Hoxe, 8 de setembro de 2012, realizouse unha nova saída peláxica da plataforma Seabirds Galicia. Saíuse do porto do Grove de boa mañá a bordo do "Chasula", cunha incómoda néboa como benvida. O ánimo tanto da tripulación como dos 11 participantes mellorou conforme pasaban as horas, a medida que o ceo quedaba máis limpo e o barco íase achegando aos puntos establecidos mar afóra. O mar estaba en bo estado.
Eis aquí a lista de especies observadas (mellores observacións en
negriña, números aproximados en
cursiva):
AVES
Asubión (
Anas penelope): 2. Primeiro rexistro para as peláxicas organizadas por Seabirds Galicia!
Lavanco (
Anas platyrhynchos): 1.
Pardela cincenta (
Calonectris diomedea): 23.
Pardela encapuchada (
Puffinus gravis): 30.
Pardela escura (
Puffinus griseus): 10.
Furabuchos balear (
Puffinus mauretanicus): 11.
Furabuchos (
Puffinus puffinus): 1.
Paíño de Wilson (
Oceanites oceanicus): 1.
Paíño pequeno (
Hydrobates pelagicus): 10.
Mascato (
Morus bassanus): 44.
Corvo mariño cristado (
Phalacrocorax aristotelis): 115.
Corvo mariño grande (
Phalacrocorax carbo): 2.
Garza real (
Ardea cinerea): 3.
Garzota (
Egretta garzetta): 2.
Píllara real (
Charadrius hiaticula): 1.
Pilro tridáctilo (
Calidris alba): 5.
Virapedras (
Arenaria interpres): 8.
Bilurico das rochas (
Actitis hypoleucos): 2.
Palleira grande (
Stercorarius skua): 6.
Palleira pomarina (
Stercorarius pomarinus): 4.
Palleira parasita (
Stercorarius parasiticus): 10.
Palleira rabilonga (
Stercorarius longicaudus): 1, distante, vista só por dous observadores. Segunda cita para as peláxicas organizadas por Seabirds Galicia.
Gaivota cabecinegra (
Larus melanocephalus): 10.
Gaivota chorona (
Larus ridibundus): 13.
Gaivota de Sabine (
Xema sabini): 22+ (ao menos 47 contactos, con individuos "duplicados"), incluíndo adultos (plumaxe nupcial e non nupcial) e xuvenís. Segunda cita para Seabirds Galicia, e maior número de aves involucrado.
Gaivota patiamarela (
Larus michahellis):
165.
Gaivota escura (
Larus fuscus): 419.
Gaivotón (
Larus marinus): 10.
Carrán cristado (
Sterna sandvicensis): 28.
Carrán común (
Sterna hirundo): 16.
Carrán ártico (
Sterna paradisaea): 1. Segundo rexistro da especie nas viaxes peláxicas do "Chasula".
Gaivina negra (
Chlidonias niger): 2. Primeira cita para Seabirds Galicia!
Andoriña (
Hirundo rustica): 2.
Rabirrubio (
Phoenicurus ochruros): 1.
Corvo pequeno (
Corvus corone): 3.
MAMÍFEROS:
Arroaz (
Tursiops truncatus): 1.
Golfiño (
Delphinus delphis):
60.
Toniña (
Phocoena phocoena): 3 individuos observados. Primeiro rexistro da especie para Seabirds Galicia.
PEIXES:
Peixe roda (
Mola mola): 1.
Quenlla (
Prionace glauca): 2.
E algunhas fotos:
 |
| O "Chasula", pola mañá cedo. (c) Jesús Menéndez. |
 |
| Golfiños na néboa. (c) Manolo Carregal |
 |
| Dous carráns comúns arredor do barco. (c) Manolo Carregal |
 |
| O almorzo dos paíños: aceite de oliva con tripas de peixe. (c) Manolo Carregal |
 |
| A primeira pardela encapuchada en escea. (c) Manolo Carregal |
 |
| Pardela encapuchada. (c) Manolo Carregal |
 |
| Fotografía en voo de pardela encapuchada (unha fermosa ave mariña, en verdade). (c) Manolo Carregal |
 |
| Pardela escura. (c) Manolo Carregal |
 |
| Gaivota de Sabine en muda lucíndose! (c) Jesús Menéndez |
 |
| Gaivota de Sabine. (c) Jesús Menéndez |
 |
| Dous adultos e un xuvenil (arriba á dereita) de gaivota de Sabine. (c) Manolo Carregal |
 |
| Fermoso grupo de gaivotas de Sabine (diferentes estadíos de muda). (c) Manolo Carregal |
 |
| Xuvenil de gaivota de Sabine. (c) Jesús Menéndez |
 |
| O mesmo individuo, máis preto. (c) Manolo Carregal |
 |
| Palleira parasita, morfo escuro. (c) Manolo Carregal |
 |
| Palleira grande (arriba á esquerda), con gaivotas escuras. (c) Manolo Carregal |