"Aves e mamíferos mariños no SW de Galiza, todo o ano. Unha experiencia didáctica e emocionante ao mellor prezo!"

sexta-feira, 4 de julho de 2014

21/06/2014: carráns pequenos!

O sábado 21 de xuño, cun tempo primaveral, saímos do porto do Grove á hora habitual, 8:30 h.

Na ruta pola ría de Arousa vimos gabitas, corvos mariños cristados, gaivotóns e gaivotas patiamarelas.
Unha vez pasado o arquipélago de Sálvora víronse pardelas, como o furabuchos balear e a pardela cincenta, e tamén paíño pequeno, ademais de mascatos, carráns comuns e dous fermosos carráns pequenos.

No tocante aos cetáceos, foron os arroaces e os golfiños os que alegraron a xornada, e de peixes, os raros peixes roda.

A continuación detállase a lista de especies, coas mellores observacións en grosa e números aproximados en cursiva:

LISTA DE ESPECIES:
Nome científico Nome galego N
Puffinus mauretanicus Furabuchos balear 6
Calonectris diomedea Pardela cincenta 1
Hydrobates pelagicus Paíño pequeno 1
Phalacrocorax aristotelis Corvo mariño cristado 50
Morus bassanus Mascato 86
Haematopus ostralegus Gabita 5
Larus michahellis Gaivota patiamarela 90
Larus marinus Gaivotón 2
Sterna hirundo Carrán común 2
Sternula albifrons Carrán pequeno 2
Delphinus delphis Golfiño común 3
Tursiops truncatus  Arroaz 22
Mola mola Peixe roda 1


E algunhas fotografías, (c) Gustavo Ferreiro e Xoán Diéguez

Algúns participantes da saída. 21/06/2014, ao W da illa de Sálvora, SW Galiza (c) Gustavo Ferreiro

Algúns participantes da saída. 21/06/2014, ría de Arousa, SW Galiza (c) Gustavo Ferreiro

Algúns participantes da saída. 21/06/2014, illa de Sálvora, SW Galiza (c) Gustavo Ferreiro.
Paíño pequeno Hydrobates pelagicus. 21/06/2014, 12 mn ao W da illa de Sálvora, SW Galiza (c) Xoán Diéguez.
Gabitas Haematopus ostralegus. 21/06/2014, ría de Arousa, SW Galiza (c) Xoán Diéguez.

quinta-feira, 22 de maio de 2014

10/05/2014: as primeiras Sabines!

O sábado 10 de maio partimos do porto do Grove ás 8:15 h da mañá para aproveitar ao máximo as horas de luz. Non esperabamos ver cantidades grandes de aves mariñas, pero sí variedade. E abofé que a houbo!

Na ruta pola ría ata a illa de Sálvora puidemos gozar dalgúns paseriformes, de limícolas como virapedras ou mazaricos chiadores, así como as sempre agradecidas gaivotas patiamarelas (que ao final totalizaron 2374 individuos), algunha gaivota escura e os fermosos corvos mariños cristados.
Chegando a Sálvora comezaron a verse os mascatos, 132 en total, de diversas idades, así como os primeiros furabuchos baleares do ano, que na súa viaxe cara ao golfo de Biscaia fan un alto no camiño para alimentarse nas nosas costas.
Pouco a pouco deixáronse ver os carráns cristados, as palleiras grandes e os paíños pequenos (nada menos que 15 exemplares) e, para sorpresa de todos, achegáronse 2 gaivotas de Sabine en destacado plumaxe nupcial.
Xa no camiño de volta atopamos 1 carolo e 1 arao común na boca da ría de Arousa, próximos a illa de Sálvora.

No tocante aos mamíferos mariños, que se prevían protagonistas da xornada, tan só apareceu un grupiño duns 8 arroaces, os que observamos entre as bateas fronte á praia da Mexilloeira. Tamén gozamos ao longo de toda a viaxe de varios peixes roda.

