Estaba a amencer cando o "Chasula" partiu da dársena do porto.
Pola ría, rumbo cara ao piélago, comezamos a observar gaivotas escuras, cabecinegras, choronas, gaivotons, garzas e garzotas, pilros comúns e tridáctilos, corvos pequenos, carrans cristados, corvos mariños cristados e grandes...
Unha vez pasada a illa de Sálvora e até as 6 millas naúticas voaban grandes grupos de mascatos de todas as idades que se aproximaban ao barco e enormes bandos de gaivotas patiamarelas que daban cor e vida ao monótono azul.
Aquí achegáronse tamén ao frenesí do "chum" as pardelas: furabuchos balear, pardela encapuchada, escura, cincenta e atlántica e as palleiras: grande, pomarina e parásita e algún paíño pequeno.
No último punto do recorrido os mascatos continuaban pasando, un bando de picas sobrevoaron as nosas cabezas e uns 70 golfiños comúns estiveron a xogar, interactuando co barco e mesmo unha parella chegou a copular e isto durante case unha hora.
Localizáronse ademais algúns arroaces e 2 peixes roda.
¡Foi un día inesquecible!
A continuación detallase a lista de especies, con mellores observacions en grosa e números aproximados en cursiva:
| Nome
científico |
Nome galego |
TOTAL |
| Puffinus
puffinus |
Furabuchos atlántico |
2 |
| Calonectris
diomedea |
Pardela cincenta |
4 |
| Puffinus
gravis |
Pardela encapuchada |
38 |
| Puffinus
mauretanicus |
Furabuchos balear |
25 |
| Puffinus
griseus |
Pardela escura |
9 |
| Hydrobates
pelagicus |
Paíño pequeno |
5 |
| Hydrobatidae |
Paíño non identificado |
1 |
| Phalacrocorax carbo |
Corvo mariño grande |
20 |
| Phalacrocorax aristotelis |
Corvo mariño cristado |
687 |
| Morus bassanus |
Mascato |
651 |
| Ardea cinerea |
Garza real |
5 |
| Egretta garzetta |
Garzota |
8 |
| Calidris alba |
Pilro tridáctilo |
25 |
| Calidris alpina |
Pilro común |
8 |
| Stercorarius skua |
Palleira grande |
16 |
| Stercorarius pomarinus |
Palleira pomarina |
3 |
| Stercorarius
parasiticus |
Palleira parasita |
2 |
| Larus melanocephalus |
Gaivota cabecinegra |
155 |
| Larus ridibundus |
Gaivota chorona |
81 |
| Larus michahellis |
Gaivota patiamarela |
2859 |
| Larus fuscus |
Gaivota escura |
89 |
| Larus marinus |
Gaivotón |
6 |
| Sterna hirundo |
Carrán común |
4 |
| Sterna sandvicensis |
Carrán patinegro |
8 |
| Anthus sp. |
Pica non identificada |
12 |
| Motacilla alba |
Lavandeira branca |
1 |
| Corvus corone |
Corvo pequeño |
5 |
|
|
|
| Delphinus delphis |
Golfiño común |
77 |
| Tursius
truncatus |
Arroaz |
14 |
|
|
|
| Mola mola |
|
2 |
E algunhas fotografías da xornada, (c) de
Xoán Diéguez, X. L. Fernandez Carnero,
Stefán Aki Ragnarsson e Ransés Perez:
 |
| Chasula. 11/10/2014. SW Galicia (c) R. Perez. |
 |
| Pardela encapuchada Puffinus gravis. 11/10/2014. SW Galicia (c) X. Dieguez. |
 |
| Mascato Morus bassanus. 11/10/2014. SW Galicia (c) X. Dieguez. |
 |
| Mascatos Morus bassanus. 11/10/2014. SW Galicia (c) X. Dieguez. |
 |
| Mascatos Morus bassanus. 11/10/2014. SW Galicia (c) X. Dieguez. |
 |
| Mascato Morus bassanus. 11/10/2014. SW Galicia (c) X. Dieguez. |
 |
| Gaivotón Larus marinus. 11/10/2014. SW Galicia (c) X. Dieguez. |
Sem comentários:
Enviar um comentário