"Aves e mamíferos mariños no SW de Galiza, todo o ano. Unha experiencia didáctica e emocionante ao mellor prezo!"

quinta-feira, 25 de julho de 2013

20/07/2013 - dúas palleiras parasitas, outro Wilson e un mascato liberado

O sábado 20 de xullo de 2013 realizouse outra saída peláxica a bordo do Chasula. Coa pasaxe chea, partimos do porto do Grove pouco despois das 8 da mañá cara a mar aberto, cun día cuberto e vento e mar en calma. Comezamos anotando as primeiras especies na ría (gaivota cabecinegra, gaivotón, gaivota escura, garzota, garza real, entre outras), obtendo as primeiras observacións do día de pardela cincenta, furabuchos balear e palleira parasita (tamén primeira da pasaxe outonal) na bocana da ría de Arousa. O mar seguía en calma e facía presaxiar unha peláxica moi cómoda. No horizonte un grupo de varios centos de gaivotas tamén auguraba presenza de alimento (neste caso patexo Polybius henslowii) a pouca distancia da costa. O fluxo de mascatos nesa altura era importante e pouco facía supoñer que entre as 3 e as 12 millas ao oeste de Sálvora apenas avistáramos unhas poucas aves e dous golfiños! O primeiro chum (engado conxelado), a 12 millas ao oeste da illa de Ons, foi de éxito moi discreto, e o patrón decidiu ir máis ao norte, a 12 millas ao oeste da illa de Sálvora. Nesta ocasión a cousa estivo máis animada, cun paíño de Wilson (posiblemente dous), un paíño pequeno, palleiras grandes e multitude de gaivotas, con boas fotos obtidas coas primeiras raiolas de sol do día, acompañadas de mexillóns e albariño. O regreso foi tranquilo ata chegar a 2 millas fronte á punta Couso (Ribeira), con centos de gaivotas comendo no patexo, pardelas cincentas, furabuchos baleares e cinco golfiños. Ao entrar na ría pola canle norte, preto de Aguiño, atopamos un mascato inmaturo enleado nun aparello. Capturamos á ave e ceibámola logo de liberala da súa tortura, comprobando que nadaba e aleteaba ben. O aparello, a bordo para logo levalo a porto. Unha balsa duns 35 furabuchos baleares fixo as delicias de fotógrafos camiño da illa de Rúa e o regreso a porto foi apacible e soleado.

Eis aquí a lista completa de avistamentos. En grosa, observacións máis destacadas. En cursiva, cifras aproximadas:

Nome científicoNome galegoTOTAL (non repetidos)Notas
Melanitta nigraPentumeiro común10Migrando cara ao sur
Calonectris diomedeaPardela cincenta9Cifra baixa
Puffinus mauretanicusFurabuchos balear69Boa cifra; case todos xuvenís
Hydrobates pelagicusPaíño pequeno1Cifra baixa (comparar coa saída anterior)
Oceanites oceanicusPaíño de Wilson1Mudando
HydrobatidaePaíño non identificado1Posiblemente Oceanites oceanicus
Phalacrocorax carboCorvo mariño grande4Primeiros de regreso este verán
Phalacrocorax aristotelisCorvo mariño cristado80Cifra moi baixa
Morus bassanusMascato42Un deles rescatado dunha rede en Aguiño (ver fotos)
Ardea cinereaGarza real1
Egretta garzettaGarzota1
Stercorarius skuaPalleira grande7Cifra "normal" (comparar coa saída anterior)
Stercorarius parasiticusPalleira parasita2Primeiros da pasaxe posnupcial
Stercorarius sp.Palleira non identificada1Posiblemente Stercorarius skua
Larus melanocephalusGaivota cabecinegra6Cinco adultos e un inmaturo
Larus ridibundusGaivota chorona1Cifra baixa
Larus michahellisGaivota patiamarela1487Gran grupo ao W da illa de Sálvora, comendo patexo
Larus fuscusGaivota escura351Parte do gran grupo ao W de Sálvora, tamén ao patexo
Larus marinusGaivotón2Adultos, un deles posiblemente territorial
Sterna hirundoCarrán común3Adultos
Motacilla albaLavandeira branca1

Delphinus delphisGolfiño común7Dous individuos e logo grupo de cinco

Prionace glaucaQuenlla1

E algunhas fotos, (c) Germán Ibarra, José Luis Lorenzo "Colón", Xoán Diéguez e Xosé Luis Fernández Carnero.