Eis aquí a lista de especies observadas, con observacións destacada en grosa e números aproximados en cursiva:


Nome científico Nome galego N 
Puffinus mauretanicus Furabuchos balear 7

Hydrobates pelagicus Paíño pequeno 15

Phalacrocorax aristotelis Corvo mariño cristado 439

Morus bassanus Mascato 132

Arenaria interpres Virapedras 1

Numenius phaeopus Mazarico chiador 1

Stercorarius skua Palleira grande 7

Larus michahellis Gaivota patiamarela 2374

Larus fuscus Gaivota escura 2

Xema sabini Gaivota de Sabine 2

Sterna sandvicensis Carrán cristado 17

Uria aalge Arao comun 1

Alca torda Carolo 1

Motacilla alba Lavandeira branca 4

Passer domesticus Pardal común 4









Tursiops truncatus  Arroaz 8





Mola mola Peixe roda 3

E algunhas fotos da xornada, (c) de Xosé Luis Fernández Carnero e José Luis Lorenzo García "Colón":
Algúns participantes da saída. 10/5/2014, bocana da ría de Arousa. (c) J. L. Lorenzo "Colón".

Mascato Morus bassanus, subadulto. 10/5/2014, fronte á illa de Sálvora. (c) X. L. Fernández Carnero.
Furabuchos balear Puffinus mauretanicus. 10/5/2014, fronte á illa de Sálvora. (c) X. L. Fernández Carnero.
Carolo Alca torda, 2º ano-calendario, 10/5/2014, illa de Sálvora. (c) X. L. Fernández Carnero.
Paíño pequeno Hydrobates pelagicus. 10/5/2014, fronte á illa de Sálvora. (c) J. L. Lorenzo "Colón".
Furabuchos balear P. mauretanicus. 10/5/2014, fronte á illa de Sálvora. (c) J. L. Lorenzo "Colón".
Palleira grande S. skua. 10/5/2014, fronte á illa de Sálvora. (c) J. L. Lorenzo "Colón".
Gaivota de Sabine Xema sabini. 10/5/2014, fronte á illa de Sálvora. (c) J. L. Lorenzo "Colón".
Arao común Uria aalge. 10/5/2014, illa de Sálvora. (c) J. L. Lorenzo "Colón".
Corvos mariños cristados Phalacrocorax aristotelis, xuvenís. 10/5/2014, ría de Arousa. (c) X. L. Fernández Carnero.


sexta-feira, 14 de março de 2014

Peláxicas programadas para 2014

Arao papagaio (Fratercula arctica), mar afóra da illa de Sálvora (Alfonso Santamaría)

Temos prazas dispoñibles para a maioría das saídas peláxicas programadas para 2014. Estas son:



Peláxica dos golfiños 10/5/2014 (data alternativa: 17/5/2014). O arroaz boto (Grampus griseus), o golfiño común (Delphinus delphis) e o arroaz (Tursiops truncatus) son avistamentos posibles nesta saída, con palleiras e pardelas como "bonus".


Peláxica das pardelas 15/6/2014 (data alternativa: 22/6/2014). Grupos de furabuchos baleares (Puffinus mauretanicus) e pardelas cincentas (Calonectris diomedea borealis) están case garantidos, e quizais póidanse ver os primeiros grupos de paíños pequenos (Hydrobates pelagicus).


Peláxica dos paíños 19/7/2014. Esta é boa data para os paíños de Wilson (Oceanites oceanicus) e pequeno, así como para as pardelas. Botaremos un ollo por se aparece algunha balea alibranca (Balaenoptera acutorostrata)!


Peláxica das palleiras 16/8/2014. Data excelente para as palleiras parasita (Stercorarius parasiticus), grande e incluso pomarina (S. pomarinus), así como para os paíños de Wilson e pequeno. Existe a posibilidade de ver la primeira gaivota de Sabine (Xema sabini) do ano.


Peláxica da Sabine 6/9/2014 (data alternativa: 13/9/2014). Temos aínda en mente aquelas peláxicas de comezos de setembro de 2012 (aquí) e 2013 (aquí), con bos bandos de gaivotas de Sabine. Aínda que esta fermosa gaivota é o obxectivo da peláxica, as palleiras, paíños e golfiños están case garantidos.


Peláxica da gran lista 20/9/2014 (data alternativa: 27/9/2014). Quizais a data máis atractiva de todas as peláxicas, unha vez que os visitantes estivais (paíño de Wilson e gaivota de Sabine) están aínda na zona e os migrantes outonais (como a pardela encapuchada Puffinus gravis e o carrán ártico Sterna paradisaea) poderían aparecer xa.


