"Aves e mamíferos mariños no SW de Galiza, todo o ano. Unha experiencia didáctica e emocionante ao mellor prezo!"

quinta-feira, 26 de novembro de 2015

Derradeira saída de Seabirds Galicia e futuro

Cumprindo o calendario establecido para este ano por Seabirds Galicia, o vindeiro sábado 5 de decembro de 2015 está prevista unha saída no 'Chasula' pola baía da Lanzada e a ría de Arousa, para realizar avistamentos de aves e mamíferos mariños. No caso de malas condicións do mar, a data alternativa será o 6 de decembro.

Esta será, salvo cambio de última hora, a derradeira saída xestionada a través da plataforma de Seabirds Galicia. Desde setembro de 2011 Seabirds Galicia ofreceu viaxes en barco enfocados á observación de aves e mamíferos mariños, ao longo de todo o ano e con prezos vantaxosos, no que constituíu unha iniciativa novidosa e celebrada polos afeccionados á natureza e á fotografía.

Despois de se producir varios cambios na xestión de Seabirds Galicia ao longo de 2015, e coa intención de dar maior difusión a estas saídas ao mar, a empresa Intramar, S. L. decidiu crear unha nova plataforma, que se denominará Chasula Aves/Chasula Birds, á cal xa hai asociada un blog e unha páxina en Facebook. Os responsables da xestión desta marca serán Isidro Mariño (Intramar, S. L.) e Xabier Vázquez Pumariño (da empresa Habitaq Estratexias). Chasula Aves/Chasula Birds, xunto con Chasula Pesca, forman parte da oferta de servizos de Intramar, S. L.

Cosme Damián Romay foi o responsable da idea e estratexia da plataforma Seabirds Galicia, e, xunto con Martín Rodríguez Otero e Gustavo Ferreiro, do mantemento do blog ata o 31.12.2015. David Leiro, Iago, o mencionado Martín e, sobre todo, o patrón Isidro Mariño, puxeron a punto o 'chum', a comida e o propio 'Chasula' para que as peláxicas foran sempre un éxito.

Aclarar que ata o 31.12.2015 Seabirds Galicia e o seu correo seabirdsgalicia(arroba)gmail.com estarán activos, se ben a partir do 1.1.2016 o blog permanecerá apenas como arquivo das saídas realizadas ata ese momento.
Desde o 1.1.2016 toma o relevo Chasula Aves/Chasula Birds, co seu novo equipo, que xestionará as saídas a través do correo electrónico: chasulabirds(arroba)gmail.com

Saúdos e grazas por crer en Seabirds Galicia.


segunda-feira, 16 de novembro de 2015

14/11/2015: Primeira peláxica en novembro!

Partimos do porto do Grove cedo, ás 8:15 h, con ceo despexado e brisa do norte. Despois de anotar as primeiras gaivotas cabecinegras e corvos mariños cristado, dirixímonos cara a Aguiño (na esquina noroeste da ría de Arousa), á vez que o vento aumentaba en intensidade. Anotáronse algunhas limícolas, gaivotóns e garzas nas bateas, e dous mascatos atlánticos apareceron preto de Aguiño. O mar picouse algo fronte aos illotes de Sagres, pero nese momento o patrón Isidro decidiu ir ao SSW para evitar a ondada de proa e aproveitar a corrente e vento que viñan desde o norte. Desde o punto en diante, a viaxe fíxose bastante cómoda para a pasaxe. As primeiras pardelas encapuchadas e un furabuchos balear apareceron a apenas 3 millas da illa de Sálvora, e anotouse un fluxo débil de mascatos atlánticos cara ao sur. Tamén se avistou un orellán ou peixe roda.

O primeiro "chum" foi arroxado ao mar a 6 millas mar dentro da illa de Sálvora, e ducias de pardelas encapuchadas e gaivotas acudiron a el. As primeiras gaivotas tridáctilas (un adulto e un xuvenil) foron detectadas, e un fermoso adulto de palleira parasita foi tamén visto.

Cando nos dirixiamos ao segundo chum, a altura de onda aumentou e Isidro decidiu non ir máis aló, así que paramos a 8 millas de Sálvora para arroxar o cebo. Moitas das pardelas encapuchadas e gaivotas seguiron ao "Chasula" desde o primeiro "chum" ao segundo, e quedaron xunto a este último. Foi unha boa oportunidade para a fotografía e mesmo para escoitar os reclamos destas fermosas pardelas, co premio extra de tres pardelas escuras, palleiras grandes, gaivotas tridáctilas e moitas gaivotas cabecinegras. A maiores, dous carolos foron vistos en migración.

O camiño de volta á ría foi cómodo e tranquilo, con poucas aves e outro orellán. Os mexillóns frescos e, como prato estrela, unhas ricas centolas, fixeron as delicias dos participantes e a tripulación, e, como colofón unha vez dentro da ría, tres arroaces foron vistos a curta distancia.

