"Aves e mamíferos mariños no SW de Galiza, todo o ano. Unha experiencia didáctica e emocionante ao mellor prezo!"

quinta-feira, 5 de março de 2015

Saída técnica 28/02/2015

Amenceu gris o sábado e cunha fina choiva que vernizaba a cuberta do noso Chasula. Quizais este mal tempo foi a causa dunha falta de "quórum" que non nos permitiu facer a primeira saída do ano tal como estaba programada. A pesar diso, tripulación e barco tiñan ganas de mar así que decidimos zarpar para realizar unha travesía técnica de observación cun reducido grupo de colaboradores de Intramar.
Rumbo ao interior da ría atravesamos os polígonos de bateas baixo a atenta mirada de corvos mariños cristados (Phalacrocorax aristotelis), corvos mariños grandes (Phalacrocorax carbo) e varias decenas de patiamarelas (Larus michaellis). A cousa estaba tranquila.
Andabamos fronte Vilagarcía cando alguén cantou dende proa algo interesante nas Malveiras. Algo máis dunha decena de cullereiros (Platalea leucorodia) fozaban na lama mentres eran retratadas dende cuberta.
Punto e aparte e parágrafo propio merece a nosa aproximación a uns mergos cristados (Mergus serrator) que andaban nos Lombos do Ulla e que nos mantiveron en vilo e acubillados baixo a toldiña case en silencio para non asustalas.
Tras un primeiro encontro, e posterior aproximación a unha colonia de limícolas, cruzámonos fronte ao porto de  Rianxo cuns mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis) que, como non podía ser doutro modo, foron afotados preceptivamente polo equipo.
Baixo a toldiña xa se respiraban aromas que abrían o apetito e como non era cuestión de facerlle un feo ao cociñeiro demos boa conta da cuchipanda a base de bos pratos mariñeiros para repoñer forzas.
Xa de volta a porto andamos xogando ao gato e o rato cuns tímidos arroaces (Tursiops truncatus) que non se deixaban ver de boa gana.
Co Chasula amarrado e a tripulación baldeirando a cuberta, equipo e patrón despedímonos ata a próxima. Agardamos que sexa co barco cheo e mellor tempo.

Fomos poucos pero demos guerra... e o que nos rimos. Ata a próxima.


LISTA DE ESPECIES OBSERVADAS. INTRAMAR CHASULA  SAÍDA 28/02/2015

Nombre científico                       Nome galego               Total aprox.

Anas platyrhynchos                        Lavanco                                     1
Melanitta nigra                              Pentumeiro                                3
Mergus serrator                             Mergo cristado                              4
Phalacrocorax carbo                     Corvo mariño grande                  132
Phalacrocorax aristotelis              Corvo mariño cristado                  47
Egretta garzetta                             Garzota                                          3
Ardea cinerea                                Garza real                                     4
Pluvialis squatarola                       Píldora cincenta                         107 
Calidris alba                                  Pilro tridáctilo                               14
Numenius arquata                          Mazarico real                                79
Arenaria interpres                         Virapedras                                    32
Stercorarius skua                           Palleira grande                               1
Larus melanocephalus                   Gaivota cabecinegra                       8
Larus ridibundus                           Gaivota chorona                            27
Larus michahellis                          Gaviota patiamarela                    226
Larus marinus                                Gaivotón                                         1
Sterna sandvicencis                        Carrán cristado                               6
Corvus corone                                Corvo pequeno                               4
Platalea leucorodia                        Cullereiros                                     15
Podiceps nigricollis                        Mergullón de pescozo negro           9
Tursiops truncatus                           Arroaz                                            9


Autor: Colón de Cangas



Autor: Colón de Cangas 



Autor: Colón de Cangas

Autor: Colón de Cangas 

Autor: Colón de Cangas

Autor: Juan Gómez


Autor: Juan Gómez


Autor: Xoán Diéguez

Autor: Xoán Diéguez






Autor: Xoán Diéguez


Autor: Xoán Diéguez


Autor: Xoán Diéguez






quinta-feira, 19 de fevereiro de 2015

28/02/2015. Primeira saída 2015

Cullereiro (Platalea leucorodia), 14/12/2013, Malveiras, ría de Arousa (SW de Galicia)  (c) Juan Gómez Escariz

O vindeiro sábado 28 de febreiro estreamos calendario. Retomamos as saídas en barco de Seabirds Galicia para observar aves e mamiferos mariños.

