"Aves e mamíferos mariños no SW de Galiza, todo o ano. Unha experiencia didáctica e emocionante ao mellor prezo!"

terça-feira, 17 de setembro de 2013

08/09/2013: máis Sabines, Wilsons e cetáceos!

Moi cedo pola mañá, partimos do porto do Grove coa esperanza de completar unha peláxica que se anunciaba algo movida, dacordo co parte do vento. O patrón decidiu navegar cara a metade norte da ría, preto dos Guidoiros e da illa de Rúa, para así lograr o abrigo do vento do norte fornecido pola serra do Barbanza. Observamos numerosas limícolas e incluso un falcón peregrino tentando un ataque a estas. Uns poucos arroaces e tamén os primeiros furabuchos baleares apareceron ante os nosos prismáticos antes de acadar a pasaxe de Sagres. O mar de seguido aumentou en altura se ben con ondas moi acompasadas que fixeron razoablemente cómoda a ruta. Nas primeiras millas gozamos coa compañía (literal) de grupiños de golfiños comúns que brincaban e nadaban preto do barco a medida que avanzabamos na nosa ruta. As gaivotas escuras, furabuchos baleares e as omnipresentes gaivotas patiamarelas foron tamén protagonistas ata o primeiro "chum", a 7 millas náuticas da costa, ao cal acudiron palleiras parasitas e grandes e unha curiosa pardela cincenta. No traxecto ata as 12 millas foron albiscadas por algúns dos pasaxeiros dúas toniñas que desapareceron deseguido á vista. O chum a 12 millas foi moi produtivo, con dezaseis gaivotas de Sabine, dous paíños de Wilson, un paíño pequeno e outras moitas aves mariñas, que fixeron as delicias dos alí presentes. O regreso a porto foi rápido unha vez que o vento aumentou en intensidade, observando polo camiño unha pardela escura e moitísimos golfiños comúns. Chegamos a porto arredor das 16:00 h, algo cansos pero contentos.

Eis aquí a lista de observacións. En grosa, observacións máis destacadas. En cursiva, cifras aproximadas:

Nome científico
Nome galego
TOTAL
Melanitta nigra
Pentumeiro
2
Calonectris diomedea
Pardela cincenta
2
Puffinus mauretanicus
Furabuchos balear
15
Puffinus griseus
Pardela escura
1
Hydrobates pelagicus
Paíño pequeno
1
Oceanites oceanicus
Paíño de Wilson
2
Morus bassanus
Mascato
110
Phalacrocorax carbo
Corvo mariño grande
12
Phalacrocorax aristotelis
Corvo mariño cristado
103
Egretta garzetta
Garzota
1
Falco peregrinus
Falcón peregrino
1
Ardea cinerea
Garza real
2
Haematopus ostralegus
Gabita
3
Charadrius hiaticula
Píllara real
3
Arenaria interpres
Virapedras
7
Stercorarius skua
Palleira grande
3
Stercorarius parasiticus
Palleira parasita
5
Chroicocephalus ridibundus
Gaivota chorona
2
Larus melanocephalus
Gaivota cabecinegra
5
Larus michahellis
Gaivota patiamarela
1041
Larus fuscus
Gaivota escura
129
Larus marinus
Gaivotón
6
Xema sabini
Gaivota de Sabine
16
Sterna sandvicensis
Carrán cristado
3
Calidris sp.
Pilro indeterminado
40
Numenius sp.
Mazarico indeterminado
7
Sterna sp.
Carrán indeterminado
2
Delphinus delphis
Golfiño común
150
Phocoena phocoena
Toniña
2
Tursiops truncatus
Arroaz
4
 
E algunhas fotos, (c) José Luis Lorenzo García "Colón" e Xoán Diéguez Vázquez:

Gaivotas de Sabine (Xema sabini), 12 mn ao W da illa de Sálvora (SW Galicia), 8/9/2013, (c) J. L. Lorenzo García.