Esta foi nosa primeira saída pelágica en novembro, desde o inicio de Seabirds Galicia en 2011. A continuación detállanse as especies rexistradas, coas mellores observacións en grosa e os números aproximados en cursiva:




E algunhas fotos, (c) José Luis Lorenzo "Colón"  e (c) Cosme Damián Romay:

Abrente. 14/11/2015. O Grove, SW Galiza (c) C. D. Romay.
Corvos mariños cristados (Phalacrocorax aristotelis). 14/11/2015. Ría de Arousa, SW Galiza (c) C. D. Romay.
Corvos mariños cristados (Phalacrocorax aristotelis). 14/11/2015. Illas de Sagres, Ribeira, SW Galiza (c) C. D. Romay
Pardela encapuchada (Ardenna gravis), 14/11/2015, 6mn mar adentro da illa de Sálvora, SW Galiza (c) J. L. Lorenzo "Colón".
Tres pardelas encapuchadas (Ardenna gravis). 14/11/2015. 6mn mar adentro da illa de Sálvora, SW Galiza (c) C. D. Romay.
Pardelas encapuchadas (Ardenna gravis), 14/11/2015, 6mn mar adentro da illa de Sálvora, SW Galiza (c) J. L. Lorenzo "Colón".
Bando descansando de pardela encapuchada (Ardenna gravis) e José Luis Fernández Carnero, 14/11/2015, 6mn mar adentro da illa de Sálvora, SW Galiza (c) C. D. Romay.

Pardela encapuchada (Ardenna gravis), 14/11/2015, 6mn mar adentro da illa de Sálvora, SW Galiza (c) J. L. Lorenzo "Colón".

Pardelas encapuchadas (Ardenna gravis), 14/11/2015, 6mn mar adentro da illa de Sálvora, SW Galiza (c) J. L. Lorenzo "Colón".
Pardelas encapuchadas (Ardenna gravis), 14/11/2015, 6mn mar adentro da illa de Sálvora, SW Galiza (c) J. L. Lorenzo "Colón".

Palleira grande (Catharacta skua). 14/11/2015. 6mn mar adentro da illa de Sálvora, SW Galiza (c) C. D. Romay.

Gaivota tridáctila (Rissa tridactyla), adulto; en segundo plano unha gaivota cabecinegra (Larus melanocephalus). 14/11/2015. 6mn mar adentro da illa de Sálvora, SW Galiza (c) J. L. Lorenzo "Colón".
Gaivotas tridáctilas (Rissa tridactyla), xuvenil e adulto, cunha gaivota cabecinegra (L. melanocephalus) de primeiro inverno á dereita. 14/11/2015. 6mn mar adentro da illa de Sálvora, SW Galiza (c) J. L. Lorenzo "Colón".
Gaivota tridáctila (Rissa tridactyla), adulto. 14/11/2015. 6mn mar adentro da illa de Sálvora, SW Galiza (c) J. L. Lorenzo "Colón".

Gaivota tridáctila (Rissa tridactyla), xuvenil. 14/11/2015. 6mn mar adentro da illa de Sálvora, SW Galiza (c) C. D. Romay.

Gaivota tridáctila (Rissa tridactyla), adulto. 14/11/2015. 6mn mar adentro da illa de Sálvora, SW Galiza (c) C. D. Romay.

Gaivota tridáctila (Rissa tridactyla), xuvenil. 14/11/2015. 6mn mar adentro da illa de Sálvora, SW Galiza (c) J. L. Lorenzo "Colón".

Gaivota tridáctila (Rissa tridactyla), xuvenil. 14/11/2015. 6mn mar adentro da illa de Sálvora, SW Galiza (c) J. L. Lorenzo "Colón".
Gaivota tridáctila (Rissa tridactyla), xuvenil. 14/11/2015. 6mn mar adentro da illa de Sálvora, SW Galiza (c) J. L. Lorenzo "Colón".
Gaivota tridáctila (Rissa tridactyla), xuvenil. 14/11/2015. 6mn mar adentro da illa de Sálvora, SW Galiza (c) J. L. Lorenzo "Colón".
 

Gaivota cabecinegra (Larus melanocephalus), adulto. 14/11/2015. Ría de Arousa, SW Galiza (c) C. D. Romay.

Arroaz (Tursiops truncatus). 14/11/2015. Ría de Arousa, SW Galiza (c) C. D. Romay.

Iago e Isidro no 'Chasula', 14/11/2015, preto da illa de Sálvora, SW Galiza (c) J. L. Lorenzo "Colón".

Centola e a illa de Sálvora, 14/11/2015, preto da illa de Sálvora, SW Galiza (c) J. L. Lorenzo "Colón"

Xantar no 'Chasula', 14/11/2015, preto da illa de Sálvora, SW Galiza (c) J. L. Lorenzo "Colón".