"Aves e mamíferos mariños no SW de Galiza, todo o ano. Unha experiencia didáctica e emocionante ao mellor prezo!"

Sobre nós

Seabirds Galicia é unha plataforma creada para xestionar viaxes pelágicas mar afóra do SW de Galiza. 

Desde setembro de 2011 está a traballar xunto a Iniciativas Tradicionales Marítimas, S. L. e o seu barco "Chasula" para ofrecer viaxes atractivas e de baixo prezo indicadas para observar tanto aves mariñas raras como comúns (pica aquí para máis información). 
E-mail de contacto:

O equipo de Seabirds Galicia:

 
Isidro Mariño Cadarso (Vilagarcía de Arousa, 1958). Patrón do "Chasula". Experto en recuperación de embarcacións tradicionais e do patrimonio marítimo. Director da escola-taller de carpintería de ribeira de Marín. Fundador (2003) de Intramar (Iniciativas Tradicionales Marítimas, S. L.) (Foto: J. Menéndez).






Martín Rodríguez Otero (O Grove, 1980). Licenciado en Bioloxía. Guía ornitolóxico do "Chasula" e co-encargado do blog e da xestión das reservas de Seabirds Galicia. Interesado en aves e mamíferos mariños, posuíndo ademais amplos coñecementos de botánica (Foto: J. L. Lorenzo).








David Leiro Padín (O Grove, 1983). Contramaestre do Chasula. Titulacións como Patrón de Litoral, Patrón Portuario e Socorrista Acuático (Foto: D. Leiro).










Cosme Damián Romay Cousido (O Grove, 1981). Biólogo colexiado e Diploma de Estudos Avanzados. Actualmente consultor ambiental. Creador da plataforma Seabirds Galicia e co-encargado do blog e da xestión das reservas da mesma (Foto: J. L. Lorenzo).