Como sempre partimos do porto Meco as oito da mañá mentres tomabamos o agradecido café con madalenas.
Nada máis dobrar o espigón, a primeira gaivota cabecinegra e un pouco máis adiante, arroaces facendo saltos espectaculares fose da auga.
O mar estaba en calma, presaxiábase un bo día de paxareo.
No traxecto pola ría cara ao noso destino vimos descansando sobre as cordas dunha batea de mexillón unha xoia galega: un impoñente gaivotón nado en Arousa.
Sobre o seu tarso dereito portaba anela verde con díxitos ZCJM. Foi anelado como pito o 3 de Xullo de de 2013 no illote Guidoiro Pedregoso e é dos poucos gaivotons nados en España e dos primeiros anelados na Península Ibérica.
Como curiosidade tamén observamos sobre outro rolo de cordas de batea un niño de gaivota patiamarela con 2 pitos.
Ademais destas aves disfrutamos de corvos mariños cristados, mascatos e os primeiros furabuchos baleares.
Máis aló da illa de Sálvora abundaban os mascatos, o 90% inmaduros, tamén pardelas cincentas, encapuchada e escura, palleiras grandes e parásita, carrans comúns e pilros comúns en migración.
Pronto, na viaxe de volta porque o mar estaba un pouco revoltoso e non nos permitiu afastarnos da costa tanto como desexabamos, achegámonos ao arquipélago de Sagres, onde vimos grandes balsas de corvos mariños cristados e no medio, grupiños de furabuchos baleares alimentándose, ademais de carrans patinegros, moitas patiamarelas con niños, máis g
aivotons, máis arroaces, gaivotas choronas e cabecinegras.
aivotons, máis arroaces, gaivotas choronas e cabecinegras.
De peixes: un peixe roda.
¡O atlántico e as súas aves nunca nos decepcionan!
A continuación detallase a lista de especies, con mellores observacions en grosa e números aproximados en cursiva:
E algunhas fotografías da xornada, (c) de J. L. F. Carnero.
A continuación detallase a lista de especies, con mellores observacions en grosa e números aproximados en cursiva:
E algunhas fotografías da xornada, (c) de J. L. F. Carnero.
18/07/2015 (SW Galicia) (c) Xosé Luis Fernández Carnero. |
Sem comentários:
Enviar um comentário