"Aves e mamíferos mariños no SW de Galiza, todo o ano. Unha experiencia didáctica e emocionante ao mellor prezo!"

segunda-feira, 2 de julho de 2012

Peláxicas para setembro e outubro 2012

As seguintes saídas peláxicas están xa programadas para setembro e outubro, aínda que dependerán finalmente das condicións do mar e do tempo:

- Sábado 22 de setembro (COMPLETA). Seabirds Galicia cumpre 1 ano e o mellor agasallo de aniversario sería un bo número de paíños, palleiras, carráns, pardelas e cetáceos. É unha boa época para ver pardelas encapuchadas (Puffinus gravis) e bos números de pardelas baleares (P. mauretanicus).

- Sábado 13 de outubro (9 prazas dispoñibles). Se se repiten as circunstancias e a pasaxe de hai un ano (ver aquí), poderíanse ver paíños de Wilson e pardelas encapuchadas.

Oceanodroma castro en outubro de 2011 (c) Xoán Diéguez.

16 xuño 2012 - a media saída - fotos

O sábado 16 de xuño tentamos realizar unha saída peláxica a bordo do 'Chasula', se ben o mar de fondo (ondas de 2,5 m, período de 8 s) fíxonos case imposible avanzar alén das 1,5 millas ao NW da illa de Sálvora. A pesar disto, logrouse avistar as primeiras pardelas cincentas (Calonectris diomedea) do 2012 para Seabirds Galicia e unha moi temperá pardela escura (Puffinus griseus), fotografada a pracer preto das illas Sagres. Tamén subliñar 3 arroaces (Tursiops truncatus) preto de Cambados e presenza estival de virapedras (Arenaria interpres), corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo) e gaivota escura (Larus fuscus), estas últimas quizais individuos reprodutores do arquipélago de Sálvora.

Contabilizáronse 13 especies de aves e 1 mamífero mariño (ofrécense números mínimos, en cursiva cifras aproximadas, en negrita, avistamentos destacables):

Arenaria interpres2

Calidris alpina 2
Calonectris diomedea 7
Corvus sp. 2
Larus fuscus 2
Larus michahellis 647
Morus bassanus 10
Passer domesticus 1
Phalacrocorax carbo 1
Phalacrocorax aristotelis 49
Puffinus griseus 1
Puffinus mauretanicus 35


Tursiops truncatus 3

Primeiro unha breve crónica:
          
Cosme Damián Romay, Atocha Ramos, Xoán Diéguez e Xosé Luis Fernández (c) Intramar, S. L. 16/06/2012
"Ás 8:10 h saímos do porto do Grove e avistamos na canle de Cambados arroaces (Tursiops truncatus) que non se exhibiron como en outras ocasións, mostrando un comportamento esquivo, e emprendemos ruta cara ao exterior da ría de Arousa. Como era de esperar, despois do forte vento do día anterior e do cambio de dirección deste, as ondas de curto periodo e que acadaban os 2,5 m viñan en todas as direccións. Apesares de todo largamos "chum" a 1,5 millas ao SW da illa de Sálvora ás 10:10 h, observando pardelas baleares (Puffinus mauretanicus), corvos mariños cristados (Phalacrocorax aristotelis), mascatos (Morus bassanus) e gaivotas patiamarelas (Larus michahellis). Dadas as condicións de incomodidade decidimos regresar ao interior da ría e, próximos ao illote de Noro, fóra das augas do parque nacional das Illas Atlánticas, largamos un pouco de engado, acudindo algunha pardela e gaivotas patiamarelas, que permitiron sacar algunhas fotos interesantes. Despois, xa restablecidos, voltamos ao exterior pola canle interior de Sálvora (excepcionalmente fermosa e chea de lendas para relatar). Ás 12:00 h, e a 1,5 millas das augas do parque nacional, ao NW de Sálvora, e coa mar bastante máis tranquila, largamos o "chum" que nos quedaba, acudindo pardelas baleares e cincentas (Calonectris diomedea) e unha pardela escura (Puffinus griseus). De novo na ría, ao pé do illote de Noro, demos boa conta das navallas e cachelos (patacas proporcionadas por Martín "Peixe", cultivadas por este de xeito ecolóxico; excepcionais polo seu sabor e textura), así como duns pataguillóns (sardiñas en lata), despois do cales regresamos a porto ás 15:00 h".

