Por causa das malas condicións
meteorolóxicas, a saída que tiñamos programada para o día 21 de Marzo, tivémola
que pospor para a seguinte semana. Este é o relato da xornada:
Partimos do porto grovense á
primeira hora da mañá, case de noite e esta vez un pouco adormecidos debido ao
“madrugón” polo cambio de hora.
Atravesamos o polígono mariño de
bateas de moluscos instalados na ría e xa puidemos deleitarnos coas aves máis
madrugadoras: corvos mariños grandes e cristados, gaivotas patiamarelas e escuras, carrans cristados e arroaces comúns.
Puxemos rumbo W até alcanzar
Sálvora, illa do Parque Nacional e preto desta observáronse os primeiros mascatos,
palleiras grandes e o primeiro arao papagaio.
Pasada a illa navegamos unhas
cantas millas cara ao interior do Atlántico, aos poucos aumentaban os mascatos,
observáronse outras 3 palleiras grandes, máis arroaces, outro arao papagaio e 1
álcido sp. de lonxe.
En torno ao “chum” déronse cita
bos números de gaivotas grandes, ademais de cabecinegras, carrans cristados, 8 palleiras
grandes, 1 palleiras parásita e 1 peixe roda.
Xa na viaxe de retorno apareceron
outros 2 araos papagaios, mais palleiras
grandes, e máis alcatraces, e xa no
interior da ría aumentaron os números con respecto á mañá de corvos mariños
cristados e de patiamarelas. Víronse ademáis arroaces, gaivotón atlántico,
gaivotas choronas e virapedras.
Os protagonistas foron os araos
papagaios, pero tamén as palleiras grandes.
A continuación detallase a lista de especies, con mellores observacions en grosa e números aproximados en cursiva:
E algunhas fotografías da xornada, (c) de Xoán Diéguez, J.L. Lorenzo e J. R. Martín.
Arao papagaio Fratercula arctica 29/03/2015. SW Galicia (c) X. Dieguez. |
Arao papagaio Fratercula arctica 29/03/2015. SW Galicia (c) X. Dieguez. |
Mascato Morus bassanus 29/03/2015. SW Galicia (c) X. Dieguez. |
Sem comentários:
Enviar um comentário