"Aves e mamíferos mariños no SW de Galiza, todo o ano. Unha experiencia didáctica e emocionante ao mellor prezo!"

segunda-feira, 10 de junho de 2013

08/06/2013: primeiros paíños de Wilson e grupo de arroaces botos

O sábado 8 de xuño partimos ás 8:00 da mañá do porto do Grove para realizar a primeira saída peláxica do ano. Na ría o mar e o ambiente ornitolóxico era calmado e só destacou un gaivotón inmaturo pousado nunha batea. Xa na bocana observamos as primeiras pardelas e mascatos, ante a espectación dos participantes, se ben ao "dobrar" Sálvora o mar anunciaba unha saída algo movida. Tras un primeiro "chum", anotamos os primeiros paíños, aumentando o seu número no segundo "chum" a 12 millas náuticas ao W de Ons cun grupo duns 50 paíños pequenos, aos que se sumarían máis posteriormente, totalizando 130. Tamén se viron carráns común e pardelas escuras. Na ruta veríamos os primeiros dous paíños de Wilson e, xa de regreso, un excelente grupo duns 40 arroaces botos, que fixeron as delicias dos participantes.

Eis aquí os resultados. Observacións destacadas en grosa; M: mamíferos:

Nome científico
Nome galego
Número
Notas
Calonectris diomedea
Pardela cincenta
9

Puffinus griseus
Pardela escura
2

Puffinus mauretanicus
Furabuchos balear
16
Cifra baixa
Oceanites oceanicus
Paíño de Wilson
2
No traxecto. Primeiros do ano
Hydrobates pelagicus
Paíño pequeno
130
En grupos (récord ata agora)
Morus bassanus
Mascato
127
Maioría adultos
Phalacrocorax aristotelis
Corvo mariño cristado
56
Cifra baixa
Stercorarius skua
Palleira grande
15
Número alto
Larus michahellis
Gaivota patiamarela
370
Maioría adultos, cifra aproximada
Larus fuscus
Gaivota escura
3
2 adultos, 1 subadulto
Larus marinus
Gaivotón
1
Subadulto
Sterna hirundo
Carrán común
11

Motacilla flava
Lavandeira amarela
1
En Pombeiro
Corvus corone
Corvo pequeno
1
Nunha batea




M: Grampus griseus
Arroaz boto
40
Con 3 crías!

Fotos (c) José Luis Fernández Carnero:
Mascato (Morus bassanus), 08/06/2013, mar adentro ao W de Ons, (c) J. L. Fernández Carnero

Mascato (Morus bassanus), 08/06/2013, mar adentro ao W de Ons, (c) J. L. Fernández Carnero

Paíño pequeno(Hydrobates pelagicus), 08/06/2013, mar adentro ao W de Ons, (c) J. L. Fernández Carnero

Paíño de Wilson (Oceanites oceanicus), 08/06/2013, mar adentro ao W de Ons, (c) J. L. Fernández Carnero

Pardela cincenta(Calonectris diomedea borealis), 08/06/2013, mar adentro ao W de Ons, (c) J. L. Fernández Carnero

Pardela escura (Puffinus griseus), 08/06/2013, mar adentro ao W de Ons, (c) J. L. Fernández Carnero

Pardela balear (Puffinus mauretanicus), 08/06/2013, mar adentro ao W de Ons, (c) J. L. Fernández Carnero

Palleira grande (Stercorarius skua), 08/06/2013, mar adentro ao W de Ons, (c) J. L. Fernández Carnero

Carrán común (Sterna hirundo), 08/06/2013, mar adentro ao W de Ons, (c) J. L. Fernández Carnero

Arroaz boto (Grampus griseus), 08/06/2013, mar adentro ao W de Ons, (c) J. L. Fernández Carnero

Arroaz boto (Grampus griseus), 08/06/2013, mar adentro ao W de Ons, (c) J. L. Fernández Carnero

Arroaz boto (Grampus griseus), 08/06/2013, mar adentro ao W de Ons, (c) J. L. Fernández Carnero

sexta-feira, 31 de maio de 2013

Nova saída peláxica - 8 de xuño

Tras as saídas canceladas de abril e maio, o sábado día 8 de xuño realizarase desde o porto do Grove a que esperemos sexa a primeira saída peláxica do ano, "a das pardelas". Se o mar e o tempo nos acompañan, teremos oportunidade de ver furabuchos baleares (Puffinus mauretanicus), pardelas cincentas (Calonectris diomedea), paíños pequenos (Hydrobates pelagicus) e con sorte algunha palleira grande (Stercorarius skua) e quizais o paíño de Wilson (Oceanites oceanicus).

A saída será ás 8:00 h da mañá e durará ata as 15:30 h.

O prezo da peláxica será de 65€ por persoa (55€ para os socios do Grupo Naturalista Hábitat), e inclúe un tentempé a bordo. Non hai recargo polo "chum" ou engado para as aves mariñas.

