"Aves e mamíferos mariños no SW de Galiza, todo o ano. Unha experiencia didáctica e emocionante ao mellor prezo!"

segunda-feira, 5 de dezembro de 2011

Novas rutas de inverno e vindeira saída o 17/12/2011

Debido ao forte mar de fondo, e ante a escaseza da afluencia de aves migratorias invernantes, o patrón do Chasula desestimou a realización da saída peláxica programada para o 19 de novembro, polo que dende o Chasula e os colaboradores de “Seabirds Galicia” pedímosvos desculpas.
Para a vindeiro dia 17 de decembro realizaremos unha saída para o avistamento de aves invernantes mentres a afluencia das peláxicas non aumente alá polo mes de marzo.
Temos dúas posibles rutas para realizar nestes meses de inverno. Decantarémonos por unha ou outra segundo a climatoloxía e as preferencias dos participantes.
As rutas e os prezos veñen detallados nos apartados correspondentes do blog.