"Aves e mamíferos mariños no SW de Galiza, todo o ano. Unha experiencia didáctica e emocionante ao mellor prezo!"

sexta-feira, 5 de junho de 2015

18/07/2015: Ruta peláxica dos paíños.

Paíño europeo Hydrobates pelagicus. JL Lorenzo.
Esta próxima saída peláxica é a ideal para o avistamento de procellariiformes que están en paso migratorio cara ao norte como os furabuchos baleares (Puffinus mauritanicus), as cincentas (Calonectris diomedea), ademais dalgunhas pardelas escursa (Puffinus griseus).


Tamén é posible observar os primeiros paíños do ano, por eso chamámola peláxica dos paíños.

Pero non só pardelas e paíños pódense observar nesta travesía senón tamén mascatos (Morus bassanus), corvos mariños cristados (Phalacrocorax aristotelis), gaivotons atlánticos (Larus marinus), gaivotas patiamarelas (Larus michahellis), algunha escura (Larus fuscus) e limícolas varias.
Tamén é posible observar carrans e os sempre agradecidos cetáceos: arroaces (Tursiops truncatus) e golfiños comúns (Delphinus delphis).

¡¡Anímate e participa na ruta peláxica dos paíños!!

terça-feira, 31 de março de 2015

29/03/2015: Araos papagaios!

Por causa das malas condicións meteorolóxicas, a saída que tiñamos programada para o día 21 de Marzo, tivémola que pospor para a seguinte semana. Este é o relato da xornada:

Partimos do porto grovense á primeira hora da mañá, case de noite e esta vez un pouco adormecidos debido ao “madrugón” polo cambio de hora.

Atravesamos o polígono mariño de bateas de moluscos instalados na ría e xa puidemos deleitarnos coas aves máis madrugadoras: corvos mariños grandes e cristados, gaivotas patiamarelas e escuras,  carrans cristados e arroaces comúns.

Puxemos rumbo W até alcanzar Sálvora, illa do Parque Nacional e preto desta observáronse os primeiros mascatos, palleiras grandes  e  o primeiro arao papagaio.

Pasada a illa navegamos unhas cantas millas cara ao interior do Atlántico, aos poucos aumentaban os mascatos, observáronse outras 3 palleiras grandes, máis arroaces, outro arao papagaio e 1 álcido sp. de lonxe.

En torno ao “chum” déronse cita bos números de gaivotas grandes, ademais de cabecinegras, carrans cristados, 8 palleiras grandes, 1 palleiras parásita  e 1 peixe roda.

Xa na viaxe de retorno apareceron outros 2 araos papagaios,  mais palleiras grandes, e máis alcatraces, e  xa no interior da ría aumentaron os números con respecto á mañá de corvos mariños cristados e de patiamarelas. Víronse ademáis arroaces, gaivotón atlántico, gaivotas choronas e virapedras.

Os protagonistas foron os araos papagaios, pero tamén as palleiras grandes.

A continuación detallase a lista de especies, con mellores observacions en grosa e números aproximados en cursiva:




E algunhas fotografías da xornada, (c) de  Xoán Diéguez, J.L. Lorenzo e J. R. Martín.


Participantes da saída. 29/03/2015. SW Galicia (c) J.L. Lorenzo.
Participantes da saída. 29/03/2015. SW Galicia (c) J.L. Lorenzo.

Participantes da saída. 29/03/2015. SW Galicia (c) J.L. Lorenzo.
Arao papagaio Fratercula arctica 29/03/2015. SW Galicia (c) X.  Dieguez.
Arao papagaio Fratercula arctica 29/03/2015. SW Galicia (c) X.  Dieguez.
Mascato Morus bassanus 29/03/2015. SW Galicia (c) X.  Dieguez.
Palleira grande Stercorarius skua 29/03/2015. SW Galicia (c) X.  Dieguez.
Palleira grande Stercorarius skua 29/03/2015. SW Galicia (c) X.  Dieguez.


Mascato  Morus bassanus 29/03/2015. SW Galicia (c) J. R. Martín.
Palleira grande Stercorarius skua 29/03/2015. SW Galicia (c) J. R. Martín.