Pardela cincenta o 13.10.2012 por José Luis Lorenzo "Colón"
Apúntate en: seabirdsgalicia (arroba) gmail.com

sábado, 9 de março de 2013

02/03/2013. Primeira saída do ano: interior da Ría de Arousa


O sábado día 2 de marzo, ás 8:30 h, partimos do porto do Grove un grupo de afeccionados ás aves dispostos a gozar dun paseo en barco polo interior da ría de Arousa. A data era algo tardía para a invernada dalgunhas aves acuáticas (por exemplo, para a maior parte dos patos de superficie), pero había posibilidades de observar especies de interese, como mergos cristados, mergullóns de pescozo negro, mobellas grandes e mesmo álcidos. E a xornada non defraudou! Inmediatamente despois de saír de porto observamos os primeiros arroaces e gaivotas canas, ademais dun bo número de carráns cristados, gaivotas cabecinegras e escuras e, xa máis preto da ponte da Illa de Arousa, carolo e gaivotón. Os primeiros pentumeiros aparecerían na praia do Vao, na Illa de Arousa, mentres que a pasaxe xunto ás praias das Cunchas e O Porrón desvelaron tres lonxanos mergos cristados e outro grupiño de arroaces. A enseada de Rianxo foi así mesmo produtiva, con bos número de mergullóns de pescozo negro (case todos lucindo a súa elegante plumaxe nupcial), pentumeiros e mesmo unha temperá andoriña común. A ruta cara á illa de Rúa tivo varios momentos álxidos, coa observación de dúas mobellas grandes moi tranquilas e nada menos que oito araos comúns. O regreso dende Rúa ao Grove, pasando polo illote do Galiñeiro, deparou tres palleiras grandes así como máis individuos dalgunhas especies vistas noutros puntos da ruta.

A continuación, detállanse as especies observadas cos números anotados durante toda a viaxe. En grosa, observacións destacadas. En cursiva, cifras aproximadas:

Nome galego
Nome científico
Total
Pentumeiro
Melanitta nigra
94
Mergo cristado
Mergus serrator
3
Mobella grande
Gavia immer
3
Mergullón de pescozo negro
Podiceps nigricollis
60
Corvo mariño grande
Phalacrocorax carbo
191
Corvo mariño cristado
Phalacrocorax aristotelis
49
Mascato
Morus bassanus
2
Garza real
Ardea cinerea
2
Garzota
Egretta garzetta
15
Miñato
Buteo buteo
3
Gavita
Haematopus ostralegus
10
Píllara cincenta
Pluvialis squatarola
1
Píllara real
Charadrius hiaticula
120
Píllara das dunas
Charadrius alexandrinus
2
Pilro tridáctilo
Calidris alba
61
Pilro común
Calidris alpina
4
Mazarico real
Numenius arquata
8
Virapedras
Arenaria interpres
18
Palleira grande
Stercorarius skua
3
Gaivota chorona
Chroicocephalus ridibundus
294
Gaivota cabecinegra
Larus melanocephalus
18
Gaivota cana
Larus canus
3
Gaivota patiamarela
Larus michahellis
569
Gaivota escura
Larus fuscus
95
Gaivotón
Larus marinus
9
Carrán cristado
Sterna sandvicenis
17
Carolo
Alca torda
4
Arao común
Uria aalge
8
Pombo
Columba palumbus
1
Anduriña
Hirundo rustica
1
Corvo pequeno
Corvus corone
3
Arroaz
Tursiops truncatus
15




Gaivota escura (Larus fuscus), 02/03/2013 (c) Juan Gómez Escariz

Gaivota chorona (Chroicocephalus ridibundus), 02/03/2013 (c) Juan Gómez Escariz
Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis) (esq.) e gaivotón (Larus marinus), 02/03/2013 (c) Xoán Diéguez Vázquez

Pentumeiro (Melanitta nigra), 02/03/2013 (c) Juan Gómez Escariz
Pentumeiro (Melanitta nigra), 02/03/2013 (c) Juan Gómez Escariz

Mergullón de pescozo negro (Podiceps nigricollis), 02/03/2013 (c) Juan Gómez Escariz
Mergullón de pescozo negro (Podiceps nigricollis), 02/03/2013 (c) Xoán Diéguez Vázquez
Mergullón de pescozo negro (Podiceps nigricollis), 02/03/2013 (c) Juan Gómez Escariz
Carolo (Alca torda), 02/03/2013 (c) Juan Gómez Escariz
Carolo (Alca torda), 02/03/2013 (c) Juan Gómez Escariz
Arao común (Uria aalge), 02/03/2013 (c) Xoán Diéguez Vázquez
Arao común (Uria aalge), 02/03/2013 (c) Juan Gómez Escariz

Arao común (Uria aalge), 02/03/2013 (c) Xoán Diéguez Vázquez
Arao común (Uria aalge), 02/03/2013 (c) Juan Gómez Escariz

Mobella grande (Gavia immer), 02/03/2013 (c) Xoán Diéguez Vázquez
Mobella grande (Gavia immer), 02/03/2013 (c) Juan Gómez Escariz

Mobella grande (Gavia immer), 02/03/2013 (c) Juan Gómez Escariz

Mobella grande (Gavia immer), 02/03/2013 (c) Xoán Diéguez Vázquez