Cumprindo o calendario establecido para este ano por Seabirds Galicia, o vindeiro sábado 5 de decembro de 2015 está prevista unha saída no 'Chasula' pola baía da Lanzada e a ría de Arousa, para realizar avistamentos de aves e mamíferos mariños. No caso de malas condicións do mar, a data alternativa será o 6 de decembro.
Esta será, salvo cambio de última hora, a derradeira saída xestionada a través da plataforma de Seabirds Galicia. Desde setembro de 2011 Seabirds Galicia ofreceu viaxes en barco enfocados á observación de aves e mamíferos mariños, ao longo de todo o ano e con prezos vantaxosos, no que constituíu unha iniciativa novidosa e celebrada polos afeccionados á natureza e á fotografía.
Despois de se producir varios cambios na xestión de Seabirds Galicia ao longo de 2015, e coa intención de dar maior difusión a estas saídas ao mar, a empresa Intramar, S. L. decidiu crear unha nova plataforma, que se denominará Chasula Aves/Chasula Birds, á cal xa hai asociada un blog e unha páxina en Facebook. Os responsables da xestión desta marca serán Isidro Mariño (Intramar, S. L.) e Xabier Vázquez Pumariño (da empresa Habitaq Estratexias). Chasula Aves/Chasula Birds, xunto con Chasula Pesca, forman parte da oferta de servizos de Intramar, S. L.
Cosme Damián Romay foi o responsable da idea e estratexia da plataforma Seabirds
Galicia, e, xunto con Martín Rodríguez Otero e Gustavo Ferreiro, do
mantemento do blog ata o 31.12.2015. David Leiro, Iago, o mencionado Martín e, sobre todo, o
patrón Isidro Mariño, puxeron a punto o 'chum', a comida e o propio
'Chasula' para que as peláxicas foran sempre un éxito.
Aclarar que ata o 31.12.2015 Seabirds Galicia e o seu correo seabirdsgalicia(arroba)gmail.com estarán activos, se ben a partir do 1.1.2016 o blog permanecerá apenas como arquivo das saídas realizadas ata ese momento.
Desde o 1.1.2016 toma o relevo Chasula Aves/Chasula Birds, co seu novo equipo, que xestionará as saídas a través do correo electrónico: chasulabirds(arroba)gmail.com
Saúdos e grazas por crer en Seabirds Galicia.
Páginas
"Aves e mamíferos mariños no SW de Galiza, todo o ano. Unha experiencia didáctica e emocionante ao mellor prezo!"
quinta-feira, 26 de novembro de 2015
segunda-feira, 16 de novembro de 2015
14/11/2015: Primeira peláxica en novembro!
Partimos do porto do Grove cedo, ás 8:15 h, con ceo despexado e brisa do norte. Despois de anotar as primeiras gaivotas cabecinegras e corvos mariños cristado, dirixímonos cara a Aguiño (na esquina noroeste da ría de Arousa), á vez que o vento aumentaba en intensidade. Anotáronse algunhas limícolas, gaivotóns e garzas nas bateas, e dous mascatos atlánticos apareceron preto de Aguiño. O mar picouse algo fronte aos illotes de Sagres, pero nese momento o patrón Isidro decidiu ir ao SSW para evitar a ondada de proa e aproveitar a corrente e vento que viñan desde o norte. Desde o punto en diante, a viaxe fíxose bastante cómoda para a pasaxe. As primeiras pardelas encapuchadas e un furabuchos balear apareceron a apenas 3 millas da illa de Sálvora, e anotouse un fluxo débil de mascatos atlánticos cara ao sur. Tamén se avistou un orellán ou peixe roda.
O primeiro "chum" foi arroxado ao mar a 6 millas mar dentro da illa de Sálvora, e ducias de pardelas encapuchadas e gaivotas acudiron a el. As primeiras gaivotas tridáctilas (un adulto e un xuvenil) foron detectadas, e un fermoso adulto de palleira parasita foi tamén visto.
Cando nos dirixiamos ao segundo chum, a altura de onda aumentou e Isidro decidiu non ir máis aló, así que paramos a 8 millas de Sálvora para arroxar o cebo. Moitas das pardelas encapuchadas e gaivotas seguiron ao "Chasula" desde o primeiro "chum" ao segundo, e quedaron xunto a este último. Foi unha boa oportunidade para a fotografía e mesmo para escoitar os reclamos destas fermosas pardelas, co premio extra de tres pardelas escuras, palleiras grandes, gaivotas tridáctilas e moitas gaivotas cabecinegras. A maiores, dous carolos foron vistos en migración.
O camiño de volta á ría foi cómodo e tranquilo, con poucas aves e outro orellán. Os mexillóns frescos e, como prato estrela, unhas ricas centolas, fixeron as delicias dos participantes e a tripulación, e, como colofón unha vez dentro da ría, tres arroaces foron vistos a curta distancia.