Araos papagaios Fratercula arctica 29/03/2015. SW Galicia (c) J. R. Martín.

sábado, 14 de março de 2015

21/03/2015: Peláxica dos araos papagaios

Arao papagaio (Fratercula arctica), mar adentro da illa de Sálvora (Alfonso Santamaría)

O vindeiro sábado  21 de marzo iniciamos as rutas peláxicas do 2015.

Como o nome da saída indica, nestas datas e penetrándo a varias millas naúticas, é posible observar distintas especies de álcidos, a destacar os "raros" araos papagaios, tamén araos  e carolos.

Seguro que na ruta veranse  ademais mascatos migrando cara ao norte, e é posible ver palleiras, carrans, corvos mariños e por suposto gaivotas. 

Nas bateas da ría sempre atoparemos algunhas especies "extra", de limícolas, patos, passeriformes...e non adoitan fallar os cetáceos: arroaces comuns, golfiños  comúns e con sorte, algún arroaz boto.

¡Anímámosche a participar porque nunca se sabe o que a mar depara!



quinta-feira, 5 de março de 2015

Saída técnica 28/02/2015

Amenceu gris o sábado e cunha fina choiva que vernizaba a cuberta do noso Chasula. Quizais este mal tempo foi a causa dunha falta de "quórum" que non nos permitiu facer a primeira saída do ano tal como estaba programada. A pesar diso, tripulación e barco tiñan ganas de mar así que decidimos zarpar para realizar unha travesía técnica de observación cun reducido grupo de colaboradores de Intramar.
Rumbo ao interior da ría atravesamos os polígonos de bateas baixo a atenta mirada de corvos mariños cristados (Phalacrocorax aristotelis), corvos mariños grandes (Phalacrocorax carbo) e varias decenas de patiamarelas (Larus michaellis). A cousa estaba tranquila.
Andabamos fronte Vilagarcía cando alguén cantou dende proa algo interesante nas Malveiras. Algo máis dunha decena de cullereiros (Platalea leucorodia) fozaban na lama mentres eran retratadas dende cuberta.
Punto e aparte e parágrafo propio merece a nosa aproximación a uns mergos cristados (Mergus serrator) que andaban nos Lombos do Ulla e que nos mantiveron en vilo e acubillados baixo a toldiña case en silencio para non asustalas.
Tras un primeiro encontro, e posterior aproximación a unha colonia de limícolas, cruzámonos fronte ao porto de  Rianxo cuns mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis) que, como non podía ser doutro modo, foron afotados preceptivamente polo equipo.
Baixo a toldiña xa se respiraban aromas que abrían o apetito e como non era cuestión de facerlle un feo ao cociñeiro demos boa conta da cuchipanda a base de bos pratos mariñeiros para repoñer forzas.
Xa de volta a porto andamos xogando ao gato e o rato cuns tímidos arroaces (Tursiops truncatus) que non se deixaban ver de boa gana.
Co Chasula amarrado e a tripulación baldeirando a cuberta, equipo e patrón despedímonos ata a próxima. Agardamos que sexa co barco cheo e mellor tempo.

Fomos poucos pero demos guerra... e o que nos rimos. Ata a próxima.


LISTA DE ESPECIES OBSERVADAS. INTRAMAR CHASULA  SAÍDA 28/02/2015

Nombre científico                       Nome galego               Total aprox.

Anas platyrhynchos                        Lavanco                                     1
Melanitta nigra                              Pentumeiro                                3
Mergus serrator                             Mergo cristado                              4
Phalacrocorax carbo                     Corvo mariño grande                  132
Phalacrocorax aristotelis              Corvo mariño cristado                  47
Egretta garzetta                             Garzota                                          3
Ardea cinerea                                Garza real                                     4
Pluvialis squatarola                       Píldora cincenta                         107 
Calidris alba                                  Pilro tridáctilo                               14
Numenius arquata                          Mazarico real                                79
Arenaria interpres                         Virapedras                                    32
Stercorarius skua                           Palleira grande                               1
Larus melanocephalus                   Gaivota cabecinegra                       8
Larus ridibundus                           Gaivota chorona                            27
Larus michahellis                          Gaviota patiamarela                    226
Larus marinus                                Gaivotón                                         1
Sterna sandvicencis                        Carrán cristado                               6
Corvus corone                                Corvo pequeno                               4
Platalea leucorodia                        Cullereiros                                     15
Podiceps nigricollis                        Mergullón de pescozo negro           9
Tursiops truncatus                           Arroaz                                            9


