"Aves e mamíferos mariños no SW de Galiza, todo o ano. Unha experiencia didáctica e emocionante ao mellor prezo!"

sábado, 8 de setembro de 2012

8 de setembro de 2012 - portáronse as Sabines

Hoxe, 8 de setembro de 2012, realizouse unha nova saída peláxica da plataforma Seabirds Galicia. Saíuse do porto do Grove de boa mañá a bordo do "Chasula", cunha incómoda néboa como benvida. O ánimo tanto da tripulación como dos 11 participantes mellorou conforme pasaban as horas, a medida que o ceo quedaba máis limpo e o barco íase achegando aos puntos establecidos mar afóra. O mar estaba en bo estado.

Eis aquí a lista de especies observadas (mellores observacións en negriña, números aproximados en cursiva):

AVES
Asubión (Anas penelope): 2. Primeiro rexistro para as peláxicas organizadas por Seabirds Galicia!
Lavanco (Anas platyrhynchos): 1.
Pardela cincenta (Calonectris diomedea): 23.
Pardela encapuchada (Puffinus gravis): 30.
Pardela escura (Puffinus griseus): 10.
Furabuchos balear (Puffinus mauretanicus): 11.
Furabuchos (Puffinus puffinus): 1.
Paíño de Wilson (Oceanites oceanicus): 1.
Paíño pequeno (Hydrobates pelagicus): 10.
Mascato (Morus bassanus): 44.
Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis): 115.
Corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo): 2.
Garza real (Ardea cinerea): 3.
Garzota (Egretta garzetta): 2.
Píllara real (Charadrius hiaticula): 1.
Pilro tridáctilo (Calidris alba): 5.
Virapedras (Arenaria interpres): 8.
Bilurico das rochas (Actitis hypoleucos): 2.
Palleira grande (Stercorarius skua): 6.
Palleira pomarina (Stercorarius pomarinus): 4.
Palleira parasita (Stercorarius parasiticus): 10.
Palleira rabilonga (Stercorarius longicaudus): 1, distante, vista só por dous observadores. Segunda cita para as peláxicas organizadas por Seabirds Galicia.
Gaivota cabecinegra (Larus melanocephalus): 10.
Gaivota chorona (Larus ridibundus): 13.
Gaivota de Sabine (Xema sabini): 22+ (ao menos 47 contactos, con individuos "duplicados"), incluíndo adultos (plumaxe nupcial e non nupcial) e xuvenís. Segunda cita para Seabirds Galicia, e maior número de aves involucrado.
Gaivota patiamarela (Larus michahellis): 165.
Gaivota escura (Larus fuscus): 419.
Gaivotón (Larus marinus): 10.
Carrán cristado (Sterna sandvicensis): 28.
Carrán común (Sterna hirundo): 16.
Carrán ártico (Sterna paradisaea): 1. Segundo rexistro da especie nas viaxes peláxicas do "Chasula".
Gaivina negra (Chlidonias niger): 2. Primeira cita para Seabirds Galicia!
Andoriña (Hirundo rustica): 2.
Rabirrubio (Phoenicurus ochruros): 1.
Corvo pequeno (Corvus corone): 3.

MAMÍFEROS:
Arroaz (Tursiops truncatus): 1.
Golfiño (Delphinus delphis): 60.
Toniña (Phocoena phocoena): 3 individuos observados. Primeiro rexistro da especie para Seabirds Galicia.

PEIXES:
Peixe roda (Mola mola): 1.
Quenlla (Prionace glauca): 2.

E algunhas fotos:
O "Chasula", pola mañá cedo. (c) Jesús Menéndez.

Golfiños na néboa. (c) Manolo Carregal

Dous carráns comúns arredor do barco. (c) Manolo Carregal

O almorzo dos paíños: aceite de oliva con tripas de peixe. (c) Manolo Carregal

A primeira pardela encapuchada en escea. (c) Manolo Carregal

Pardela encapuchada. (c) Manolo Carregal

Fotografía en voo de pardela encapuchada (unha fermosa ave mariña, en verdade). (c) Manolo Carregal

Pardela escura. (c) Manolo Carregal

Gaivota de Sabine en muda lucíndose! (c) Jesús Menéndez

Gaivota de Sabine. (c) Jesús Menéndez

Dous adultos e un xuvenil (arriba á dereita) de gaivota de Sabine. (c) Manolo Carregal

Fermoso grupo de gaivotas de Sabine (diferentes estadíos de muda). (c) Manolo Carregal

Xuvenil de gaivota de Sabine. (c) Jesús Menéndez

O mesmo individuo, máis preto. (c) Manolo Carregal

Palleira parasita, morfo escuro. (c) Manolo Carregal

Palleira grande (arriba á esquerda), con gaivotas escuras. (c) Manolo Carregal

Sem comentários:

Enviar um comentário