"Aves e mamíferos mariños no SW de Galiza, todo o ano. Unha experiencia didáctica e emocionante ao mellor prezo!"

terça-feira, 1 de outubro de 2013

22/09/2013: aves mariñas, televisión e outra balea alibranca!

O domingo 22 de setembro de 2013 houbo un embarque especial, contratado por SK Kayak, de Girona, e o cal foi filmado por un equipo da Televisión de Galicia. As condicións meteorolóxicas e do mar, extraordinarias, que permitiron a toda a pasaxe gozar unha excelente peláxica. Partimos ás 8:30 horas do porto do Grove, avistando de seguido arroaces e un bo números de furabuchos baleares. Pasamos pola canle norte de Sálvora entre centos de gaivotas patiamarelas e corvos mariños cristados e ao rebasar punta Couso unha manchea de mascatos fixeron picados xunto ao barco, ante o deleite da pasaxe. A unhas 6 millas avistamos unha balea alibranca, aparentemente distinta da vista o día 17/08/2013 (ver aquí), unha vez que pensamos que se trataba dun subadulto, de "só" 5 m de lonxitude. Houbo catro contactos visuais co individuo, que se mostrou esquivo. O chum a 12 millas atraiu gaivotas de Sabine, paíños pequenos e tamén peixes roda, ademais de palleiras grandes, parasitas e un número notable de gaivotas escuras. Unha pardela encapuchada e un furabuchos atlánticos foron celebrados por toda a pasaxe. O regreso culminou co avistamento dun pequeno grupo de golfiños comúns na bocana da ría de Arousa (sorprendeu que non se viran máis, coñecendo o balance do día anterior, ver aquí) e dunha manda preto do porto do Grove de arroaces, que cos seus saltos puxeron un broche de ouro a unha peláxica moi boa. Antes da táboa de rexistros e das fotos, deixamos o resumo da saída segundo apareceu esa mesma noite no Telexornal Serán da Televisión de Galicia (pica enriba da imaxe para abrir a ligazón do vídeo):



E, agora, sí, a táboa dos avistamentos; coma sempre, as observacións destacadas en grosa e as cifras aproximadas en cursiva: (pronto)

E tamén algunhas fotos, todas (c) Carlos Martín:

Pardela escura (Puffinus griseus), 12 millas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza), 22/09/2013, (c) Carlos Martín.

Pardela escura (Puffinus griseus), 12 millas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza), 22/09/2013, (c) Carlos Martín.

Furabuchos balear (Puffinus mauretanicus), ría de Arousa (SW Galiza), 22/09/2013, (c) Carlos Martín.

Mascato (Morus bassanus), xuvenil, 2 millas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza), 22/09/2013, (c) Carlos Martín.

Mascato (Morus bassanus), adulto, 2 millas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza), 22/09/2013, (c) Carlos Martín

Mascato (Morus bassanus), xuvenil, 2 millas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza), 22/09/2013, (c) Carlos Martín

Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis), illa de Sálvora (SW Galiza), 22/09/2013, (c) Carlos Martín

Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis), illa de Sálvora (SW Galiza), 22/09/2013, (c) Carlos Martín

Palleira parasita (Stercorarius parasiticus), morfo intermedio, 12 millas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza), 22/09/2013, (c) Carlos Martín

Palleira grande (Stercorarius skua), probable xuvenil, 12 millas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza), 22/09/2013, (c) Carlos Martín

Palleira grande (Stercorarius skua), probable xuvenil, 12 millas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza), 22/09/2013, (c) Carlos Martín

Gaivota cabecinegra (Larus melanocephalus), adulto, ría de Arousa (SW Galiza), 22/09/2013, (c) Carlos Martín

Gaivota escura (Larus fuscus), xuvenil, 12 millas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza), 22/09/2013, (c) Carlos Martín

Gaivina negra (Chlidonias niger), xuvenil, 12 millas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza), 22/09/2013, (c) Carlos Martín

Arroaz (Tursiops truncatus), ría de Arousa (SW Galiza), 22/09/2013, (c) Carlos Martín

Peixe roda (Mola mola), 12 millas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza), 22/09/2013, (c) Carlos Martín

Peixe roda (Mola mola) e xuvenil de gaivota escura (Larus fuscus), 12 millas ao W da illa de Sálvora (SW Galiza), 22/09/2013, (c) Carlos Martín

Sem comentários:

Enviar um comentário