"Aves e mamíferos mariños no SW de Galiza, todo o ano. Unha experiencia didáctica e emocionante ao mellor prezo!"

segunda-feira, 5 de dezembro de 2011

Novas rutas de inverno e vindeira saída o 17/12/2011

Debido ao forte mar de fondo, e ante a escaseza da afluencia de aves migratorias invernantes, o patrón do Chasula desestimou a realización da saída peláxica programada para o 19 de novembro, polo que dende o Chasula e os colaboradores de “Seabirds Galicia” pedímosvos desculpas.
Para a vindeiro dia 17 de decembro realizaremos unha saída para o avistamento de aves invernantes mentres a afluencia das peláxicas non aumente alá polo mes de marzo.
Temos dúas posibles rutas para realizar nestes meses de inverno. Decantarémonos por unha ou outra segundo a climatoloxía e as preferencias dos participantes.
As rutas e os prezos veñen detallados nos apartados correspondentes do blog.
 

segunda-feira, 7 de novembro de 2011

Fotos Saída - 29/10/2011

Gracias ó compañeiro Martiño Picallo, podemos disfrutar dunhas preciosas imaxes dalgunhas das especies observadas na última saída peláxica realizada a bordo do Chasula o 29 de outubro:

Alca torda (c) Martiño Picallo
Alca torda (c) Martiño Picallo


Larus fuscus  (c) Martiño Picallo

Stercorarius skua (c) Martiño Picallo

Stercorarius pomarinus (c) Martiño Picallo

Stercorarius pomarinus (c) Martiño Picallo




Morus bassanus (c) Martiño Picallo
Oceanites oceanicus (c) Martiño Picallo


Oceanites oceanicus (c) Martiño Picallo

Puffinus mauretanicus (c) Martiño Picallo
Puffinus gravis (c) Martiño Picallo

Larus michahellis & Oceanites oceanicus (c) Martiño Picallo

Morus bassanus & Hydrobates pelagicus (c) Martiño Picallo

 E varias secuencias de palleiros grandes ( Stercorarius skua) acosando a gaivotas escuras ( Larus fuscus)

(c) Martiño Picallo

(c) Martiño Picallo

(c) Martiño Picallo

(c) Martiño Picallo

(c) Martiño Picallo






domingo, 30 de outubro de 2011

Novas especies - 29 out 2011

O 29 de outubro de 2011 realizouse unha nova saída peláxica no "Chasula". Unha vez que o parte meteorolóxico non era bo para unha saída larga (ata as 12 millas mar adentro), o patrón decidiu tomar rumbo a un pequeno caladoiro, ben coñecido na zona, chamado "Os Setembros", só 7 millas ao W do arquipélago de Ons, onde se realizaron observacións de aves e mamíferos mariños no verán.

Os nueve participantes (incluíndo un equipo de televisión), ademais da tripulación, observamos as seguintes especies (en negriña: principais observacións; cursiva: números aproximados), incluíndo novas especies para Seabirds Galicia: Charadrius hiaticula, Larus sabini, Rissa tridactyla, Alca torda and Anthus pratensis:


Melanitta nigra 42
Puffinus gravis 86
Puffinus mauretanicus 5
Oceanites oceanicus 2
Hydrobates pelagicus 23
Morus bassanus 55
Phalacrocorax carbo 10
Phalacrocorax aristotelis 150
Ardea cinerea 2
Egretta garzetta 3
Charadrius hiaticula 10
Calidris alpina 1
Arenaria interpres 9
Stercorarius skua 5
Stercorarius pomarinus 7
Stercorarius parasiticus 1
Larus melanocephalus 5
Larus sabini 1
Larus ridibundus 50
Larus fuscus 250
Larus michahellis 230
Larus marinus 3
Rissa tridactyla 1
Sterna sandvicensis 4
Alca torda 2
Anthus pratensis 2
Motacilla alba 1
Hydrobatidae 2
Larus sp. 150


