O sábado 14 de decembro de 2013, arredor das 9 da mañá, partimos desde o porto do Grove nunha saída con destino á baía da
Lanzada. O día estaba despexado, pero a presenza do mar de fondo
facíase notar.
A pouca distancia do peirao avistamos
un pequeno grupo de arroaces nunha zona na que os avistamentos desta
especie son moi habituais, preto da parte leste do polígono de bateas
de Meloxo.
Ao chegar cabo do illote de Noro as
sospeitas do patrón confirmáronse: a forte mar de fondo
imposibilitaba bordear Sálvora, nen seguir a ruta hacia a Lanzada.
Estivemos costeando a cara oeste da
illa de Sálvora e a unha milla de distancia arroxamos aceite e chum pola borda
pero só acudiron unhas 40 gaivotas. E iso que había centos sobrevoando Vionta ou pousadas nas rochas acompañadas de numerosos
corvos mariños cristados.
Ás 10:30 puxemos rumbo cara ao
interior da ría dirixíndonos ao illote de Rúa. Despois de bordealo seguimos a nosa
viaxe cara a enseada de Rianxo.Polo
camiño cruzámonos con dous bandos de píldoras cincentas acompañados
dun mazarico rubio.
Puidemos observar numerosas limícolas
ao longo da costa do Abanqueiro, sendo esta unha
magnífica zona para a observación de aves desde terra, aínda que
co barco non puidemos achegarnos demasiado. Xosé Luis Fernández Carnero conseguiu sacar unha foto testimonial dunha mobella en pleno vo.
Tras acadar os Lombos do Ulla
emprendemos a viaxe de volta. Descendemos cabo da illa de Cortegada
bordeando a súa cara norte. No illote das Briñas avistamos un
bando notable de cullereiros e mazaricos reais que se deixaron fotografiar a escasa
distancia.
Tras pasar por abaixo a ponte da Illa de Arousa
atopámonos cun bando de pentumeiros preto doutro numeroso de corvo
mariño cristado.
Nun illote rochoso da cara suroeste de
punta Carreirón vimos un bando de gabitas repousando xunto corvos
mariños grandes, gaivotas patiamarelas e mazaricos reais.
Xa enfilando cara ao peirao do Grove,
preto de onde foran observados pola mañá, avistamos unha banda de
arroaces que polos seus movementos e o rebumbio da auga debían de estar
en plena actividade pesqueira.
Regresamos ao porto a media tarde. No
pantalán atopábase un exemplar de gaivotón que se está facendo
habitual nos nosos regresos a terra.
Non foi a mellor saída en canto a
especies avistadas, pero foi unha bonita viaxe, na que gozamos da costa e
lugares desta preciosa ría desde outro punto de vista.
Esta é a lista das especies observadas:
E algunhas fotos da xornada (c) Xoán Diéguez Vázquez e Juan Gómez Escariz:
Nome
científico
|
Nome
castelán
|
N
|
|
Anas
platyrhynchos
|
Lavanco
|
2
|
|
Melanitta
nigra
|
Pentumeiro
|
109
|
|
Podiceps
cristatus
|
Mergullón
cristado
|
1
|
|
Gavia
immer
|
Mobella
grande
|
1
|
|
Ardea
cinerea
|
Garza
real
|
31
|
|
Egretta
garzetta
|
Garzota
|
24
|
|
Platalea
leucorodia
|
Cullereiro
|
17
|
Número
alto para a zona
|
Phalacrocorax
carbo
|
Corvo
mariño grande
|
302
|
|
Phalacrocorax
aristotelis
|
Corvo
mariño cristado
|
409
|
|
Morus
bassanus
|
Mascato
|
9
|
|
Haematopus
ostralegus
|
Gabita
|
121
|
|
Pluvialis
squatarola
|
Píldora
cincenta
|
167
|
|
Actitis
hypoleucos
|
Bilurico
das rochas
|
3
|
|
Arenaria
interpres
|
Virapedras
|
18
|
|
Limosa
lapponica
|
Mazarico
rubio
|
1
|
|
Numenius
arquata
|
Mazarico
real
|
46
|
|
Stercorarius
skua
|
Palleira
grande
|
2
|
|
Chroicocephalus
ridibundus
|
Gaivota
chorona
|
195
|
|
Larus
michahellis
|
Gaivota
patiamarela
|
560
|
|
Larus
fuscus
|
Gaivota
escura
|
82
|
|
Larus
marinus
|
Gaivotón
|
29
|
|
Sterna
sandvicensis
|
Carrán
cristado
|
42
|
|
Motacilla
alba
|
Lavandeira
branca
|
2
|
|
Corvus
corone
|
Corvo
pequeno
|
8
|
|
Stercorarius
sp
|
Palleira
sp
|
1
|
|
Tursiops
truncatus
|
Arroaz
|
15
|
|
Píldora cincenta (Pluvialis squatarola), 14/12/2013, ría de Arousa (SW Galicia) (c) Juan Gómez Escariz |
Cullereiros (Platalea leucorodia), 14/12/2013, Malveiras, ría de Arousa (SW de Galicia) (c) Xoán Diéguez Vázquez. |
Cullereiros (Platalea leucorodia), 14/12/2013, Malveiras, ría de Arousa (SW de Galicia) (c) Juan Gómez Escariz |
Cullereiros (Platalea leucorodia), 14/12/2013, Malveiras, ría de Arousa (SW de Galicia) (c) Juan Gómez Escariz |
Corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo), 14/12/2013, ría de Arousa (SW de Galicia) (c) Juan Gómez Escariz |
Corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo) e gaivotón (Larus marinus) (á dereita), 14/12/2013, ría de Arousa (SW de Galicia) (c) Juan Gómez Escariz |
Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis), 14/12/2013, ría de Arousa (SW Galicia) (c) Juan Gómez Escariz |
Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis), 14/12/2013, ría de Arousa (SW Galicia) (c) Juan Gómez Escariz |
Gabitas (Haematopus ostralegus) e gaivota patiamarela (Larus michahellis) (centro), 14/12/2013, punta Carreirón, A Illa de Arousa (SW de Galicia) (c) Juan Gómez Escariz |
Mazarico real (Numenius arquata), 14/12/2013, ría de Arousa (SW Galicia) (c) Xoán Diéguez Vázquez. |
|
Gaivotón (Larus marinus), 14/12/2013, peirao do Grove (SW Galicia) (c) Juan Gómez Escariz |
|
Carrán cristado (Sterna sandvicensis), 14/12/2013, ría de Arousa (SW Galicia) (c) Xoán Diéguez Vázquez. |
|
Sem comentários:
Enviar um comentário