Nesta primeira saída do mes de xullo, partimos
do porto do Grove moi cedo animados polas boas previsions meteorolóxicas. En toda a travesía houbo boa visibilidade e as temperaturas altas, pero aliviadas polo vento do NE.
Saíndo do porto vimos un bandiño de cirrios comúns e mentras navegábamos pola ría de Arousa cara á súa bocana, observamos nas bateas de
mexillón gaivotas patiamarelas, corvos mariños cristados, gaivotón,
gaivotas cabecinegras, choronas e un falcón peregrino cruzando a ría.
Os furabuchos baleares chegaron pronto e poidemos disfrutar das suas inmersións preto do barco. Un grupo de golfiños tambén viaxou con nós na proa, pero xa no mar aberto.
Pasada a bocana e deixando atrás a illa de Sálvora achegáronse as palleiras grandes, os mascatos, unha pardela escura,
varios caráns cristados e máis furabuchos baleares. No 'chum' sumaríamos un paíño de Wilson e un peixe roda.
De volta, xa na ría, un solitario arroaz.
A continuación detállase a lista de especies, coas mellores observacións en grosa e números aproximados en cursiva:
SEABIRDS GALICIA | 26/07/2014 | ||
Nome científico | Nome galego | N | |
Puffinus mauretanicus | Furabuchos balear | 65 | |
Puffinus griseus | Pardela escura | 2 | |
Oceanites oceanicus | Paíño de Wilson | 1 | |
Phalacrocorax carbo | Corvo mariño grande | 6 | |
Phalacrocorax aristotelis | Corvo mariño cristado | 231 | |
Morus bassanus | Mascato | 21 | |
Stercorarius skua | Palleira grande | 3 | |
Larus melanocephalus | Gaivota cabecinegra | 5 | |
Chroicocephalus ridibundus | Gaivota chorona | 2 | |
Larus michahellis | Gaivota patiamarela | 1062 | |
Larus fuscus | Gaivota escura | 9 | |
Larus marinus | Gaivotón | 3 | |
Sterna sandvicensis | Carrán cristado | 2 | |
Apus apus | Cirrio común | 10 | |
Falco peregrinus | Falcón peregrino | 1 | |
Delphinus delphis | Golfiño común | 24 | |
Tursiops truncatus | Arroaz | 1 | |
Mola mola | Peixe roda | 1 |
E algunhas fotografías (c) Xoán Diéguez, Xosé Luis Fernández Carnero, Cosme Damián Romay, Atocha Ramos e José Luís Lorenzo:
O patrón. 26/07/2014. SW Galicia (c) J. L. Lorenzo. |
Alguns participantes na peláxica. 26/07/2014. SW Galicia (c) J. L. Lorenzo. |
Alguns participantes na peláxica. 26/07/2014. SW Galicia (c) J. L. Lorenzo. |
Pescando. 26/07/2014. SW Galicia (c) J. L. Lorenzo. |
Alcatraz atlántico Morus bassanus e págalo grande Stercorarius skua. 26/07/2014. SW Galicia (c) J. L. Lorenzo. |
Alcatraz atlántico Morus bassanus .26/07/2014. SW Galicia (c) J. L. Lorenzo. |
Pardela balear Puffinus mauretanicus. 26/07/2014. SW Galicia (c) J. L. Lorenzo. |
Paíño de Wilson Oceanites oceanicus. 26/07/2014. SW Galicia (c) J. L. Lorenzo. |
Paíño de Wilson Oceanites oceanicus. 26/07/2014. SW Galicia (c) J. L. Lorenzo. |
|
Pardela balear Puffinus mauretanicus. 26/07/2014. SW Galicia (c) J. L. Lorenzo. |
Pardela balear Puffinus mauretanicus. 26/07/2014. SW Galicia (c) J. L. Lorenzo. |
Mascato Morus bassanus. 26/07/2014. SW Galiza (c) Xosé L. Fernández Carnero. |
|
Corvos mariños cristados Phalacrocorax aristotelis. 26/07/2014. SW Galiza (c) Xoán Diéguez. |
Furabuchos balear Puffinus mauretanicus. 26/07/2014. SW Galiza (c) C.D. Romay.
|
Furabuchos balear Puffinus mauretanicus. 26/07/2014. SW Galiza (c) C.D. Romay. |
|
|
Furabuchos balear Puffinus mauretanicus. 26/07/2014. SW Galiza (c) Atocha Ramos. |
Furabuchos balear Puffinus mauretanicus. 26/07/2014. SW Galiza (c) Atocha Ramos. |
Furabuchos balear Puffinus mauretanicus e gaivota patiamarela Larus michahellis. 26/07/2014. SW Galiza (c) Atocha Ramos. |
Furabuchos balear Puffinus mauretanicus. 26/07/2014. SW Galiza (c) Xoán Diéguez. |
Palleira grande Stercorarius skua. 26/07/2014. SW Galiza (c) C.D. Romay. |
Palleira grande Stercorarius skua. 26/07/2014. SW Galiza (c) Xoán Diéguez. |
Sem comentários:
Enviar um comentário