O sábado 17 de agosto saímos do porto do Grove cedo pola mañá (8:00 h), con mar en calma e día parcialmente despexado na ría que facían presaxiar unha cómoda peláxica. Os primeiros
arroaces apareceron na zona de bateas fronte a Rons, obsérvandose ademais
gaivotóns e
gaivotas cabecinegras. Xa na boca da ría, o illote de Pombeiro aparecía cuberto de corvos mariños cristados e na zona marítima próxima observáronse algúns
furabuchos baleares e
mascatos. Tras "dobrar" Sálvora, un grupo de
golfiños comúns foron localizados, e unha figura maxestuosa emerxeu a uns 100 m de onde estabamos: unha
balea alibranca! Este animal, duns 6-7 m de lonxitude, avanzaba paseniño cara ao SSE, á vez que os golfiños rodeaban o barco: un gran momento verdadeiramente!
Seguindo a ruta ao oeste, atopamos algunhas
pardelas cincentas ademais de
palleiras grandes e ducias de
gaivotas patiamarelas e
escuras. Ás 9 millas de costa a néboa fixo acto de presenza e condicionou o primeiro chum ás 12 millas de Ons, ao cal non acudiron aves. Tras un bo anaco de espera, o patrón decidiu partir ao norte, a 12 millas ao oeste de Corrubedo, chegando a unha zona con néboa moi pouco densa que foi abríndose co paso das horas. Ao novo chum acudiron tres
gaivotas de Sabine e dúas
palleiras parasitas, entre outras aves.
O regreso estivo tamén marcada pola néboa e a escaseza de aves se ben a 7 millas do arquipélago de Sálvora, nun terceiro chum, apareceu un
furabuchos atlántico, unha
pardela escura e máis
palleiras grandes,
furabuchos baleares e
pardelas cincentas.
Tras pasar xusto ao norte da illa de Sálvora, apareceu o único
paíño pequeno do día, xunto con algunhas pardelas baleares xa dentro da ría.
A seguir a táboa de avistamentos do día (en
grosa as máis destacadas e en
cursiva cifras aproximadas): [PROXIMAMENTE]
E algunhas fotos (c) Juan Gómez Escariz, José Antonio Acuña "Luma" e Cosme D. Romay:
|
Furabuchos balear (Puffinus mauretanicus), 7 millas náuticas ao W da illa de Sálvora, 17/08/2013. Foto (c) J. A. Acuña "Luma". |
|
Furabuchos balear (Puffinus mauretanicus), 7 millas náuticas ao W da illa de Sálvora, 17/08/2013. Foto (c) J. Gómez Escariz. |
|
Furabuchos atlántico (Puffinus puffinus), 7 millas náuticas ao W da illa de Sálvora, 17/08/2013. Foto (c) J. Gómez Escariz. |
|
Pardela escura (Puffinus griseus), 7 millas náuticas ao W da illa de Sálvora, 17/08/2013. Foto (c) C. D. Romay Cousido. |
|
Pardela escura (Puffinus griseus), 7 millas náuticas ao W da illa de Sálvora, 17/08/2013. Foto (c) J. Gómez Escariz. |
|
Mascato (Morus bassanus), 7 millas náuticas ao W da illa de Sálvora, 17/08/2013. Foto (c) J. Gómez Escariz. |
|
Palleira parasita (Stercorarius parasiticus), 12 millas náuticas ao W da illa de Sálvora, 17/08/2013. Foto (c) C. D. Romay Cousido. |
|
Palleira parasita (Stercorarius parasiticus), 12 millas náuticas ao W da illa de Sálvora, 17/08/2013. Foto (c) J. Gómez Escariz. |
|
Palleira parasita (Stercorarius parasiticus), 12 millas náuticas ao W da illa de Sálvora, 17/08/2013. Foto (c) J. Gómez Escariz. |
|
Palleira parasita (Stercorarius parasiticus), 12 millas náuticas ao W da illa de Sálvora, 17/08/2013. Foto (c) J. Gómez Escariz. |
|
Palleira grande (Stercorarius skua), 7 millas náuticas ao W da illa de Sálvora, 17/08/2013. Foto (c) J. A. Acuña "Luma". |
|
Palleira grande (Stercorarius skua), 7 millas náuticas ao W da illa de Sálvora, 17/08/2013. Foto (c) C. D. Romay Cousido. |
|
Palleira grande (Stercorarius skua), 7 millas náuticas ao W da illa de Sálvora, 17/08/2013. Foto (c) C. D. Romay Cousido. |
|
Palleira grande (Stercorarius skua), 7 millas náuticas ao W da illa de Sálvora, 17/08/2013. Foto (c) J. Gómez Escariz. |
|
Gaivota patiamarela (Larus michahellis), 7 millas náuticas ao W da illa de Sálvora, 17/08/2013. Foto (c) J. A. Acuña "Luma". |
|
Gaivota chorona (Chroicocephalus ridibundus), porto do Grove, 17/08/2013. Foto (c) J. A. Acuña "Luma". |
|
Gaivota chorona (Chroicocephalus ridibundus), porto do Grove, 17/08/2013. Foto (c) C. D. Romay Cousido. |
|
Gaivota de Sabine (Xema sabini), 12 millas ao W da illa de Sálvora, 17/08/2013. Foto (c) C. D. Romay Cousido. |
|
Gaivota de Sabine (Xema sabini), 12 millas ao W da illa de Sálvora, 17/08/2013. Foto (c) J. Gómez Escariz. |
|
Gaivota de Sabine (Xema sabini), 12 millas ao W da illa de Sálvora, 17/08/2013. Foto (c) J. Gómez Escariz. |
|
Gaivota de Sabine (Xema sabini), 12 millas ao W da illa de Sálvora, 17/08/2013. Foto (c) J. Gómez Escariz. |
|
Arroaz (Tursiops truncatus), ría de Arousa, 17/08/2013. Foto (c) C. D. Romay Cousido. |
|
Arroaz (Tursiops truncatus), ría de Arousa, 17/08/2013. Foto (c) J. Gómez Escariz. |
|
Golfiño común (Delphinus delphis), 3 millas ao SW da illa de Sálvora, 17/08/2013. Foto (c) J. Gómez Escariz. |
|
Balea alibranca (Balaenoptera acutorostrata), 3 millas ao SW da illa de Sálvora, 17/08/2013. Foto (c) J. Gómez Escariz. |
|
Balea alibranca (Balaenoptera acutorostrata), 3 millas ao SW da illa de Sálvora, 17/08/2013. Foto (c) J. Gómez Escariz. |
|
Balea alibranca (Balaenoptera acutorostrata), 3 millas ao SW da illa de Sálvora, 17/08/2013. Foto (c) C. D. Romay Cousido. |
Sem comentários:
Enviar um comentário