Hoxe, 10 de setembro de 2012, Seabirds Galicia cumpre un ano da súa primeira andadura peláxica. Aquela foi unha saída non de todo satisfactoria, pola mar inesperadamente brava, que nos impediu sobrepasar o arquipélago de Sagres (información
aquí). Con todo, as posteriores peláxicas realizáronse de xeito completo e satisfactorio ata finais de outubro, con algunha sorpresa (ver
aquí). Tras un produtivo percorrido polo interior da ría de Arousa en decembro (clicar
aquí), reanudáronse as peláxicas en febreiro, continuándose ata xuño. A mala mar impediu a realización de saídas peláxicas en xullo e agosto, ata que o pasado sábado 8 de setembro materializouse a primeira excursión da pasaxe posnupcial, con notable éxito (ver
aquí).
Para conmemorar este aniversario, estase a elaborar un material especial, que confiamos estea listo xa para a saída do día 22 de setembro, por certo, xa completa.
Grazas a todos por confiar nesta plataforma.
|
Isidro, o patrón do "Chasula" [foto (c) Jesús Menéndez] |
Sem comentários:
Enviar um comentário