l·m-2·h-1.
  • No caso de non se poder realizar na data “comodín” cancélase a peláxica programada.
  • Nos meses de xullo e de agosto non haberá data “comodín”.
  • Reservas a través do e-mail: seabirdsgalicia (arroba) gmail.com.
  • Dúbidas e cuestións (non reservas), por e-mail ou por teléfono: 690843488 (Isidro).