"Aves e mamíferos mariños no SW de Galiza, todo o ano. Unha experiencia didáctica e emocionante ao mellor prezo!"

quarta-feira, 11 de setembro de 2013

03 e 04/09/2013: unha saída arredor do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

O martes 3 de setembro de 2013 pola mañá, partimos do porto do Grove no "Chasula" un reducido grupo de persoas para coñecer de preto o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. A actividade foi subvencionada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia e contou co apoio e as facilidades do persoal do propio Parque Nacional, que guiaron a ruta na illa de Monteagudo (Cíes). A empresa Intramar, S. L. (receptora da subvención), así como SEO/BirdLife e o Grupo Naturalista Hábitat, tomaron parte tamén da actividade.

Inicialmente, realizamos unha travesía matinal pola ría de Arousa e aproximámonos ao arquipélago de Sálvora (Parque Nacional das Illas Atlánticas). Observamos varias especies de aves mariñas, cetáceos e grandes peixes nos arredores destas illas a media que nos iamos afastando de costa, obtendo interesantes avistamentos.

Seguidamente trazamos unha diagonal para pasar preto do sueste da illa de Onza, no arquipélago de Ons, e navegar pola tarde fronte ás caras oeste e sur das illas Cíes, finalizando a ruta na praia de Rodas, entre as illas do Faro e Monteagudo. Pasouse a noite no barco.

O mércores 4 pola mañá, e guiados por Beatriz Gamallo, efectuamos unha ruta dende o centro de información na praia de Rodas cara ao norte ata o faro do Peito, cunha segunda ruta ata o alto do Príncipe, onde obtivemos interesantes observacións de aves. Tras regresar ao "Chasula", navegamos ao norte pola cara nordeste das Cíes e este do arquipélago de Ons, para de novo entrar na ría de Arousa, gozando de múltiples observacións de aves.

Detállanse, seguidamente, as observacións obtidas nos dous días (en grosa, avistamentos destacados, en cursiva, cifras aproximadas):


Primeira xornada:


03/09/2013
(ruta marítima O Grove-Sálvora-mar aberto-Ons-Cíes)
TOTAL
Podiceps cristatus
Mergullón cristado
1
Calonectris diomedea
Pardela cincenta
3
Puffinus mauretanicus
Furabuchos balear
27
Puffinus puffinus
Furabuchos atlántico
2
Hydrobates pelagicus
Paíño pequeno
7
Oceanites oceanicus
Paíño de Wilson
2
Morus bassanus
Mascato
111
Phalacrocorax carbo
Corvo mariño grande
15
Phalacrocorax aristotelis
Corvo mariño cristado
188
Egretta garzetta
Garzota
2
Arenaria interpres
Virapedras
3
Stercorarius skua
Palleira grande
7
Stercorarius parasiticus
Palleira parasita
8
Chroicocephalus ridibundus
Gaivota chorona
1
Larus melanocephalus
Gaivota cabecinegra
3
Larus michahellis
Gaivota patiamarela
1526
Larus fuscus
Gaivota escura
260
Larus marinus
Gaivotón
3
Xema sabini
Gaivota de Sabine
5
Sterna sandvicensis
Carrán cristado
8
Delphinus delphis
Golfiño común
74
Mola mola
Peixe roda
3
Prionace glauca
Quenlla
18
 


Segunda xornada:


04/09/2013
(ruta terrestre en Cíes e ruta marítima Cíes-Ons-O Grove)
TOTAL
Calonectris diomedea
Pardela cincenta
1
Puffinus mauretanicus
Furabuchos balear
9
Morus bassanus
Mascato
22
Phalacrocorax carbo
Corvo mariño grande
2
Phalacrocorax aristotelis
Corvo mariño cristado
37
Buteo buteo
Miñato
1
Larus melanocephalus
Gaivota cabecinegra
5
Larus michahellis
Gaivota patiamarela
420
Sterna sandvicensis
Carrán cristado
2
Columba palumbus
Pombo
2
Dendrocopos major
Peto real
4
Picus viridis
Peto verdeal
1
Troglodytes troglodytes
Carriza
9
Phoenicurus ochruros
Rabirrubio
3
Erithacus rubecula
Paporrubio
15
Saxicola rubicola
Chasco común
1
Turdus merula
Merlo
2
Sylvia undata
Papuxa do mato
1
Sylvia melanocephala
Papuxa cabecinegra
4
Sylvia atricapilla
Papuxa das amoras
3
Phylloscopus trochilus
Picafollas musical
3
Aegithalos caudatus
Ferreiriño rabilongo
4
Certhia brachydactyla
Gabeador
2
Parus major
Ferreiriño real
6
Periparus ater
Ferreiriño negro
10
Ficedula hypoleuca
Papamoscas negro
36
Serinus serinus
Xirín
1
Fringilla coelebs
Pimpín
2
Carduelis cannabina
Liñaceiro
1
Carduelis chloris
Verderolo
12
Pyrrhula pyrrhula
Cardeal
5
 


Patrocinador e colaboradores:

Sem comentários:

Enviar um comentário