"Aves e mamíferos mariños no SW de Galiza, todo o ano. Unha experiencia didáctica e emocionante ao mellor prezo!"

sexta-feira, 31 de maio de 2013

Nova saída peláxica - 8 de xuño

Tras as saídas canceladas de abril e maio, o sábado día 8 de xuño realizarase desde o porto do Grove a que esperemos sexa a primeira saída peláxica do ano, "a das pardelas". Se o mar e o tempo nos acompañan, teremos oportunidade de ver furabuchos baleares (Puffinus mauretanicus), pardelas cincentas (Calonectris diomedea), paíños pequenos (Hydrobates pelagicus) e con sorte algunha palleira grande (Stercorarius skua) e quizais o paíño de Wilson (Oceanites oceanicus).

A saída será ás 8:00 h da mañá e durará ata as 15:30 h.

O prezo da peláxica será de 65€ por persoa (55€ para os socios do Grupo Naturalista Hábitat), e inclúe un tentempé a bordo. Non hai recargo polo "chum" ou engado para as aves mariñas.

Pardela cincenta o 13.10.2012 por José Luis Lorenzo "Colón"
Apúntate en: seabirdsgalicia (arroba) gmail.com