"Aves e mamíferos mariños no SW de Galiza, todo o ano. Unha experiencia didáctica e emocionante ao mellor prezo!"

sexta-feira, 12 de dezembro de 2014

20/12/2014. Saída do Nadal - Baía da Lanzada

Ostreros euroasiáticos Haematopus ostralegus Ría de Arousa, SW Galicia (c) Xoán Diéguez.

Por motibos de axenda  do ”Chasula” a próxima saída da plataforma Seabirds Galicia realizarase o día 20/11/2014, partindo e regresando da mariña de Cabo de Cruz:  porto de  Cabo da Cruz, sito a N: 42º 36'  6" W: 08º 53'  3" (Boiro. A Coruña); por ese motivo e si o tempo acompaña realizaremos unha expedición que comprendera as 2 rutas de inverno:

1. Polo interior de ría de Arousa, onde podremos observas aves invernantes como os mergos cristados (Mergus serrator), e os mergullons  (Podiceps nigricollis), cuias concentracions son as mais abondosas de Galicia e de España. Nesta ruta  pódense  observar tamén mergullons cristados (Podiceps cristatus), pentumeiros (Melanitta nigra), limícolas, corvos mariños, cullereiros, garzas reais, garzotas ou gaivotas que descansan nas bateas.

2.  Na segunda ruta achegarémonos a baía da Lanzada, famosa pola sua concentración das fermosas mobellas (Gavia immer e Gavia arctica), así como carolos (Alca torda), pentumeiros (Melanitta nigra), carrans cristados (Sterna sandwicensis), mascatos (Morus bassanus) e algunha palleira grande  (Stercorarius skua).

Sin esquecernos dos arroaces tan abondosos nesta ría.

Animádevos a participar: seabirdsgalicia@gmail.com.

Alca Alca torda. Ría de Arousa, SW Galicia (c) X. L. Fernández Carnero.