Pentumeiro común (Melanitta nigra), en migración, 20/07/2013, fronte á punta Couso, Ribeira (SW Galiza) (c) Xosé Luis Fernández Carnero.

Paíño de Wilson (Oceanites oceanicus), 20/07/2013, 12 millas náuticas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza) (c)
José Luis Lorenzo "Colón".

Paíño de Wilson (Oceanites oceanicus), 20/07/2013, 12 millas náuticas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza) (c)
Xosé Luis Fernández Carnero.

Paíño de Wilson (Oceanites oceanicus), 20/07/2013, 12 millas náuticas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza) (c) Germán Ibarra.

Paíño de Wilson (Oceanites oceanicus), 20/07/2013, 12 millas náuticas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza) (c) Germán Ibarra.

Furabuchos balear (Puffinus mauretanicus), 20/07/2013, 12 millas náuticas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza) (c)
José Luis Lorenzo "Colón".

Furabuchos balear (Puffinus mauretanicus), 20/07/2013, 12 millas náuticas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza) (c)
José Luis Lorenzo "Colón".

Furabuchos balear (Puffinus mauretanicus), 20/07/2013, 12 millas náuticas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza) (c) Xoán Diéguez.
Furabuchos balear (Puffinus mauretanicus), 20/07/2013, 12 millas náuticas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza) (c) Xosé Luis Fernández Carnero.

Furabuchos balear (Puffinus mauretanicus), adulto mudando, 20/07/2013, 12 millas náuticas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza) (c) Xosé Luis Fernández Carnero.

Furabuchos balear (Puffinus mauretanicus), 20/07/2013, 12 millas náuticas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza) (c) Xosé Luis Fernández Carnero.

Furabuchos balear (Puffinus mauretanicus), 20/07/2013, 12 millas náuticas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza) (c) Xosé Luis Fernández Carnero.

Pardela cincenta (Calonectris diomedea borealis), 20/07/2013, 2 millas náuticas ao W da punta Couso, Ribeira (SW Galiza) (c) José Luis Lorenzo "Colón".

Pardela cincenta (Calonectris diomedea borealis), 20/07/2013, 2 millas náuticas ao W da punta Couso, Ribeira (SW Galiza) (c) Xosé Luis Fernández Carnero.

Mascato (Morus bassanus), inmaturo, 20/07/2013, canle norte da ría de Arousa preto de Aguiño, Ribeira (SW Galiza) (c) Germán Ibarra.

Mascato (Morus bassanus), inmaturo, 20/07/2013, canle norte da ría de Arousa preto de Aguiño, Ribeira (SW Galiza) (c) Xosé Luis Fernández Carnero.

Mascato (Morus bassanus), inmaturo, 20/07/2013, canle norte da ría de Arousa preto de Aguiño, Ribeira (SW Galiza) (c) Germán Ibarra.

Mascato (Morus bassanus), inmaturo, 20/07/2013, canle norte da ría de Arousa preto de Aguiño, Ribeira (SW Galiza) (c) Germán Ibarra.

Mascato (Morus bassanus), inmaturo, 20/07/2013, canle norte da ría de Arousa preto de Aguiño, Ribeira (SW Galiza) (c) Xoán Diéguez.

Mascato (Morus bassanus), inmaturo, 20/07/2013, canle norte da ría de Arousa preto de Aguiño, Ribeira (SW Galiza) (c) Germán Ibarra.

Mascato (Morus bassanus), xuvenil do ano, 20/07/2013, 12 millas náuticas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza) (c) José Luis Lorenzo "Colón".