Inaguramos o 2015 cunha ruta polo interior da ría de Arousa, un dos lugares idóneos da nosa comunidade para a invernada de aves acuáticas e mariñas.

Poderemos observar as especies habituais como gaivotas cabecinegras,  gaivotons, corvos mariños cristados... e cullereiros, limícolas e ardeidos da costa ou das bateas.
Tamén tentaremos observar carolos, pentumeiros, mergos cristados, mergullons de pescozo negro, mergullons cristados ou mobellas grandes, que teñen nesta ría unha das mellores zonas costeiras onde pasar o inverno.
En canto a mamíferos mariños, na ría de Arousa os arroaces non adoitan fallar.


¡Anímate a participar e goza da saída!

quinta-feira, 22 de janeiro de 2015

Programa de Saidas Peláxicas 2.015




Como ven sendo habitual xa iniciamos a nova tempada de saidas para avistamento de aves e mamíferos mariños na costa galega. 
A continuación poñemos o calendario para as saídas programadas para este ano. Esperamos que sean do voso agrado, xa se poden reservar prazas dende este momento. Estas son:

Interior da ría de Arousa: sábado 28/2/2015 (datas alternativas: 1/3/2015). A tradicional saída por dentro da ría de Arousa, na procura de mergo cristado (Mergus serrator), mobella grande (Gavia immer), mergullón de pescozo negro (Podiceps nigricollis) e arao comun (Uria aalge), entre outras especies.

Peláxica dos araos papagaio: sábado 21/3/2015 (datas alternativas : 22/3/2015). Enfocado á observación dos araos papagaio (Fratercula arctica) e común (Uria aalge) xusto mar afora da illa de Sálvora.

Peláxica dos golfiños: sábado 16/5/2015 (datas alternativas: 17/5/2015). O arroaz boto (Grampus griseus), o golfiño común (Delphinus delphis) e o arroaz (Tursiops truncatus) son avistamentos posibles nesta saída, con palleiras e pardelas como "bonus".

Peláxica das pardelas: sábado 27/6/2015 (datas alternativas: 28/6/2015). Grupos de furabuchos baleares (Puffinus mauretanicus) e pardelas cincentas (Calonectris diomedea borealis) están case garantidos, e quizais se poidan ver os primeiros grupos de paíños pequenos (Hydrobates pelagicus).

Peláxica dos paíños: sábado 18/7/2015. Esta é boa data para os paíños de Wilson (Oceanites oceanicus) e pequeno, así como para as pardelas. Botaremos un ollo por se aparece algunha balea alibranca (Balaenoptera acutorostrata)!

Peláxica dos carrans: sábado 15/8/2015. Boas datas para os carrans (Sterna hirundo),  (Sterna paradisaea) e  (Sternula albifrons), así como para o paíño pequeno  e incluso o carrán negro.

Peláxica das palleiras: sábado 29/8/2015. Data excelente para as palleiras parasita (Stercorarius parasiticus), grande e incluso pomarina (S. pomarinus), así como para os paíños de Wilson e pequeno. Existe a posibilidade de ver a primeira gaivota de Sabine (Xema sabini) do ano.

Peláxica da Sabine: sábado 12/9/2015 (datas alternativas : 13/9/2015). Temos aínda en mente aquelas peláxicas de comezos de setembro de 2012 (aquí) e 2013 (aquí), con bos bandos de gaivotas de Sabine. Aínda que esta fermosa gaivota é o obxectivo da peláxica, as palleiras, paíños e golfiños están case garantidos.

Peláxica da gran lista: sábado 26/9/2015 (datas alternativas: 27/9/2015). Quizais a data máis atractiva de todas as peláxicas, unha vez que os visitantes estivais (paíño de Wilson e gaivota de Sabine) están aínda na zona e os migrantes outonais (como a pardela encapuchada Puffinus gravis e o carrán ártico Sterna paradisaea) poderían aparecer xa.