Cetacea 1
(este exemplar foi visto dúas veces saltando fóra da agua, identificación incierta).

quarta-feira, 26 de outubro de 2011

Saída non ornitolóxica - As Pozas - 15 outubro

Stercorarius pomarinus & Morus bassanus 15/10/2011

O pasado sábado ( 15/10/2011) realizamos unha saída de pesca a bordo do Chasula. Estivemos pola zona coñecida como As Pozas situada ó oeste da illa de Sálvora e a unhas 8 millas da costa. Foi unha moi boa xornada de pesca ainda que tamen foi propicia para a observación de aves e demais fauna, aínda que desta vez " Wilson" non se deixou ver. Este foi o listado de especies observadas:

Larus fuscus  150
Larus marinus   6
Larus ridibundus   155
Larus michahellis   235
Sterna sandvicensis   1
Phalacrocorax aristotelis   110
Phalacrocorax carbo   15
Falco peregrinus   1
Morus bassanus 140
Melanitta nigra   10
Calonectris diomedea 16
Puffinus gravis   6
Puffinus mauretanicus   9
Puffinus griseus   13
Puffinus puffinus   2
Stercorarius skua   2
Stercorarius pomarinus   3
Stercorarius sp   2
Álcido   1
Ardea cinerea   3
Arenaria interpres   2

Tamén foron observados un exemplar de peixe lúa Mola mola e a estrela do día, un exemplar de rocual alibranco Balenoptera acutorostrata, que tivo a xentileza de "acompañarnos" durante toda a xornada.

quinta-feira, 13 de outubro de 2011

Boa viaxe peláxica - 12 outubro 2011

Unha viaxe peláxica a bordo do "Chasula" foi realizada con notable éxito o 12 de outubro de 2011, sendo observadas (e fotografadas) un bo número de especies (negriña: mellores observacións, cursiva: números aproximados):


Arenaria interpres 6
Calonectris diomedea 24
Charadrius hiaticula 1
Haematopus ostralegus 1
Hydrobates pelagicus 31
Larus fuscus 470
Larus marinus 9
Larus melanocephalus 14
Larus michahellis 1435
Larus ridibundus 201
Melanitta nigra 2
Morus bassanus 100
Oceanites oceanicus 5
Phalacrocorax aristotelis 308
Phalacrocorax carbo 44
Puffinus gravis 182
Puffinus griseus 1
Puffinus mauretanicus 13
Stercorarius parasiticus 1
Stercorarius pomarinus 6
Stercorarius skua 14
Sterna sandvicensis 9
Alcidae 1
Hydrobatidae 7
Larus sp. 50
Scolopacidae 1
Stercorarius sp. 1


Delphinus delphis 53
Delphinidae 2


Mola mola 1

sábado, 10 de setembro de 2011

Vindeira saída - 1 Out 2011

Despois da viaxe "piloto" do 10 de setembro, e confiando nunha mellor sorte co mar e co vento, organizamos a vindeira saída peláxica a bordo do "Chasula" para o sábado 1 de outubro de 2011, coincidindo coa celebración do Día Mundial das Aves.

Consulta as diferentes pestanas sobre este post para ver o lugar de saída, roteiro, especies posibles, consellos a bordo e prezo.

Reservas:

Sen sorte desta volta

Hoxe, 10 de setembro de 2011, foi realizada a primeira viaxe ornitolóxica do 'Chasula'. 14 persoas (12 participantes máis patrón e mariñeiro) comezamos no porto do Grove ás 7:30 h, avanzando ao W cara ao arquipélago de Sálvora. Na área de Sagres (preto de Aguiño), as ondas e o vento (máis forte do que indicaba a a previsión) eran moi fortes como para ir alén desas illas. O patrón decidiu ir ao longo da costa E da illa de Sálvora, onde se botou o "chum" (tripas de peixes, conxeladas) antes de volver ao porto do Grove en torno a 12:30 h.
Foi unha volta triste, xa que queriamos visitar de tres puntos mar afóra (8-12 millas de Sálvora). Quizais noutra viaxe.
Lista de especies rexistradas, incluíndo ás aves atendendo o chum e vist
as durante a viaxe ao longo da costa S da ría. As especies máis salientables están destacadas en negrita:

