"Aves e mamíferos mariños no SW de Galiza, todo o ano. Unha experiencia didáctica e emocionante ao mellor prezo!"

Chasula

O "Chasula" é unha tarrafa, isto é, un tipo de cerqueiro. Foi mercado en 2007 por Iniciativas Tradicionales Maritimas, S.L. Foi restaurado para realizar actividades turísticas e culturais.

O "Chasula" (tomado de chasulapesca.blogspot.com)
Medidas:
  • Eslora: 14 m
  • Lonxitude entre perpendiculares: 11.4 m
  • Manga: 3.55 m
  • Fondo: 1.35 m
As viaxes peláxicas para ver aves mariñas comezan o 10 de setembro de 2011. A capacidade máxima do barco é de 12 pasaxeiros ademais da tripulación. En 2011, o patrón do "Chasula" ten permiso para navegar mar afóra, ata as 12 millas náuticas do litoral.