Peláxica das baleas: sábado 17/10/2015 (datas alternativas: 18/10/2015). Despois da inesquecible peláxica de mediados de outubro de 2013 (ver aquí) tentaremos avistar algunha balea alibranca mar afóra, cos golfiños comúns e arroaces case garantidos e a toniña (Phocoena phocoena) como "bonus". Algunhas aves interesantes, como a palleira pomarina ou a pardela encapuchada, son posibles.

Peláxica tardía: 14/11/2015 (datas alternativas: 15/11/2015). A derradeira peláxica do ano será realizada a mediados de novembro, co falaropo bicogroso (Phalaropus fulicaria), gaivota pequena (Hydrocoloeus minutus), gaivota tridáctila (Rissa tridactyla) e paíño de Leach (Oceanodroma leucorhoa) como obxectivos.

Baía da Lanzada: 5/12/2015 (datas alternativas: 6/12/2015).2015 remata cun roteiro dentro da ría de Arousa e a través da baía da Lanzada. As mobellas grandes (Gavia immer), pentumeiros (Melanitta nigra) e carolos farán as delicias dos participantes xa que son comúns ese mes nesa área.

sexta-feira, 12 de dezembro de 2014

20/12/2014. Saída do Nadal - Baía da Lanzada

Ostreros euroasiáticos Haematopus ostralegus.  Ría de Arousa, SW Galicia (c) Xoán Diéguez.

Por motibos de axenda  do ”Chasula” a próxima saída da plataforma Seabirds Galicia realizarase o día 20/11/2014, partindo e regresando da mariña de Cabo de Cruz:  porto de  Cabo da Cruz, sito a N: 42º 36'  6" W: 08º 53'  3" (Boiro. A Coruña); por ese motivo e si o tempo acompaña realizaremos unha expedición que comprendera as 2 rutas de inverno:

1. Polo interior de ría de Arousa, onde podremos observas aves invernantes como os mergos cristados (Mergus serrator), e os mergullons  (Podiceps nigricollis), cuias concentracions son as mais abondosas de Galicia e de España. Nesta ruta  pódense  observar tamén mergullons cristados (Podiceps cristatus), pentumeiros (Melanitta nigra), limícolas, corvos mariños, cullereiros, garzas reais, garzotas ou gaivotas que descansan nas bateas.

2.  Na segunda ruta achegarémonos a baía da Lanzada, famosa pola sua concentración das fermosas mobellas (Gavia immer e Gavia arctica), así como carolos (Alca torda), pentumeiros (Melanitta nigra), carrans cristados (Sterna sandwicensis), mascatos (Morus bassanus) e algunha palleira grande  (Stercorarius skua).

Sin esquecernos dos arroaces tan abondosos nesta ría.

Animádevos a participar: seabirdsgalicia@gmail.com.

. Alca Alca torda. Ría de Arousa, SW Galicia (c) X. L. Fernández Carnero.

segunda-feira, 13 de outubro de 2014

11/10/2014: Gran lista.

Estaba a amencer cando o "Chasula" partiu da dársena do porto.

Pola ría, rumbo cara ao piélago, comezamos a observar gaivotas escuras, cabecinegras, choronas, gaivotons, garzas e garzotas, pilros comúns e tridáctilos, corvos pequenos, carrans cristados, corvos mariños cristados e grandes...
Unha vez pasada a illa de Sálvora e até as 6 millas naúticas voaban grandes grupos de mascatos de todas as idades que se aproximaban ao barco e enormes bandos de gaivotas patiamarelas que daban cor e vida ao monótono azul.

Aquí achegáronse tamén ao frenesí do "chum" as pardelas: furabuchos balear, pardela encapuchada, escura, cincenta e atlántica e as palleiras: grande, pomarina e parásita e algún paíño pequeno.

No último punto do recorrido os mascatos continuaban pasando, un bando de picas sobrevoaron as nosas cabezas e uns 70 golfiños comúns estiveron a xogar, interactuando co barco e mesmo unha parella chegou a copular e isto durante case unha hora.
Localizáronse ademais algúns arroaces e 2 peixes roda.
¡Foi un día inesquecible!

