"Aves e mamíferos mariños no SW de Galiza, todo o ano. Unha experiencia didáctica e emocionante ao mellor prezo!"

sexta-feira, 4 de julho de 2014

21/06/2014: carráns pequenos!

O sábado 21 de xuño, cun tempo primaveral, saímos do porto do Grove á hora habitual, 8:30 h.

Na ruta pola ría de Arousa vimos gabitas, corvos mariños cristados, gaivotóns e gaivotas patiamarelas.
Unha vez pasado o arquipélago de Sálvora víronse pardelas, como o furabuchos balear e a pardela cincenta, e tamén paíño pequeno, ademais de mascatos, carráns comuns e dous fermosos carráns pequenos.

No tocante aos cetáceos, foron os arroaces e os golfiños os que alegraron a xornada, e de peixes, os raros peixes roda.

A continuación detállase a lista de especies, coas mellores observacións en grosa e números aproximados en cursiva:

LISTA DE ESPECIES:
Nome científico Nome galego N
Puffinus mauretanicus Furabuchos balear 6
Calonectris diomedea Pardela cincenta 1
Hydrobates pelagicus Paíño pequeno 1
Phalacrocorax aristotelis Corvo mariño cristado 50
Morus bassanus Mascato 86
Haematopus ostralegus Gabita 5
Larus michahellis Gaivota patiamarela 90
Larus marinus Gaivotón 2
Sterna hirundo Carrán común 2
Sternula albifrons Carrán pequeno 2
Delphinus delphis Golfiño común 3
Tursiops truncatus  Arroaz 22
Mola mola Peixe roda 1


E algunhas fotografías, (c) Gustavo Ferreiro e Xoán Diéguez

Algúns participantes da saída. 21/06/2014, ao W da illa de Sálvora, SW Galiza (c) Gustavo Ferreiro

Algúns participantes da saída. 21/06/2014, ría de Arousa, SW Galiza (c) Gustavo Ferreiro

Algúns participantes da saída. 21/06/2014, illa de Sálvora, SW Galiza (c) Gustavo Ferreiro.
Paíño pequeno Hydrobates pelagicus. 21/06/2014, 12 mn ao W da illa de Sálvora, SW Galiza (c) Xoán Diéguez.
Gabitas Haematopus ostralegus. 21/06/2014, ría de Arousa, SW Galiza (c) Xoán Diéguez.