"Aves e mamíferos mariños no SW de Galiza, todo o ano. Unha experiencia didáctica e emocionante ao mellor prezo!"

Noso patrocinador

Preme no logo para acceder á web de Hábitat

O Grupo Naturalista Hábitat, entidade sen ánimo de lucro e politicamente independente, é unha das asociacións conservacionistas máis sobranceiras de Galicia. Dende a súa fundación na Coruña en 1979 por un grupo de naturalistas entusiastas, vén realizando diversos estudos sobre o medio natural galego, xunto numerosas campañas de divulgación da natureza, contribuíndo a xerar en Galicia unha corrente de preocupación polo medio natural, ata entón case inexistente. Xa dende o comezo compartíase co interese por artrópodos, réptiles, anfibios, mamíferos, plantas,... o que levou a unha mellor defensa de espazos coma un todo.

En 2012, o Grupo Naturalista Hábitat converteuse no primeiro patrocinador de Seabirds Galicia, entendendo que estas saídas peláxicas son unha boa maneira de fomentar o coñecemento das nosas aves mariñas e de obter datos para a súa protección.

Sem comentários:

Enviar um comentário