Gaivota de Sabine (Xema sabini), 12 mn ao W da illa de Sálvora (SW Galicia), 8/9/2013, (c) J. L. Lorenzo García.
Gaivota de Sabine (Xema sabini), 12 mn ao W da illa de Sálvora (SW Galicia), 8/9/2013, (c) Xoán Diéguez Vázquez.

Palleira grande (Stercorarius skua), 12 mn ao W da illa de Sálvora (SW Galicia), 8/9/2013, (c) Xoán Diéguez Vázquez.

Palleira parasita (Stercorarius parasiticus), morfo escuro, 12 mn ao W da illa de Sálvora (SW Galicia), 8/9/2013, (c) Xoán Diéguez Vázquez.

Palleira parasita (Stercorarius parasiticus), morfo escuro, 12 mn ao W da illa de Sálvora (SW Galicia), 8/9/2013, (c) Xoán Diéguez Vázquez.

Palleira parasita (Stercorarius parasiticus), morfo claro, seguindo unha gaivota escura (Larus fuscus), 12 mn ao W da illa de Sálvora (SW Galicia), 8/9/2013, (c) J. L. Lorenzo García.

Palleira parasita (Stercorarius parasiticus), morfo claro, fustrigando unha gaivota escura (Larus fuscus), 12 mn ao W da illa de Sálvora (SW Galicia), 8/9/2013, (c) J. L. Lorenzo García

Palleira parasita (Stercorarius parasiticus), morfo claro, 12 mn ao W da illa de Sálvora (SW Galicia), 8/9/2013, (c) J. L. Lorenzo García

Palleira parasita (Stercorarius parasiticus), morfo claro (esquerda), e morfo escuro (dereita), 12 mn ao W da illa de Sálvora (SW Galicia), 8/9/2013, (c) J. L. Lorenzo García

Palleira parasita (Stercorarius parasiticus), morfo escuro, 12 mn ao W da illa de Sálvora (SW Galicia), 8/9/2013, (c) J. L. Lorenzo García

Palleira parasita (Stercorarius parasiticus), morfo intermedio, 12 mn ao W da illa de Sálvora (SW Galicia), 8/9/2013, (c) J. L. Lorenzo García

Palleira parasita (Stercorarius parasiticus), morfo escuro/intermedio, 12 mn ao W da illa de Sálvora (SW Galicia), 8/9/2013, (c) J. L. Lorenzo García

Palleiras parasitas (Stercorarius parasiticus) e gaivota escura (Larus fuscus) (diante), 12 mn ao W da illa de Sálvora (SW Galicia), 8/9/2013, (c) J. L. Lorenzo García

Mascato (Morus bassanus), inmaturo, 12 mn ao W da illa de Sálvora (SW Galicia), 8/9/2013, (c) J. L. Lorenzo García
Mascato (Morus bassanus), inmaturo, 12 mn ao W da illa de Sálvora (SW Galicia), 8/9/2013, (c) Xoán Diéguez Vázquez.

Paíño pequeno (Hydrobates pelagicus) (esquerda) e paíño de Wilson (Oceanites oceanicus) (dereita), 12 mn ao W da illa de Sálvora (SW Galicia), 8/9/2013, (c) J. L. Lorenzo García
Paíño de Wilson (Oceanites oceanicus), 12 mn ao W da illa de Sálvora (SW Galicia), 8/9/2013, (c) Xoán Diéguez Vázquez.

Paíño de Wilson (Oceanites oceanicus) (detalle), 12 mn ao W da illa de Sálvora (SW Galicia), 8/9/2013, (c) J. L. Lorenzo García

Paíño de Wilson (Oceanites oceanicus), 12 mn ao W da illa de Sálvora (SW Galicia), 8/9/2013, (c) J. L. Lorenzo García

Golfiño común (Delphinus delphis), 6 mn ao W da illa de Sálvora (SW Galicia), 8/9/2013, (c) J. L. Lorenzo García

Sem comentários:

Enviar um comentário