Esta foi nosa primeira saída pelágica en novembro, desde o inicio de Seabirds Galicia en 2011. A continuación detállanse as especies rexistradas, coas mellores observacións en grosa e os números aproximados en cursiva:
E algunhas fotos, (c) José Luis Lorenzo "Colón" e (c) Cosme Damián Romay:

Abrente. 14/11/2015. O Grove, SW Galiza (c) C. D. Romay. |
Corvos mariños cristados (Phalacrocorax aristotelis). 14/11/2015. Ría de Arousa, SW Galiza (c) C. D. Romay. |
Corvos mariños cristados (Phalacrocorax aristotelis). 14/11/2015. Illas de Sagres, Ribeira, SW Galiza (c) C. D. Romay |
Pardela encapuchada (Ardenna gravis), 14/11/2015, 6mn mar adentro da illa de Sálvora, SW Galiza (c) J. L. Lorenzo "Colón". |
Tres pardelas encapuchadas (Ardenna gravis). 14/11/2015. 6mn mar adentro da illa de Sálvora, SW Galiza (c) C. D. Romay. |
Pardelas encapuchadas (Ardenna gravis), 14/11/2015, 6mn mar adentro da illa de Sálvora, SW Galiza (c) J. L. Lorenzo "Colón". |
Palleira grande (Catharacta skua). 14/11/2015. 6mn mar adentro da illa de Sálvora, SW Galiza (c) C. D. Romay. |
Gaivota tridáctila (Rissa tridactyla), adulto; en segundo plano unha gaivota cabecinegra (Larus melanocephalus). 14/11/2015. 6mn mar adentro da illa de Sálvora, SW Galiza (c) J. L. Lorenzo "Colón". |
Gaivotas tridáctilas (Rissa tridactyla), xuvenil e adulto, cunha gaivota cabecinegra (L. melanocephalus) de primeiro inverno á dereita. 14/11/2015. 6mn mar adentro da illa de Sálvora, SW Galiza (c) J. L. Lorenzo "Colón". |
Gaivota tridáctila (Rissa tridactyla), adulto. 14/11/2015. 6mn mar adentro da illa de Sálvora, SW Galiza (c) J. L. Lorenzo "Colón". |
Gaivota tridáctila (Rissa tridactyla), xuvenil. 14/11/2015. 6mn mar adentro da illa de Sálvora, SW Galiza (c) C. D. Romay.
|
Gaivota tridáctila (Rissa tridactyla), xuvenil. 14/11/2015. 6mn mar adentro da illa de Sálvora, SW Galiza (c) J. L. Lorenzo "Colón". |

Gaivota cabecinegra (Larus melanocephalus), adulto. 14/11/2015. Ría de Arousa, SW Galiza (c) C. D. Romay. |
Arroaz (Tursiops truncatus). 14/11/2015. Ría de Arousa, SW Galiza (c) C. D. Romay. |
Iago e Isidro no 'Chasula', 14/11/2015, preto da illa de Sálvora, SW Galiza (c) J. L. Lorenzo "Colón". |
Centola e a illa de Sálvora, 14/11/2015, preto da illa de Sálvora, SW Galiza (c) J. L. Lorenzo "Colón" |
Xantar no 'Chasula', 14/11/2015, preto da illa de Sálvora, SW Galiza (c) J. L. Lorenzo "Colón". |
quarta-feira, 21 de outubro de 2015
18/10/2015: Peláxica das baleas
Aínda as luces do porto da vila mariñeira seguían acendidas cando embarcamos no antigo e belo barco de madeira.
Animados polo café "mañaneiro" comentabamos que podería depararnos o día. Non o sabiamos, pero confiabamos na xenerosidade do mar de Arousa.
Mentres navegabamos pola ría esquivando as cuadriculadas bateas en dirección ao piélago, xa se empezaron a divisar as distintas gaivotas, destacando as cabecinegras, corvos mariños cristados, carrans cristados, os primeiros mascatos do día e algunha garza real.
Unhas cantas millas máis aló do arquipélago de Sálvora, fixeron aparición os furabuchos baleares, as pardelas atlánticas e un paíño de Wilson, ademais de gaivotas escuras, patiamarelas, choronas, cabecinegras e grupos de mascatos.
Máis mar dentro, chegaron do horizonte os paíños pequenos, as pardelas encapuchadas, escura, cincenta, carrans comuns e cristados, palleiras grandes e parásitas; e máis pardelas atlánticas, furabuchos baleares e mascatos, moitos mascatos. Os golfiños comúns vímolos repartidos en varias mandas.
De regreso observamos cinco garzas reais, virapedras e un falcón peregrino preto do porto.
Antes de desembarcar, os mexillóns da ría e un bo albariño puxeron o broche de ouro a unha ruta peláxica un pouco movida na que paíños e mascatos de todas as idades foron os protagonistas do océano.
