"Aves e mamíferos mariños no SW de Galiza, todo o ano. Unha experiencia didáctica e emocionante ao mellor prezo!"

Antes

Chegar ao Grove é doado desde as principais cidades de Galiza, a través da autoestrada AP-9 e da autovía AG-41 e vía de alta capacidade VG-4.1. Pica neste link tamén:
http://www.turgalicia.es/caratulas/caratula.asp?ctre=transporte&cidi=G&ctrem=transporte&menu=9 

O hotel pode ser reservado desde este link:
http://www.turismogrove.es/ga/onde_aloxarse/#sit

É moi importante considerar estes puntos antes de ir ao porto para embarcar:

· Equipamento. Trae os teus prismáticos e cámara. Serán moi útiles durante a viaxe. Unha guía de campo pode ser necesaria tamén.

· Comida. Prepara sandwiches ou bocadillos para a viaxe. Esta durará arredor de 7 h, desde as 8:00 ou 8:30 h da mañá ata a tarde.

· Auga. Trae suficiente agua.

· Roupa. Leva un abrigo cómodo, chuvasqueiro (de ser o caso) e unha toalla, incluso en mañás calmas de verán.

· Sol. Usa protector solar de un factor superior a 15.

· Mareo. Toma unha pílula contra o mareo despois da cea do día anterior e outra 30 min antes de comezar a viaxe. As pílulas de dimenhidrinato con cafeína son útiles e (a miúdo) moi efectivas.

· Seguridade. Presta moita atención ás indicacións de seguridade do patrón.

Boa viaxe!