Peláxica das baleas 11/10/2014 (data alternativa: 18/10/2014). Despois da inesquecible peláxica de mediados de outubro de 2013 (ver aquí) tentaremos avistar algunha balea alibranca mar afóra, cos golfiños comúns e arroaces case garantidos e a toniña (Phocoena phocoena) como "bonus". Algunhas aves interesantes, como a palleira pomarina ou a pardela encapuchada, son posibles.


Peláxica tardía 15/11/2014 (data alternativa: 22/11/2014). A derradeira peláxica do ano será realizada a mediados de novembro, co falaropo bicogroso (Phalaropus fulicaria), gaivota pequena (Hydrocoloeus minutus), gaivota tridáctila (Rissa tridactyla) e paíño de Leach (Oceanodroma leucorhoa) como obxectivos.


Baía da Lanzada 13/12/2014 (data alternativa: 20/12/2014). 2014 remata cun roteiro dentro da ría de Arousa e a través da baía da Lanzada. As mobellas grandes (Gavia immer), pentumeiros (Melanitta nigra) e carolos farán as delicias dos participantes xa que son comúns ese mes nesa área.


Fai hoxe mesmo a túa reserva para calquera peláxica aquí ou aquí! E a gozar!

domingo, 22 de dezembro de 2013

14/12/2013: saída polo interior da ría de Arousa

O sábado 14 de decembro de 2013, arredor das 9 da mañá, partimos desde o porto do Grove nunha saída con destino á baía da Lanzada. O día estaba despexado, pero a presenza do mar de fondo facíase notar.
A pouca distancia do peirao avistamos un pequeno grupo de arroaces nunha zona na que os avistamentos desta especie son moi habituais, preto da parte leste do polígono de bateas de Meloxo.
Ao chegar cabo do illote de Noro as sospeitas do patrón confirmáronse: a forte mar de fondo imposibilitaba bordear Sálvora, nen seguir a ruta hacia a Lanzada.
Estivemos costeando a cara oeste da illa de Sálvora e a unha milla de distancia arroxamos aceite e chum pola borda pero só acudiron unhas 40 gaivotas. E iso que había centos sobrevoando Vionta ou pousadas nas rochas acompañadas de numerosos corvos mariños cristados.
Ás 10:30 puxemos rumbo cara ao interior da ría dirixíndonos ao illote de Rúa. Despois de bordealo seguimos a nosa viaxe cara a enseada de Rianxo.Polo camiño cruzámonos con dous bandos de píldoras cincentas acompañados dun mazarico rubio.
Puidemos observar numerosas limícolas ao longo da costa do Abanqueiro, sendo esta unha magnífica zona para a observación de aves desde terra, aínda que co barco non puidemos achegarnos demasiado. Xosé Luis Fernández Carnero conseguiu sacar unha foto testimonial dunha mobella en pleno vo.
Tras acadar os Lombos do Ulla emprendemos a viaxe de volta. Descendemos cabo da illa de Cortegada bordeando a súa cara norte. No illote das Briñas avistamos un bando notable de cullereiros e mazaricos reais que se deixaron fotografiar a escasa distancia.
Tras pasar por abaixo a ponte da Illa de Arousa atopámonos cun bando de pentumeiros preto doutro numeroso de corvo mariño cristado.
Nun illote rochoso da cara suroeste de punta Carreirón vimos un bando de gabitas repousando xunto corvos mariños grandes, gaivotas patiamarelas e mazaricos reais.
Xa enfilando cara ao peirao do Grove, preto de onde foran observados pola mañá, avistamos unha banda de arroaces que polos seus movementos e o rebumbio da auga debían de estar en plena actividade pesqueira.
Regresamos ao porto a media tarde. No pantalán atopábase un exemplar de gaivotón que se está facendo habitual nos nosos regresos a terra.
Non foi a mellor saída en canto a especies avistadas, pero foi unha bonita viaxe, na que gozamos da costa e lugares desta preciosa ría desde outro punto de vista.

