Balea alibranca (Balaenoptera acutorostrata), (SW Galiza) (c) Xoán Diéguez Vázquez. |
O vindeiro sábado 15 de Agosto realizaremos outra ruta no barco "Chasula" cara á zona peláxica do canón de Arousa, para observar aves mariñas que non se achegan a costa e mamíferos mariños.
Tentaremos divisar furabuchos baleares, parleas cincentas, furabuchos atlánticos, pardelas escuras, palleiras grandes, parásitas e pomarinas, paíños, mascatos e carrans. Ademais de aves costeiras que se alimentan das ricas augas que lles ofrece esta ría Baixa e tamén arroaces e golfiños.
Non perdemos a esperanza, como outros anos por estas datas, de ver gaivotas de Sabine e ¡balea alibranca!
Si queres vivir esta experiencia, envíanos un correo para recibir máis información.
Sem comentários:
Enviar um comentário