Ostreros euroasiáticos Haematopus ostralegus. Ría de Arousa, SW Galicia (c) Xoán Diéguez. |
Por motibos de axenda do ”Chasula” a próxima saída da plataforma
Seabirds Galicia realizarase o día 20/11/2014, partindo e regresando da mariña de Cabo de Cruz: porto de Cabo da
Cruz, sito a N: 42º 36' 6" W: 08º 53' 3" (Boiro. A Coruña); por ese motivo e si o
tempo acompaña realizaremos unha expedición que comprendera as 2 rutas de
inverno:
1. Polo interior de ría de Arousa,
onde podremos observas aves invernantes como os mergos cristados (Mergus serrator), e os mergullons (Podiceps
nigricollis), cuias concentracions son as mais abondosas de Galicia e de
España. Nesta ruta pódense
observar tamén mergullons
cristados (Podiceps cristatus), pentumeiros (Melanitta nigra), limícolas,
corvos mariños, cullereiros, garzas reais, garzotas ou gaivotas que descansan nas bateas.
2. Na segunda ruta achegarémonos a
baía da Lanzada, famosa pola sua concentración das fermosas mobellas (Gavia immer e Gavia arctica), así como
carolos (Alca torda), pentumeiros (Melanitta
nigra), carrans cristados
(Sterna sandwicensis), mascatos (Morus bassanus) e algunha palleira
grande (Stercorarius skua).
Sin esquecernos dos arroaces tan abondosos nesta ría.
Animádevos a participar: seabirdsgalicia@gmail.com.
. Alca Alca torda. Ría de Arousa, SW Galicia (c) X. L. Fernández Carnero. |
Sem comentários:
Enviar um comentário