Autor: Colón de Cangas



Autor: Colón de Cangas 



Autor: Colón de Cangas

Autor: Colón de Cangas 

Autor: Colón de Cangas

Autor: Juan Gómez


Autor: Juan Gómez


Autor: Xoán Diéguez

Autor: Xoán Diéguez






Autor: Xoán Diéguez


Autor: Xoán Diéguez


Autor: Xoán Diéguez






quinta-feira, 19 de fevereiro de 2015

28/02/2015. Primeira saída 2015

Cullereiro (Platalea leucorodia), 14/12/2013, Malveiras, ría de Arousa (SW de Galicia)  (c) Juan Gómez Escariz

O vindeiro sábado 28 de febreiro estreamos calendario. Retomamos as saídas en barco de Seabirds Galicia para observar aves e mamiferos mariños.

Inaguramos o 2015 cunha ruta polo interior da ría de Arousa, un dos lugares idóneos da nosa comunidade para a invernada de aves acuáticas e mariñas.

Poderemos observar as especies habituais como gaivotas cabecinegras,  gaivotons, corvos mariños cristados... e cullereiros, limícolas e ardeidos da costa ou das bateas.
Tamén tentaremos observar carolos, pentumeiros, mergos cristados, mergullons de pescozo negro, mergullons cristados ou mobellas grandes, que teñen nesta ría unha das mellores zonas costeiras onde pasar o inverno.
En canto a mamíferos mariños, na ría de Arousa os arroaces non adoitan fallar.


¡Anímate a participar e goza da saída!

quinta-feira, 22 de janeiro de 2015

Programa de Saidas Peláxicas 2.015




Como ven sendo habitual xa iniciamos a nova tempada de saidas para avistamento de aves e mamíferos mariños na costa galega. 
A continuación poñemos o calendario para as saídas programadas para este ano. Esperamos que sean do voso agrado, xa se poden reservar prazas dende este momento. Estas son:

Interior da ría de Arousa: sábado 28/2/2015 (datas alternativas: 1/3/2015). A tradicional saída por dentro da ría de Arousa, na procura de mergo cristado (Mergus serrator), mobella grande (Gavia immer), mergullón de pescozo negro (Podiceps nigricollis) e arao comun (Uria aalge), entre outras especies.

Peláxica dos araos papagaio: sábado 21/3/2015 (datas alternativas : 22/3/2015). Enfocado á observación dos araos papagaio (Fratercula arctica) e común (Uria aalge) xusto mar afora da illa de Sálvora.

Peláxica dos golfiños: sábado 16/5/2015 (datas alternativas: 17/5/2015). O arroaz boto (Grampus griseus), o golfiño común (Delphinus delphis) e o arroaz (Tursiops truncatus) son avistamentos posibles nesta saída, con palleiras e pardelas como "bonus".

Peláxica das pardelas: sábado 27/6/2015 (datas alternativas: 28/6/2015). Grupos de furabuchos baleares (Puffinus mauretanicus) e pardelas cincentas (Calonectris diomedea borealis) están case garantidos, e quizais se poidan ver os primeiros grupos de paíños pequenos (Hydrobates pelagicus).

Peláxica dos paíños: sábado 18/7/2015. Esta é boa data para os paíños de Wilson (Oceanites oceanicus) e pequeno, así como para as pardelas. Botaremos un ollo por se aparece algunha balea alibranca (Balaenoptera acutorostrata)!

Peláxica dos carrans: sábado 15/8/2015. Boas datas para os carrans (Sterna hirundo),  (Sterna paradisaea) e  (Sternula albifrons), así como para o paíño pequeno  e incluso o carrán negro.