E unhas fotos, todas (c) Xosé Luis Fernández Carnero, agás a derradeira, que é (c) C. D. Romay Cousido:

Pardela balear (Puffinus mauretanicus) (c) X. L. Fernández Carnero
Gaivota patiamarela (Larus michahellis) no chum (c) X. L. Fernández Carnero

Gaivota patiamarela (c) X. L. Fernández Carnero

Mascato (Morus bassanus) inmaturo (c) X. L. Fernández Carnero

Pardela escura (Puffinus griseus) (c) X. L. Fernández Carnero

Pardela escura levantando voo (c) X. L. Fernández Carnero

Pardela escura (esquerda) con gaivotas patiamarelas (c) X. L. Fernández Carnero

Pardela escura no medio de gaivotas patiamarelas (c) X. L. Fernández Carnero
Observadores a bordo do "Chasula"; ao fondo, Sálvora (c) C. D. Romay Cousido

terça-feira, 22 de maio de 2012

12 maio 2012 - algunhas fotos

Hydrobates pelagicus, canón de Arousa, 12/5/2012 (c) X. L. Fernández Carnero

Hydrobates pelagicus, canón de Arousa, 12/5/2012 (c) X. L. Fernández Carnero
Stercorarius skua, canón de Arousa, 12/5/2012 (c) X. L. Fernández Carnero

Máis fotos e un resumo completo da saída proximamente.

domingo, 13 de maio de 2012

Novas fotos

Mentras poñemos ó día os datos e as fotos da última saída realizada o pasado sábado 12 de maio, subimos algunhas fotos que non foron publicadas da saída que fixemos o 24 de marzo.
Os autores das fotos son: Stefán Áki Ragnarsson, Xoán Diéguez Vázquez e Xosé Luis Fernández Carnero ós que dende aquí agradecemos, así como a todos os que cederon as súas imaxes, a súa desinteresada e fundamental colaboración nas publicacións que realizamos no blog.

Corvo mariño cristado ( Phalacrocorax aristotelis) Xosé Luis Fernández Carnero (c)

Arao romeiro ( Alca torda) Stefán Áki Ragnarsson (c)

Arao romeiro ( Alca torda) Xoán  Diéguez Vázquez (c)
Arao romeiro ( Alca torda) Stefán Áki Ragnarsson (c)

Arao dos cons ( Uria aalge) Stefán Áki Ragnarsson (c)

Arao dos cons ( Uria aalge) Xoán Diéguez Vázquez (c)


Mascato ( Morus Bassanus) Stefán Áki Ragnarsson (c)


Palleira grande ( Stercorarius skua) Xoán Diéguez Vázquez (c)

Arroaz ( Turpsiops truncatus) Xoán Diéguez Vázquez (c)

Arroaz ( Tursiops truncatus) Stefán Áki Ragnarsson (c)

Arroaz boto ( Grampus griseus) Xosé Luis Fernández Carnero (c)

sexta-feira, 30 de março de 2012

Saída do 24 de marzo. Aves e delfínidos


Arroaz boto ( Grampus griseus) Xosé Luis Fernández Carnero (c)
A saída peláxica partiu do porto do Grove ás 8:30 h oficial, con seis pasaxeiros e a tripulación. Aos poucos minutos de percorrido, localizamos un grupo de arroaces (estimados finalmente en 15-20 exemplares) que deseguida se achegaron ao barco, permitindo obter excelentes fotografías. Posteriormente, o "Chasula" seguiu rumbo ao W pasando preto de Rons, Porto Meloxo, A Mexilloeira e OCarreiro, con observacións de ata 65 corvos mariños cristados, ademais de gaivotón, corvo mariño grande e números moderados de gaivotas. Xa na bocana da ría, e xusto antes de superar a punta sur de Sálvora, contabilizamos un arao dos cons, un carolo, catro carráns cristados e 11 mascatos.

Tras superar Sálvora, avanzamos cara ao WSW ata as 9 millas náuticas ao W da illa de Onza, onde fixemos a primeira parada para lanzar o chum conxelado. No percorrido ata as 9 millas logramos ver dous araos atlánticos, dous araos, ata 19 carolos (moitas deles migrando ao N), 149 mascatos (case todos adultos, migrando ao N) e números sorprendentemente discretos de gaivotas. A destacar, avistouse o primeiro carrán común do ano, contabilizáronse sete peixes roda (dispersos), un corvo mariño cristado fixo acto de presenza a unhas 7 millas o W da illa de Ons(moi afastado da súa zona habitual) e, como un dos avistamentos máis destacados da xornada, dous arroaces botos (un deles un vello adulto, con aspecto abrancazado, densamente rabuñado) e catro (ou cinco) golfiños comúns permitiron gozar á pasaxe de breves pero intensas observacións a curta distancia destes cetáceos.

Ao primeiro chum tan só se achegaron unhas 40 gaivotas patiamarelas e unhas 30 sombrías, ademais dunha gaivota cabecinegra e tres mascatos. Só cando partimos deste punto rumbo á liña das 12 millas, unha palleira grande fixo acto de presenza, ademais de observarse un carolo en migración.

Ata as 12 millas o número de gaivotas aumentou e avistáronse exemplares illados de arao papagaio, arao, gaivota cabecinegra e peixe roda, ademais de cinco mascatos.

