"Aves e mamíferos mariños no SW de Galiza, todo o ano. Unha experiencia didáctica e emocionante ao mellor prezo!"

segunda-feira, 6 de fevereiro de 2012

Primeira saída peláxica 2012

Ola a todos!

Dende Seabirds Galicia anunciamos que o próximo sábado 25 de febreiro realizaremos unha saída peláxica a bordo do Chasula.
Saldremos ás 8:00 da mañá dende o porto do Grove ( Pontevedra) e coma nas anteriores, atravesaremos o polígono de bateas da zona de Meloxo, saldremos da Ría bordeando Sálvora, para poñer rumbo a zona do Cañón de Arousa a unhas 12 millas náuticas.
Na zona cercana á costa é posible a observación de Gavia immer, Melanitta nigra, Alca torda e Phalacrocorax aristotelis.
Cando alcancemos as 12 millas empregaremos chum e aceite para tentar atraer o máximo número de aves sendo posible que aparezan: Rissa tridactyla, Hydrobates pelagicus, Stercorarius skua, Phalaropus spp e con sorte Larus sabini, Larus minutus e Stercorarius pomarinus.
Coma sempre a realización da saída estará condicionada ó estado da mar. No caso de cancelarse avisaremos con 48 horas de antelación.

Para apuntarse nesta saída mandade un correo cos vosos datos a seabirdsgalicia@gmail.com.

1 saúdo.