"Aves e mamíferos mariños no SW de Galiza, todo o ano. Unha experiencia didáctica e emocionante ao mellor prezo!"

sábado, 9 de março de 2013

02/03/2013. Primeira saída do ano: interior da Ría de Arousa


O sábado día 2 de marzo, ás 8:30 h, partimos do porto do Grove un grupo de afeccionados ás aves dispostos a gozar dun paseo en barco polo interior da ría de Arousa. A data era algo tardía para a invernada dalgunhas aves acuáticas (por exemplo, para a maior parte dos patos de superficie), pero había posibilidades de observar especies de interese, como mergos cristados, mergullóns de pescozo negro, mobellas grandes e mesmo álcidos. E a xornada non defraudou! Inmediatamente despois de saír de porto observamos os primeiros arroaces e gaivotas canas, ademais dun bo número de carráns cristados, gaivotas cabecinegras e escuras e, xa máis preto da ponte da Illa de Arousa, carolo e gaivotón. Os primeiros pentumeiros aparecerían na praia do Vao, na Illa de Arousa, mentres que a pasaxe xunto ás praias das Cunchas e O Porrón desvelaron tres lonxanos mergos cristados e outro grupiño de arroaces. A enseada de Rianxo foi así mesmo produtiva, con bos número de mergullóns de pescozo negro (case todos lucindo a súa elegante plumaxe nupcial), pentumeiros e mesmo unha temperá andoriña común. A ruta cara á illa de Rúa tivo varios momentos álxidos, coa observación de dúas mobellas grandes moi tranquilas e nada menos que oito araos comúns. O regreso dende Rúa ao Grove, pasando polo illote do Galiñeiro, deparou tres palleiras grandes así como máis individuos dalgunhas especies vistas noutros puntos da ruta.

A continuación, detállanse as especies observadas cos números anotados durante toda a viaxe. En grosa, observacións destacadas. En cursiva, cifras aproximadas:

Nome galego
Nome científico
Total
Pentumeiro
Melanitta nigra
94
Mergo cristado
Mergus serrator
3
Mobella grande
Gavia immer
3
Mergullón de pescozo negro
Podiceps nigricollis
60
Corvo mariño grande
Phalacrocorax carbo
191
Corvo mariño cristado
Phalacrocorax aristotelis
49
Mascato
Morus bassanus
2
Garza real
Ardea cinerea
2
Garzota
Egretta garzetta
15
Miñato
Buteo buteo
3
Gavita
Haematopus ostralegus
10
Píllara cincenta
Pluvialis squatarola
1
Píllara real
Charadrius hiaticula
120
Píllara das dunas
Charadrius alexandrinus
2
Pilro tridáctilo
Calidris alba
61
Pilro común
Calidris alpina
4
Mazarico real
Numenius arquata
8
Virapedras
Arenaria interpres
18
Palleira grande
Stercorarius skua
3
Gaivota chorona
Chroicocephalus ridibundus
294
Gaivota cabecinegra
Larus melanocephalus
18
Gaivota cana
Larus canus
3
Gaivota patiamarela
Larus michahellis
569
Gaivota escura
Larus fuscus
95
Gaivotón
Larus marinus
9
Carrán cristado
Sterna sandvicenis
17
Carolo
Alca torda
4
Arao común
Uria aalge
8
Pombo
Columba palumbus
1
Anduriña
Hirundo rustica
1
Corvo pequeno
Corvus corone
3
Arroaz
Tursiops truncatus
15




Gaivota escura (Larus fuscus), 02/03/2013 (c) Juan Gómez Escariz

Gaivota chorona (Chroicocephalus ridibundus), 02/03/2013 (c) Juan Gómez Escariz
Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis) (esq.) e gaivotón (Larus marinus), 02/03/2013 (c) Xoán Diéguez Vázquez

Pentumeiro (Melanitta nigra), 02/03/2013 (c) Juan Gómez Escariz
Pentumeiro (Melanitta nigra), 02/03/2013 (c) Juan Gómez Escariz

Mergullón de pescozo negro (Podiceps nigricollis), 02/03/2013 (c) Juan Gómez Escariz
Mergullón de pescozo negro (Podiceps nigricollis), 02/03/2013 (c) Xoán Diéguez Vázquez
Mergullón de pescozo negro (Podiceps nigricollis), 02/03/2013 (c) Juan Gómez Escariz
Carolo (Alca torda), 02/03/2013 (c) Juan Gómez Escariz
Carolo (Alca torda), 02/03/2013 (c) Juan Gómez Escariz
Arao común (Uria aalge), 02/03/2013 (c) Xoán Diéguez Vázquez
Arao común (Uria aalge), 02/03/2013 (c) Juan Gómez Escariz

Arao común (Uria aalge), 02/03/2013 (c) Xoán Diéguez Vázquez
Arao común (Uria aalge), 02/03/2013 (c) Juan Gómez Escariz

Mobella grande (Gavia immer), 02/03/2013 (c) Xoán Diéguez Vázquez
Mobella grande (Gavia immer), 02/03/2013 (c) Juan Gómez Escariz

Mobella grande (Gavia immer), 02/03/2013 (c) Juan Gómez Escariz

Mobella grande (Gavia immer), 02/03/2013 (c) Xoán Diéguez Vázquez

Sem comentários:

Enviar um comentário