O sábado 21
de xuño, cun tempo primaveral, saímos do porto do Grove á hora habitual, 8:30 h.
Na ruta pola ría de Arousa vimos gabitas, corvos
mariños cristados, gaivotóns e gaivotas patiamarelas.
Unha vez pasado o arquipélago de Sálvora víronse pardelas,
como o furabuchos balear e a pardela cincenta, e tamén paíño pequeno, ademais de
mascatos, carráns comuns e dous fermosos carráns pequenos.
No tocante aos cetáceos, foron os arroaces e os
golfiños os que alegraron a xornada, e de peixes, os raros peixes roda.
A continuación detállase a lista de especies, coas mellores observacións en grosa e números aproximados en cursiva:
A continuación detállase a lista de especies, coas mellores observacións en grosa e números aproximados en cursiva:
LISTA DE ESPECIES: | ||
Nome científico | Nome galego | N |
Puffinus mauretanicus | Furabuchos balear | 6 |
Calonectris diomedea | Pardela cincenta | 1 |
Hydrobates pelagicus | Paíño pequeno | 1 |
Phalacrocorax aristotelis | Corvo mariño cristado | 50 |
Morus bassanus | Mascato | 86 |
Haematopus ostralegus | Gabita | 5 |
Larus michahellis | Gaivota patiamarela | 90 |
Larus marinus | Gaivotón | 2 |
Sterna hirundo | Carrán común | 2 |
Sternula albifrons | Carrán pequeno | 2 |
Delphinus delphis | Golfiño común | 3 |
Tursiops truncatus | Arroaz | 22 |
Mola mola | Peixe roda | 1 |
E algunhas fotografías, (c) Gustavo Ferreiro e Xoán Diéguez
Algúns participantes da saída. 21/06/2014, ao W da illa de Sálvora, SW Galiza (c) Gustavo Ferreiro |
Algúns participantes da saída. 21/06/2014, ría de Arousa, SW Galiza (c) Gustavo Ferreiro |
Algúns participantes da saída. 21/06/2014, illa de Sálvora, SW Galiza (c) Gustavo Ferreiro. |
Sem comentários:
Enviar um comentário