Cullereiro (Platalea leucorodia), 14/12/2013,
Malveiras, ría de Arousa (SW de Galicia) (c) Juan Gómez Escariz
|
O vindeiro sábado 28 de febreiro estreamos
calendario. Retomamos as saídas en barco de Seabirds Galicia para observar aves
e mamiferos mariños.
Inaguramos o 2015 cunha ruta polo interior da ría
de Arousa, un dos lugares idóneos da nosa comunidade para a invernada de aves
acuáticas e mariñas.
Poderemos observar as especies habituais como
gaivotas cabecinegras, gaivotons, corvos
mariños cristados... e cullereiros, limícolas e ardeidos da costa ou das
bateas.
Tamén tentaremos observar carolos, pentumeiros, mergos
cristados, mergullons de pescozo negro, mergullons cristados ou mobellas
grandes, que teñen nesta ría unha das
mellores zonas costeiras onde pasar o inverno.
En canto a mamíferos mariños, na ría de Arousa os arroaces
non adoitan fallar.
¡Anímate a participar e goza da saída!
Sem comentários:
Enviar um comentário