No segundo e definitivo chum, non lonxe de dous arrastreiros que faenaban a unhas 13 millas ao W da illa de Ons, destacaron catro palleiras grandes (tres delas preto do barco e outra algo afastada), dous peixes roda, unhas 170 gaivotas (unha delas con argola amarela, probablemente unha patiamarela do P. Nac. das Illas Atlánticas de Galicia) e oito mascatos que pescudaron uns segundos arredor do macizo conxelado.

Tras permanecer arredor do chum máis de media hora, e sen perspectivas de avistar máis especies, comezamos o regreso a porto, observando ata a illa de Sálvora tres novos araos (un deles moi tranquilo, pretiño do "Chasula"), dous araos, catro carolos, catro pentumeiros (femias), dous peixes roda e números discretos de mascatos e gaivotas.

"Dobrada" xa a punta sur de Sálvora, anotamos un novo arao e un págao grande e, xa na zona de bateas da ría (polígonos próximos á península do Grove) víronse algunhas especies "extra" como lavanco, gabita, bilurico das rochas, andoriña común e lavandeira branca, culminando a xornada cun novo avistamento de tres arroaces ao W de Virxe dás Mareas.

Co bo sabor de boca dos cetáceos observados, así como dos sete araos papagaios, doce peixes roda, oito palleiras grandes, araos, carolos e carráns, desembarcamos ás 16:00 h no porto do Grove, xa coa mente posta nas próximas expedicións de primavera de Seabirds Galicia.

O reconto de individuos por especie foi o seguinte:
   
Lavanco ( Anas platyrhynchos)    3     
Pentumeiro  ( Melanitta nigra)  4     
Corvo mariño grande ( Phalacrocorax carbo)  9     
Corvo mariño cristado ( Phalacrocorax aristotelis)   86     
Mascato ( Morus bassanus)    186     
Garzota ( Egretta garzetta)   2     
Gabita ( Haematopus ostralegus)   1     
Bilurico das rochas ( Actitis hypoleucos)    1     
Virapedras  ( Arenaria interpres)  8     
Palleira grande  ( Stercorarius skua)  8     
Gaivota cabecinegra ( Larus melanocephalus)  8     
Gaivota chorona ( Larus ridibundus)    10     
Gaivota patiamarela ( Larus michahellis)    200     
Gaivota escura ( Larus fuscus)  250     
Gaivotón ( Larus marinus)   2     
Carrán común ( Sterna hirundo)   1     
Carrán cristado ( Sterna sandvicensis)   4     
Carolo ( Alca torda)    25     
Arao común (dos cons) ( Uria aalge)  6     
Arao papagaio ( Fratercula arctica)   7     
Álcidos non identificados    5     
Andoriña  ( Hirundo rustica)  1     
Lavandeira branca  ( Motacilla alba)  1     
         
Arroaz común ( Tursiops truncatus)   18     
Golfiño común ( Delphinus delphis)   4     
Arroaz boto ( Grampus griseus)   2     
         
Peixe roda ( Mola mola)   12    


Macato( Morus bassanus) Xosé Luis Fernández Carnero (c)

Gaivotón e Corvos mariños cristados ( Larus marinus & Phalacrocorax aristotelis) Xosé Luis Fernández Carnero (c)

Gaivota patiamarela ( Larus michahellis) Xosé Luis Fernández Carnero (c)

Gaivotas escuras ( Larus fuscus) Cosme Damián Romay Cousido (c)

Palleira grande ( Stercrarius skua) Xosé Luis Fernández Carnero (c)


Araos dos cons ( Uria aalge) Xosé Luis Fernández Carnero (c)

Arao papagaio( Fratercula arctica) Xosé Luis Fernández Carnero (c)

Arroaz boto ( Grampus griseus) Alfonso Santamaría (c)

Arroaz ( Tursiops truncatus) Cosme Damián Romay Cousido (c)

Fotógrafos ( Antonio Santamaría, Stefán Áki Ragnarsson y Xoán Diéguez) Cosme Damián Romay Cousido (c)

terça-feira, 13 de março de 2012

Saída peláxica no mes de marzo

O próximo sábado, 24 de marzo Seabirds Galicia realizará a bordo do Chasula a segunda saída peláxica do ano.
A ruta que seguiremos será a mesma que en saídas anteriores. Zarparemos ás 8:15 do porto do Grove atravesando o polígono de bateas de Meloxo para por rumbo ó Canón de Arousa e alcanzando a máxima distancia de costa a 12 millas náuticas ó oeste de Sálvora.
Botaremos "chum" e aceite para atraer ás aves mariñas.
Agardamos poder disfrutar de avistamentos de álcidos similares ós da anterior saída. Ademais hai posibilidades de ver as primeiras Calonectris diomedea do ano, así como novas especies de págalo a parte do Stercorarius skua.
No caso de que haxa mal tempo, que impedise a realización da saída, avisariamos da súa cancelación con 48 horas de antelación.
Para apuntarse á saída ou para máis información podedes mandar un correo ó mail de contacto: seabirdsgalicia (arroba) gmail.com