"Aves e mamíferos mariños no SW de Galiza, todo o ano. Unha experiencia didáctica e emocionante ao mellor prezo!"

domingo, 3 de agosto de 2014

26/7/2014: Baleares e Wilson

Nesta primeira saída do mes de xullo, partimos do porto do Grove moi cedo animados polas boas previsions meteorolóxicas. En toda a travesía houbo boa visibilidade e as temperaturas altas, pero aliviadas polo vento do NE.

Saíndo do porto vimos un bandiño de cirrios comúns e mentras navegábamos pola ría de Arousa cara á súa bocana, observamos nas bateas de mexillón gaivotas patiamarelas, corvos mariños cristados, gaivotón, gaivotas cabecinegras, choronas e un falcón peregrino cruzando a ría.

Os furabuchos baleares chegaron pronto e poidemos disfrutar das suas inmersións preto do barco. Un grupo de golfiños tambén viaxou con nós na proa, pero xa no mar aberto.

Pasada a bocana e deixando atrás a illa de Sálvora  achegáronse as palleiras grandes, os mascatos, unha pardela escura, varios caráns cristados e máis furabuchos baleares. No 'chum' sumaríamos un paíño de Wilson e un peixe roda.

De volta, xa na ría, un solitario arroaz.

A continuación detállase a lista de especies, coas mellores observacións en grosa e números aproximados en cursiva:

SEABIRDS  GALICIA 26/07/2014
Nome científico Nome galego
Puffinus mauretanicus Furabuchos balear 65
Puffinus griseus Pardela escura 2
Oceanites oceanicus Paíño de Wilson 1
Phalacrocorax carbo Corvo mariño grande 6
Phalacrocorax aristotelis Corvo mariño cristado 231
Morus bassanus Mascato 21
Stercorarius skua Palleira grande 3
Larus melanocephalus Gaivota cabecinegra 5
Chroicocephalus ridibundus Gaivota chorona 2
Larus michahellis Gaivota patiamarela 1062
Larus fuscus Gaivota escura 9
Larus marinus Gaivotón 3
Sterna sandvicensis Carrán cristado 2
Apus apus Cirrio común 10
Falco peregrinus Falcón peregrino 1
Delphinus delphis Golfiño común 24
Tursiops truncatus  Arroaz 1
Mola mola Peixe roda 1

E algunhas fotografías (c) Xoán Diéguez, Xosé Luis Fernández Carnero, Cosme Damián Romay, Atocha Ramos e José Luís Lorenzo:

O patrón. 26/07/2014. SW Galicia (c) J. L. Lorenzo.
Alguns participantes na peláxica. 26/07/2014. SW Galicia (c) J. L. Lorenzo.

Alguns participantes na peláxica. 26/07/2014. SW Galicia (c) J. L. Lorenzo.
Pescando. 26/07/2014. SW Galicia (c) J. L. Lorenzo.
Alcatraz atlántico Morus bassanus e págalo grande Stercorarius skua. 26/07/2014. SW Galicia (c) J. L. Lorenzo.
Alcatraz atlántico Morus bassanus .26/07/2014. SW Galicia (c) J. L. Lorenzo.
Pardela balear Puffinus mauretanicus. 26/07/2014. SW Galicia (c) J. L. Lorenzo.

Paíño de Wilson Oceanites oceanicus. 26/07/2014. SW Galicia (c) J. L. Lorenzo.

Mascato Morus bassanus. 26/07/2014. SW Galiza (c) Xosé L. Fernández Carnero.
Mascato Morus bassanus. 26/07/2014. SW Galiza (c) Xosé L. Fernández Carnero.
Corvos mariños cristados Phalacrocorax aristotelis. 26/07/2014. SW Galiza (c) Xoán Diéguez.

Furabuchos balear Puffinus mauretanicus. 26/07/2014. SW Galiza (c) C.D. Romay.

Furabuchos balear Puffinus mauretanicus. 26/07/2014. SW Galiza (c) Xoán Diéguez.
Furabuchos balear Puffinus mauretanicus. 26/07/2014. SW Galiza (c) C.D. Romay.

Furabuchos balear Puffinus mauretanicus. 26/07/2014. SW Galiza. (C) X. L. Fernández Carnero.
Furabuchos balear Puffinus mauretanicus. 26/07/2014. SW Galiza. (C) X. L. Fernández Carnero.

Furabuchos balear Puffinus mauretanicus. 26/07/2014. SW Galiza (c) Atocha Ramos.
Furabuchos balear Puffinus mauretanicus. 26/07/2014. SW Galiza (c) Atocha Ramos.
Furabuchos balear Puffinus mauretanicus e gaivota patiamarela Larus michahellis. 26/07/2014. SW Galiza (c) Atocha Ramos.
Furabuchos balear Puffinus mauretanicus. 26/07/2014. SW Galiza (c) Xoán Diéguez.
Furabuchos balear Puffinus mauretanicus. 26/07/2014. SW Galiza (c) Xoán Diéguez.

Furabuchos balear Puffinus mauretanicus. 26/07/2014. SW Galiza. (C) X. L. Fernández Carnero.

Paíño de Wilson Oceanites oceanicus. 26/07/2014. SW Galiza (c) C.D. Romay.

Paíño de Wilson Oceanites oceanicus. 26/07/2014. SW Galiza (c) Xoán Diéguez.

Palleira grande Stercorarius skua. 26/07/2014. SW Galiza (c) Xosé Luis Fernández Carnero.
Palleira grande Stercorarius skua. 26/07/2014. SW Galiza (c) C.D. Romay.
Palleira grande Stercorarius skua. 26/07/2014. SW Galiza (c) Xoán Diéguez.
Golfiño común Delphinus delphis. 26/07/2014. SW Galiza (c) Xoán Diéguez.

Golfiño común Delphinus delphis. 26/07/2014. SW Galiza (c) Atocha Ramos.

Peixe roda Mola mola. 26/07/2014. SW Galiza (c) Atocha Ramos.
Peixe roda Mola mola. 26/07/2014. SW Galiza (c) C.D. Romay.