"Aves e mamíferos mariños no SW de Galiza, todo o ano. Unha experiencia didáctica e emocionante ao mellor prezo!"

segunda-feira, 17 de agosto de 2015

29/08/2015: Saída peláxica das palleiras

Palleira pomarina Stercorarius pomarinus. SW Galicia. S. A. Ragnarsson.

Queres observar palleiras grandes, parásitas ou pomarinas?
Queres mirar furabuchos baleares, pardelas cincentas, escuras e furabuchos atlánticos?
Queres observar tamén mascatos, paiños, carrans, corvos mariños, gaivotas (como a Sabine), limícolas ou mamíferos mariños?

O 29 de Agosto  faremos un embarque no "Chasula".
Si queres participar desta aventura oceánica,  anótache!, xa quedan poucas prazas.


segunda-feira, 3 de agosto de 2015

15/08/2015: Saída peláxica dos carrans

Balea alibranca (Balaenoptera acutorostrata), (SW Galiza) (c) Xoán Diéguez Vázquez.

O vindeiro sábado 15 de Agosto realizaremos outra ruta no barco "Chasula" cara á zona peláxica do canón de Arousa, para observar aves mariñas que non se achegan a costa e mamíferos mariños.

Tentaremos divisar furabuchos baleares, parleas cincentas, furabuchos atlánticos, pardelas escuras, palleiras grandes, parásitas e pomarinas, paíños, mascatos e carrans. Ademais de aves costeiras que se alimentan das ricas augas que lles ofrece esta ría Baixa e tamén arroaces e golfiños.

Non perdemos a esperanza, como outros anos por estas datas, de ver gaivotas de Sabine e ¡balea alibranca!

Si queres vivir esta experiencia, envíanos un correo para recibir máis información.