"Aves e mamíferos mariños no SW de Galiza, todo o ano. Unha experiencia didáctica e emocionante ao mellor prezo!"

quarta-feira, 21 de outubro de 2015

18/10/2015: Peláxica das baleas

Aínda as luces do porto da vila mariñeira seguían acendidas cando embarcamos no  antigo e belo barco de madeira.

Animados polo café "mañaneiro" comentabamos que podería depararnos o día. Non o sabiamos, pero confiabamos na xenerosidade do mar de Arousa.

Mentres navegabamos pola ría esquivando as cuadriculadas bateas en dirección ao piélago, xa se empezaron a divisar as distintas gaivotas, destacando as cabecinegras, corvos mariños cristados, carrans cristados, os primeiros mascatos do día e algunha garza real.
Unhas cantas millas máis aló do arquipélago de Sálvora, fixeron aparición os furabuchos baleares, as pardelas atlánticas e un paíño de Wilson, ademais de gaivotas escuras, patiamarelas, choronas, cabecinegras e  grupos de mascatos.
Máis mar dentro, chegaron do horizonte os paíños pequenos, as pardelas encapuchadas, escura, cincenta, carrans comuns e cristados, palleiras grandes e parásitas; e máis pardelas atlánticas, furabuchos baleares e mascatos, moitos mascatos. Os golfiños comúns  vímolos repartidos en varias mandas.

De regreso observamos cinco garzas reais, virapedras e un falcón peregrino preto do porto.
Antes de desembarcar, os mexillóns da ría e un bo albariño puxeron o broche de ouro a unha ruta peláxica un pouco movida na que paíños e mascatos de todas as idades foron os protagonistas do océano.

A continuación detallase a lista de especies, con mellores observacions en grosa:



E algunhas fotografías da xornada, (c) de Xan Diéguez.


Palleira  parásita Stercorarius parasiticus, (SW Galicia),  18/10/2015, (c) X. Diéguez.

Mascato Morus bassanus, (SW Galicia),  18/10/2015, (c) X. Diéguez.

Mascato Morus bassanus, (SW Galicia),  18/10/2015, (c) X. Diéguez.


Paíño pequeno Hidrobates pelagicus, (SW Galicia),  18/10/2015, (c) X. Diéguez.

Paíño pequeno Hidrobates pelagicus, (SW Galicia),  18/10/2015, (c) X. Diéguez.

Paíño de Wilson  Oceanites oceanicus, (SW Galicia),  18/10/2015, (c) X. Diéguez.

Pardela encapuchada Puffinus gravis, (SW Galicia),  18/10/2015, (c) X. Diéguez.

Carrán común Sterna hirundo, (SW Galicia),  18/10/2015, (c) X. Diéguez.