Esta é a lista das especies observadas:

Nome científico
Nome castelán
N

Anas platyrhynchos
Lavanco
2

Melanitta nigra
Pentumeiro
109

Podiceps cristatus
Mergullón cristado
1

Gavia immer
Mobella grande
1

Ardea cinerea
Garza real
31

Egretta garzetta
Garzota
24

Platalea leucorodia
Cullereiro
17
Número alto para a zona
Phalacrocorax carbo
Corvo mariño grande
302

Phalacrocorax aristotelis
Corvo mariño cristado
409

Morus bassanus
Mascato
9

Haematopus ostralegus
Gabita
121

Pluvialis squatarola
Píldora cincenta
167

Actitis hypoleucos
Bilurico das rochas
3

Arenaria interpres
Virapedras
18

Limosa lapponica
Mazarico rubio
1

Numenius arquata
Mazarico real
46

Stercorarius skua
Palleira grande
2

Chroicocephalus ridibundus
Gaivota chorona
195

Larus michahellis
Gaivota patiamarela
560

Larus fuscus
Gaivota escura
82

Larus marinus
Gaivotón
29

Sterna sandvicensis
Carrán cristado
42

Motacilla alba
Lavandeira branca
2

Corvus corone
Corvo pequeno
8

Stercorarius sp
Palleira sp
1

Tursiops truncatus
Arroaz
15



E algunhas fotos da xornada (c) Xoán Diéguez Vázquez e Juan Gómez Escariz:

Píldora cincenta (Pluvialis squatarola), 14/12/2013, ría de Arousa (SW Galicia) (c) Xoán Diéguez Vázquez.

Píldora cincenta (Pluvialis squatarola), 14/12/2013, ría de Arousa (SW Galicia) (c) Juan Gómez Escariz

Cullereiros (Platalea leucorodia), 14/12/2013, Malveiras, ría de Arousa (SW de Galicia) (c) Xoán Diéguez Vázquez.

Cullereiros (Platalea leucorodia), 14/12/2013, Malveiras, ría de Arousa (SW de Galicia) (c) Juan Gómez Escariz

Cullereiros (Platalea leucorodia), 14/12/2013, Malveiras, ría de Arousa (SW de Galicia) (c) Juan Gómez Escariz
Cullereiros (Platalea leucorodia), corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo), gaivotón (Larus marinus) e garza real (Ardea cinerea), 14/12/2013, Malveiras, ría de Arousa (SW de Galicia) (c) Xoán Diéguez Vázquez.

Corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo), 14/12/2013, ría de Arousa (SW de Galicia) (c) Juan Gómez Escariz 
Corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo) e gaivotón (Larus marinus) (á dereita), 14/12/2013, ría de Arousa (SW de Galicia) (c) Juan Gómez Escariz

Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis), 14/12/2013, ría de Arousa (SW Galicia) (c) Juan Gómez Escariz

Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis), 14/12/2013, ría de Arousa (SW Galicia) (c) Juan Gómez Escariz

Gabitas (Haematopus ostralegus) e gaivota patiamarela (Larus michahellis) (centro), 14/12/2013, punta Carreirón, A Illa de Arousa (SW de Galicia) (c) Juan Gómez Escariz
Gabitas (Haematopus ostralegus) e gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) (arriba), 14/12/2013, punta Carreirón, A Illa de Arousa (SW de Galicia) (c) Xoán Diéguez Vázquez

Mazarico real (Numenius arquata), 14/12/2013, ría de Arousa (SW Galicia) (c) Xoán Diéguez Vázquez.

Mazarico real (Numenius arquata), 14/12/2013, ría de Arousa (SW Galicia) (c) Xoán Diéguez Vázquez.

Pentumeiros (Melanitta nigra), 14/12/2013, ría de Arousa (SW de Galicia) (c) Juan Gómez Escariz.

Pentumeiros (Melanitta nigra), 14/12/2013, ría de Arousa (SW de Galicia) (c) Juan Gómez Escariz.

Pentumeiros (Melanitta nigra), 14/12/2013, ría de Arousa (SW de Galicia) (c) Juan Gómez Escariz.


Pentumeiros (Melanitta nigra), 14/12/2013, ría de Arousa (SW de Galicia) (c) Juan Gómez Escariz.


Pentumeiros (Melanitta nigra), 14/12/2013, ría de Arousa (SW de Galicia) (c) Xoán Diéguez Vázquez.


Gaivotón (Larus marinus), 14/12/2013, peirao do Grove (SW Galicia) (c) Juan Gómez Escariz 
Gaivotón (Larus marinus), 14/12/2013, peirao do Grove (SW Galicia) (c) Xoán Diéguez Vázquez

Carrán cristado (Sterna sandvicensis), 14/12/2013, ría de Arousa (SW Galicia) (c) Xoán Diéguez Vázquez.
Mascato (Morus bassanus), 14/12/2013, ría de Arousa (SW Galicia) (c) Juan Gómez Escariz.