Peláxica das palleiras: sábado 29/8/2015. Data excelente para as palleiras parasita (Stercorarius parasiticus), grande e incluso pomarina (S. pomarinus), así como para os paíños de Wilson e pequeno. Existe a posibilidade de ver a primeira gaivota de Sabine (Xema sabini) do ano.

Peláxica da Sabine: sábado 12/9/2015 (datas alternativas : 13/9/2015). Temos aínda en mente aquelas peláxicas de comezos de setembro de 2012 (aquí) e 2013 (aquí), con bos bandos de gaivotas de Sabine. Aínda que esta fermosa gaivota é o obxectivo da peláxica, as palleiras, paíños e golfiños están case garantidos.

Peláxica da gran lista: sábado 26/9/2015 (datas alternativas: 27/9/2015). Quizais a data máis atractiva de todas as peláxicas, unha vez que os visitantes estivais (paíño de Wilson e gaivota de Sabine) están aínda na zona e os migrantes outonais (como a pardela encapuchada Puffinus gravis e o carrán ártico Sterna paradisaea) poderían aparecer xa.

Peláxica das baleas: sábado 17/10/2015 (datas alternativas: 18/10/2015). Despois da inesquecible peláxica de mediados de outubro de 2013 (ver aquí) tentaremos avistar algunha balea alibranca mar afóra, cos golfiños comúns e arroaces case garantidos e a toniña (Phocoena phocoena) como "bonus". Algunhas aves interesantes, como a palleira pomarina ou a pardela encapuchada, son posibles.

Peláxica tardía: 14/11/2015 (datas alternativas: 15/11/2015). A derradeira peláxica do ano será realizada a mediados de novembro, co falaropo bicogroso (Phalaropus fulicaria), gaivota pequena (Hydrocoloeus minutus), gaivota tridáctila (Rissa tridactyla) e paíño de Leach (Oceanodroma leucorhoa) como obxectivos.

Baía da Lanzada: 5/12/2015 (datas alternativas: 6/12/2015).2015 remata cun roteiro dentro da ría de Arousa e a través da baía da Lanzada. As mobellas grandes (Gavia immer), pentumeiros (Melanitta nigra) e carolos farán as delicias dos participantes xa que son comúns ese mes nesa área.

sexta-feira, 12 de dezembro de 2014

20/12/2014. Saída do Nadal - Baía da Lanzada

Ostreros euroasiáticos Haematopus ostralegus.  Ría de Arousa, SW Galicia (c) Xoán Diéguez.

Por motibos de axenda  do ”Chasula” a próxima saída da plataforma Seabirds Galicia realizarase o día 20/11/2014, partindo e regresando da mariña de Cabo de Cruz:  porto de  Cabo da Cruz, sito a N: 42º 36'  6" W: 08º 53'  3" (Boiro. A Coruña); por ese motivo e si o tempo acompaña realizaremos unha expedición que comprendera as 2 rutas de inverno:

1. Polo interior de ría de Arousa, onde podremos observas aves invernantes como os mergos cristados (Mergus serrator), e os mergullons  (Podiceps nigricollis), cuias concentracions son as mais abondosas de Galicia e de España. Nesta ruta  pódense  observar tamén mergullons cristados (Podiceps cristatus), pentumeiros (Melanitta nigra), limícolas, corvos mariños, cullereiros, garzas reais, garzotas ou gaivotas que descansan nas bateas.

2.  Na segunda ruta achegarémonos a baía da Lanzada, famosa pola sua concentración das fermosas mobellas (Gavia immer e Gavia arctica), así como carolos (Alca torda), pentumeiros (Melanitta nigra), carrans cristados (Sterna sandwicensis), mascatos (Morus bassanus) e algunha palleira grande  (Stercorarius skua).

Sin esquecernos dos arroaces tan abondosos nesta ría.

Animádevos a participar: seabirdsgalicia@gmail.com.

. Alca Alca torda. Ría de Arousa, SW Galicia (c) X. L. Fernández Carnero.