Debido ás previsións do tempo e o estado da mar, con ondas de ata tres metros, corto periodo e baixa visivilidade, o patrón do Chasula decideu cancelar a saída prevista para este sábado, xa que o estado do mar e a visibilidade poden dificultar bastante o avistamento e a fotografía así como a seguridade a bordo. Polo que ata finais de febreiro non se realizarán, nun principio, máis saídas peláxicas, aínda que está prevista realizar unha saída de avistamento de aves invernantes polo interior da ría de Arousa en xaneiro, da que vos manteremos informados.
Disculpade as molestias.
Sem comentários:
Enviar um comentário