A continuación detallase a lista de especies, con mellores observacions en grosa:
E algunhas fotografías da xornada, (c) de Xan Diéguez.
Palleira parásita Stercorarius parasiticus, (SW Galicia), 18/10/2015, (c) X. Diéguez.
|
Mascato Morus bassanus, (SW Galicia), 18/10/2015, (c) X. Diéguez. |
Mascato Morus bassanus, (SW Galicia), 18/10/2015, (c) X. Diéguez.
|
Paíño pequeno Hidrobates pelagicus, (SW Galicia), 18/10/2015, (c) X. Diéguez.
|
Paíño pequeno Hidrobates pelagicus, (SW Galicia), 18/10/2015, (c) X. Diéguez.
|
Paíño de Wilson Oceanites oceanicus, (SW Galicia), 18/10/2015, (c) X. Diéguez.
|
Pardela encapuchada Puffinus gravis, (SW Galicia), 18/10/2015, (c) X. Diéguez.
|
Carrán común Sterna hirundo, (SW Galicia), 18/10/2015, (c) X. Diéguez.
|
domingo, 27 de setembro de 2015
26/9/2015: Peláxica da gran lista
O sábado
26 o tempo non pintaba ben, a néboa era espesa, húmida. A nosa esperanza estaba
en que levantase avanzada a mañá.
Saímos
amencendo, pola ría só o son do motor do barco rompía a monotonía gris, aínda
así non perdemos a ilusión.
Que
ocorrería unha vez pasada Sálvora?
Deixado
atrás o arquipélago que só intuíamos porque o ocultaba a espesa néboa, esta disipouse un pouco e fixeron a súa aparición
as gaivotas patiamarelas e escuras que foron a avanzada das demais aves,
seguíronlle os mascatos, as pardelas encapuchadas que nos deleitaron co seu
elegante voo, palleiras grandes, pardelas escuras e os primeiros paíños pequenos.
Tamén furabuchos baleares, atlánticos, carrans comúns e cristados.
Unha vez
botado pola borda o “chum” empezáronse a reunir bastantes gaivotas, sobre todo escuras, que coa súa
frenesí atraían as palleiras grandes, parásita e pomarina, pero tamén aos mascatos, gaivotas de Sabine, tres paíños de Wilson, carrans, pardelas, falaropos, etc.
Como citas
curiosas, a bastantes millas naúticas da costa, unha lavandeira branca esgotada
pola viaxe tentaba pousarse no barco para descansar e un pilro común e duas
garzas reais en migración.
Ademais un
grupiño de doce peixes roda con curioso comportamento, pois se ladeaban mentres
as gaivotas lles picoteaban o corpo para desparasitalos.
Os
cetáceos foron os golfiños comúns en pequenas agrupacións os que observamos,
excepto unha manda duns vinte exemplares.
E xa preto
do porto nas bateas de mexillón, corvos mariños cristados e grandes, gaivotons
atlánticos e limícolas varias puxeron o punto final a unha travesía entre un
mar de néboa pero repleta de animais que animaron a paisaxe.
A continuación detallase a lista de especies, con mellores observacions en grosa:
E algunhas fotografías da xornada, (c) de Saúl de la Peña e José Antonio Acuña.
Golfiño común Delphinus delphis (SW Galicia), 26/9/2015, (c) S. de la Peña. |
Gaivotón Larus marinus (SW Galicia), 26/9/2015, (c) S. de la Peña. |
Carrán cristado Sterna sandvicensis (SW Galicia), 26/9/2015, (c) S. de la Peña. |
Peixes roda Mola mola (SW Galicia), 26/9/2015, (c) S. de la Peña. |
Pardela encapuchada e gris Puffinus gravis, griseus (SW Galicia), 26/9/2015, (c) S. de la Peña. |
Paíño de Wilson Oceanites oceanicus, (SW Galicia), 26/9/2015, (c) J. A. Acuña. |
Pardela encapuchada Puffinus gravis, (SW Galicia), 26/9/2015, (c) J. A. Acuña. |
Pardela encapuchada Puffinus gravis, (SW Galicia), 26/9/2015, (c) J. A. Acuña. |
Palleira grande Stercorarius skua, (SW Galicia), 26/9/2015, (c) J. A. Acuña. |
Palleira grande Stercorarius skua, (SW Galicia), 26/9/2015, (c) J. A. Acuña. |
Mascato Morus bassanus, (SW Galicia), 26/9/2015, (c) J. A. Acuña. |
Mascato Morus bassanus, (SW Galicia), 26/9/2015, (c) J. A. Acuña. |
Mascato Morus bassanus, (SW Galicia), 26/9/2015, (c) J. A. Acuña. |
Subscrever:
Mensagens (Atom)