"Aves e mamíferos mariños no SW de Galiza, todo o ano. Unha experiencia didáctica e emocionante ao mellor prezo!"

segunda-feira, 7 de outubro de 2013

04/10/2013: saída co COBGA a Sálvora

A media mañá do día 4 de outubro de 2013 saímos un grupo de observadores nunha saída promovida polo Parque Nacional das Illas Atlánticas e o Colexio Oficial de Biólogos, en coordinación don Intramar, S. L. O mar, con lixeiro mar de fondo, e o ceo despexado xusto no Grove (non así nos montes próximos) anunciaban unha saída cómoda. Fomos navegando cara a zona de bateas ao norte do Grove, observando especies como garza real, corvo mariño cristado, pilro tridáctilo, gaivotón e carrán cristado, entre outros. Xa na boca da ría aparecerían os primeiros furabuchos baleares e mascatos. Arredor das 12:00 chegamos ao embarcadoiro da illa de Sálvora, sendo recibidos por Roberto, o guía e vixilante desta illa do Parque Nacional. Na súa compañía fomos percorrendo a cara leste de Sálvora, ata chegar á aldea abandonada. Houbo observacións de aves como papuxa cabecinegra, do mato e das amoras, verderolo común, merlo, azulenta e incluso de dous azores, dous miñatos e nada menos que unha tartaraña das xunqueiras. Tamén se anotaron réptiles e varias especies de bolboretas.

Arredor das 14:30 partimos cara a canle norte de Sálvora e dirixímonos cara ao punto de chum das 6 millas ao W da punta Couso, onde o aceite atraiu cinco paíños pequenos, celebrados por toda a pasaxe. Ao chum conxelado entrou unha palleira grande, pardela escura e incluso carráns cristados.
No regreso veríamos máis pardelas e multitude de gaivotas, ademais de dous golfiños comúns
Xa na ría, navegamos cara a illa de Rúa gozando de grupos de furabuchos baleares e corvos mariños cristados, con algunhas gaivotas cabecinegras pousadas na auga, rematando a xornada cos saltos de arroaces preto do porto do Grove.

Eis aquí a táboa de resultados. En negriña, observacións destacadas. En cursiva, cifras aproximadas:


Nome científico
Nome galego
TOTAL
Notas
Melanitta nigra
Pentumeiro
2
Macho e femia
Hydrobates pelagicus
Paíño pequeno
6

Puffinus griseus
Pardela escura
7

Puffinus puffinus
Furabuchos atlántico
1
Desgastado
Puffinus mauretanicus
Furabuchos balear
88
1 morta, enmallada
Morus bassanus
Mascato
26
1 morto, aboiando
Phalacrocorax carbo
Corvo mariño grande
3

Phalacrocorax aristotelis
Corvo mariño cristado
425

Egretta garzetta
Garzota
1

Ardea cinerea
Garza real
5

Circus aeruginosus
Tartaraña das xunqueiras
1
Xuvenil/femia en Sálvora
Accipiter gentilis
Azor
2
Macho e femia (Sálvora)
Buteo buteo
Miñato
2
En Sálvora
Haematopus ostralegus
Gabita
1

Charadrius hiaticula
Píllara real
23
En Sálvora
Calidris canutus
Pilro groso
1
En Sálvora
Calidris alba
Pilro tridáctilo
50
En Sálvora e na ría
Calidris alpina
Pilro común
1

Actitis hypoleucos
Bilurico das rochas
1

Arenaria interpres
Virapedras
7

Stercorarius skua
Palleira grande
1

Chroicocephalus ridibundus
Gaivota chorona
101

Larus melanocephalus
Gaivota cabecinegra
22

Larus fuscus
Gaivota escura
32

Larus michahellis
Gaivota patiamarela
1491
1 tipo L. m. atlantis
Larus marinus
Gaivotón
8
Todos adultos
Sterna sandvicensis
Carrán cristado
24

Motacilla flava
Lavandeira amarela
4
En Sálvora
Motacilla alba
Lavandeira branca
4
En Sálvora
Troglodytes troglodytes
Carriza
2
En Sálvora
Prunella modularis
Azulenta común
2
En Sálvora
Erithacus rubecula
Paporrubio
20
En Sálvora
Phoenicurus ochruros
Rabirrubio
2
En Sálvora
Oenanthe oenanthe
Pedreiro cincento
1
En Sálvora
Saxicola torquatus
Chasco común
4
En Sálvora
Turdus merula
Merlo común
6
En Sálvora
Sylvia undata
Papuxa do mato
1
En Sálvora
Sylvia melanocephala
Papuxa cabecinegra
2
En Sálvora
Sylvia communis
Papuxa común
1
En Sálvora
Sylvia atricapilla
Papuxa das amoras
10
En Sálvora
Carduelis chloris
Verderolo
10
En Sálvora
Carduelis cannabina
Liñaceiro
25
En Sálvora
Scolopacidae
Limícola non identificada
2

Delphinus delphis
Golfiño común
3

Tursiops truncatus
Arroaz
5

Podarcis bocagei
Lagartixa galega
4
En Sálvora
Timon lepidus
Lagarto arnal
2
En Sálvora
Pieris rapae
Branca da couve
2
En Sálvora
Pontia daplidice
Noiva
1
En Sálvora
Coenonympha pamphilus
Néspera
1
En Sálvora
Pararge aegeria
Maculada
3
En Sálvora
Vanessa atalanta
Bolboreta rei
1
En Sálvora
 
E tamén algunhas fotografías (PRONTO)

Sem comentários:

Enviar um comentário