- Pardela escura (Puffinus griseus): 3 (chum) + 1 (viaxe)

- Pardela cincenta (Calonectris diomedea): 6 (chum) + 4 (viaxe)

- Furabuchos balear (Puffinus mauretanicus): 10 (chum) + 10 (viaxe)  

- Furabuchos atlántico (Puffinus puffinus): 1 (chum)
- Paíño (Hydrobatidae): 1 (viaxe)
- Mascato (Morus bassanus): 3 (chum) + 30 (viaxe)  
- Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis): 150 (viaxe)  
- Gabita (Haematopus ostralegus): 2 (viaxe)
- Pilro tridáctilo (Calidris alba): 1 (viaxe)
- Pilro común (Calidris alpina): 3 (viaxe)
- Virapedras (Arenaria interpres): 1 (viaxe) 
- Gaivota escura (Larus fuscus): 50 (chum) + 30 (viaxe)  
- Gaivota patiamarela (Larus michahellis): 100 (chum) + 250 (viaxe) 
- Gaivota chorona (Larus ridibundus): 10 (viaxe) 
- Carrán común (Sterna hirundo): 6 (chum) + 3 (viaxe)  
- Carrán cristado (Sterna sandvicensis): 2 (viaxe) 

Algunhas fotos da saída:





Puffinus griseus (c) Xosé L. Fernández Carnero

Puffinus griseus (c) Xoán Diéguez Vázquez

Puffinus mauretanicus (c) Xosé L. Fernández Carnero


Puffinus mauretanicus (c) Xoán Diéguez Vázquez



Calonectris diomedea (c) Xosé L. Fernández Carnero

Calonectris diomedea (c) Xoán Diéguez Vázquez


Morus bassanus (c) Xosé L. Fernández Carnero

Morus bassanus (c) Xoán Diéguez Vázquez


Phalacrocorax aristotelis (c) Xosé L. Fernández Carnero

Phalacrocorax aristotelis (c) Xoán Diéguez Vázquez


Arenaria interpres (c) Xosé L. Fernández Carnero


Calidris alba (c) Xosé L. Fernández Carnero

Calidris alpina (c) Xoán Diéguez Vázquez


Larus fuscus (c) Xoán Diéguez Vázquez

quinta-feira, 8 de setembro de 2011

Primeira viaxe peláxica - 10 Set 2011


O 'Chasula' (tomado de chasulapesca.blogspot.com)
Con este post, presentamos a nosa primeira viaxe peláxica desde O Grove (SW Galicia). Está programado para o 10 de setembro de 2011, e será realizado a bordo da tarrafa 'Chasula' (14 m eslora, 3.5 m manga). Esta é a primeira viaxe de observación de aves mariñas do 'Chasula', e tentaremos observar aves peláxicas interesantes ao W e SW das illas de Sálvora e Ons, acadando as 12 millas náuticas mar afóra.

Ruta provisional do 'Chasula' (10 Set 2011) (Google Maps)
As especies obxectivo serán a gaivota de Sabine (Larus sabini), paíño de Wilson (Oceanites oceanicus) e pardela encapuchada (Puffinus gravis). É moi probable que as pardelas balear (P. mauretanicus) e cincenta (Calonectris diomedea) e o furabuchos (P. puffinus) sexan vistos durante a maior parte da viaxe. Tamén poderán ser avistados golfiños e incluso baleas.

Empregarase "chum" conxelado para atraer ás aves preto do barco.

Esta viaxe está case completa (o "Chasula" ten unha capacidade máxima de 12 persoas, ademais da tripulación). Estamos xa planificando outra viaxe peláxica antes de mediados de outubro.

Máis información:





Bo paxareo!