Facía frío
cando partimos pero o día parecía saír asollado.
Despois de
avanzar pola ría houbo un problema técnico que nos obrigou a regresar ao porto.
Unha vez
reparado o barco, volvemos saír e agora con máis ganas que antes.
Aínda que
non observamos a cantidade de aves do día 12 se setembro, si houbo variedade de
especies, pois no traxecto pola ría non faltaron os corvos mariños cistados ou
grandes, nin as gaivotas patiamarelas, choronas, escuras, cabecinegras e gaivotons, algunha limícola e garzas reais descansando
nas bateas.
Xa
avanzadas varias millas apareceron os mascatos, as pardelas cincentas, os furabuchos baleares, as
pardelas escuras, encapuchadas e atlánticas, as palleiras todas menos as rabilongas
e aínda que esta vez non se viron paíños, foron substituídos polos delicados
falaropos. Ademais de observar 6 gaivotas de Sabine, carrans común, cristados, etc.
En canto a
cetáceos: arroaces, golfiños comúns e un bonito grupo de golfiños grises
fixeron a sua presenza.
Destacar
tamén 1 folosa amerela que se parou a descansar na varanda do barco
durante un intre.
A continuación detallase a lista de especies, con mellores observacions en grosa:
E algunhas fotografías da xornada, (c) de X. V. Pumariño.
 |
Mascato Morus bassanus, (SW Galicia), 18/9/2015, (c) X. V. Pumariño. |
 |
Pardela encapuchada Puffinus gravis, (SW Galicia), 18/9/2015, (c) X. V. Pumariño. |
 |
Corvos mariños cristados Phalacrocorax aristotelis, (SW Galicia), 18/9/2015, (c) X. V. Pumariño. |
 |
Corvos mariños cristados Phalacrocorax aristotelis, (SW Galicia), 18/9/2015, (c) X. V. Pumariño.
|
 |
Corvo mariño cristado Phalacrocorax aristotelis, (SW Galicia), 18/9/2015, (c) X. V. Pumariño. |
 |
Arroaz boto Grampus griseus, (SW Galicia), 18/9/2015, (c) X. V. Pumariño.
|
 |
Arroaz boto Grampus griseus, (SW Galicia), 18/9/2015, (c) X. V. Pumariño.
|
Sem comentários:
Enviar um comentário