Mascato (Morus bassanus), inmaturo, 20/07/2013, 12 millas náuticas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza) (c) Xoán Diéguez.

Mascato (Morus bassanus), inmaturo, 20/07/2013, 12 millas náuticas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza) (c) Xosé Luis Fernández Carnero.

Mascato (Morus bassanus), inmaturo, 20/07/2013, 12 millas náuticas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza) (c) José Luis Lorenzo "Colón".

Mascato (Morus bassanus), inmaturo, 20/07/2013, 12 millas náuticas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza) (c) Germán Ibarra.

Mascato (Morus bassanus), xuvenil do ano, 20/07/2013, 12 millas náuticas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza) (c) Germán Ibarra.

Mascato (Morus bassanus), xuvenil do ano, 20/07/2013, 12 millas náuticas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza) (c) Xosé Luis Fernández Carnero.

Gaivota cabecinegra (Larus melanocephalus), adulto, anelado, 20/07/2013, 12 millas náuticas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza) (c) José Luis Lorenzo "Colón".

Gaivota cabecinegra (Larus melanocephalus), adulto, anelado, 20/07/2013, 12 millas náuticas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza) (c) Xosé Luis Fernández Carnero.

Gaivota cabecinegra (Larus melanocephalus), adulto, anelado, 20/07/2013, 12 millas náuticas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza) (c) José Luis Lorenzo "Colón".

Gaivota cabecinegra (Larus melanocephalus), adulto, anelado, 20/07/2013, 12 millas náuticas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza) (c) José Luis Lorenzo "Colón".

Gaivota escura (Larus fuscus), subadulto, 20/07/2013, 12 millas náuticas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza) (c) José Luis Lorenzo "Colón".

Gaivota escura (Larus fuscus), ave case adulta, 20/07/2013, 12 millas náuticas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza) (c) Xosé Luis Fernández Carnero.

Gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) e escuras (L. fuscus), 20/07/2013, fronte á punta Couso, Ribeira (SW Galiza) (c) José Luis Lorenzo "Colón".

Gaivota patiamarela (Larus michahellis) adulta (fondo) e escura (L. fuscus) mudando, 20/07/2013, 12 millas náuticas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza) (c) José Luis Lorenzo "Colón".

Gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) xuvenís rifando pola comida, 20/07/2013, 12 millas náuticas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza) (c) Xosé Luis Fernández Carnero.

Gaivota patiamarela (Larus michahellis) subadulta mudando, 20/07/2013, 12 millas náuticas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza) (c) Xosé Luis Fernández Carnero.

Gaivota patiamarela (Larus michahellis) subadulta mudando, 20/07/2013, 12 millas náuticas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza) (c) Xoán Diéguez.

Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis), 20/07/2013, arquipélago de Sálvora (SW Galiza) (c) Xoán Diéguez.

Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis), 20/07/2013, arquipélago de Sálvora (SW Galiza) (c) Germán Ibarra.

Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis), 20/07/2013, arquipélago de Sálvora (SW Galiza) (c) Germán Ibarra.

Carrán común (Sterna hirundo), adulto, 20/07/2013, 12 millas náuticas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza) (c) José Luis Lorenzo "Colón".

Palleira grande (Stercorarius skua) detrás dunha gaivota escura (Larus fuscus), 20/07/2013, 12 millas náuticas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza) (c) Germán Ibarra.

Palleira grande (Stercorarius skua), 20/07/2013, 12 millas náuticas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza) (c) José Luis Lorenzo "Colón".

Palleira grande (Stercorarius skua), 20/07/2013, 12 millas náuticas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza) (c) José Luis Lorenzo "Colón".

Palleira grande (Stercorarius skua), 20/07/2013, 12 millas náuticas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza) (c) Xosé Luis Fernández Carnero.

Palleira grande (Stercorarius skua), 20/07/2013, 12 millas náuticas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza) (c) Xoán Diéguez.