A continuación detallase a lista de especies, con mellores observacions en grosa e números aproximados en cursiva:

Nome científico Nome galego TOTAL 
Puffinus puffinus Furabuchos atlántico 2
Calonectris diomedea Pardela cincenta 4
Puffinus gravis Pardela encapuchada 38
Puffinus mauretanicus Furabuchos balear 25
Puffinus griseus Pardela escura 9
Hydrobates pelagicus Paíño pequeno 5
Hydrobatidae Paíño non identificado 1
Phalacrocorax carbo Corvo mariño grande 20
Phalacrocorax aristotelis Corvo mariño cristado 687
Morus bassanus Mascato 651
Ardea cinerea Garza real 5
Egretta garzetta Garzota 8
Calidris alba Pilro tridáctilo 25
Calidris alpina Pilro común 8
Stercorarius skua Palleira grande 16
Stercorarius pomarinus Palleira pomarina 3
Stercorarius parasiticus Palleira parasita 2
Larus melanocephalus Gaivota cabecinegra 155
Larus ridibundus Gaivota chorona 81
Larus michahellis Gaivota patiamarela 2859
Larus fuscus Gaivota escura 89
Larus marinus Gaivotón 6
Sterna hirundo Carrán común 4
Sterna sandvicensis Carrán patinegro 8
Anthus  sp. Pica non identificada 12
Motacilla alba Lavandeira branca 1
Corvus corone Corvo pequeño 5
Delphinus delphis Golfiño común 77
Tursius truncatus  Arroaz 14
Mola mola 2


E algunhas fotografías da xornada, (c) de  Xoán Diéguez, X. L. Fernandez Carnero, Stefán Aki Ragnarsson e Ransés Perez:

Chasula. 11/10/2014. SW Galicia (c) R. Perez.

Pardela encapuchada Puffinus gravis. 11/10/2014. SW Galicia (c) X.  Dieguez.
Mascato Morus bassanus. 11/10/2014. SW Galicia (c) X.  Dieguez.
Mascatos Morus bassanus. 11/10/2014. SW Galicia (c) X.  Dieguez.

Mascatos Morus bassanus. 11/10/2014. SW Galicia (c) X.  Dieguez.

Mascato Morus bassanus. 11/10/2014. SW Galicia (c) X.  Dieguez.
Gaivotón Larus marinus. 11/10/2014. SW Galicia (c) X.  Dieguez.
Pardela escura Puffinus griseus 11/10/2014. SW Galicia (c) X.  Dieguez.


Pardela escura  Puffinus griseus 11/10/2014. SW Galicia (c) X. L. Fernandez Carnero.
Pardela encapuchada Puffinus gravis. 11/10/2014. SW Galicia (c) X. L. Fernandez Carnero.
Mascato Morus bassanus. 11/10/2014. SW Galicia (c) X. L. Fernandez Carnero.
Mascato Morus bassanus. 11/10/2014. SW Galicia (c) X. L. Fernandez Carnero.
Mascato Morus bassanus. 11/10/2014. SW Galicia (c) X. L. Fernandez Carnero.
Carrán común Sterna hirundo 11/10/2014. SW Galicia (c) X. L. Fernandez Carnero.
Gaivota cabecinegra Larus melanocephalus 11/10/2014. SW Galicia (c) X. L. Fernandez Carnero.

Golfiño Delphinus delphis 11/10/2014. SW Galicia (c) X. L. Fernandez Carnero.
Furabuchos balear Puffinus mauretanicus 11/10/2014. SW Galicia (c) X. L. Fernandez Carnero.
Pardela cincenta Calonectris diomedea 11/10/2014. SW Galicia (c) X. L. Fernandez Carnero.

Pardela escura  Puffinus griseus 11/10/2014. SW Galicia (c) S. A. Ragnarsson.


Pardela encapuchada Puffinus gravis. 11/10/2014. SW Galicia (c) S. A. Ragnarsson.
Pardela encapuchada Puffinus gravis. 11/10/2014. SW Galicia (c) S. A. Ragnarsson.
Pardela encapuchada Puffinus gravis. 11/10/2014. SW Galicia (c) S. A. Ragnarsson.
Palleira pomarina Stercorarius pomarinus. 11/10/2014. SW Galicia (c) S. A. Ragnarsson.


Golfiño Delphinus delphis 11/10/2014. SW Galicia (c) S. A. Ragnarsson.